Certificado de defunción
-
Certificado de defunción Documento oficial emitido polo Rexistro Civil que acredita o falecemento da persoa. Este certificado pode solicitalo calquera cidadán que así o requira. Pódese solicitar dos seguintes modos:
- Presencialmente, acudindo persoalmente o interesado ao Rexistro Civil onde estea inscrito o falecemento, achegando o D.N.I. da persoa que solicite o certificado.
- Por correo, enviando unha carta ao Rexistro Civil indicando o nome e a dirección postal á que se vaia enviar o certificado, facéndose constar na solicitude os seguintes datos:
- Nome, apelidos, e D.N.I. da persoa que solicita o certificado.
- Nome e apelidos do falecido e lugar e data do falecemento.
- Tipo de certificado que se necesita (normalmente literal).
- Teléfono de contacto para o caso de que haxa que aclarar algún dato.
- Por internet, a través da web www.mjusticia.gob.es
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/certificado-de-defuncion