Como podo crear e enviar un ficheiro para presentar recibos pendentes de cobramento?
-
Como podo crear e enviar un ficheiro para presentar recibos pendentes de cobramento? Desde a túa banca electrónica de empresas podes crear ficheiros con ordes de cobramento de recibosen ‘Ficheiros’ > ‘Cadernos online’. Se as túas ordes de cobramento son do mesmo importe, podes automatizalas en Appúntame.
Se xa creaches o ficheiro coas túas propias aplicacións, só necesitas envialo desde ‘Ficheiros’ > ‘Ficheiros e remesas’ > ‘Enviar ficheiro’.
Tamén podes consultar os ficheiros xa enviados en ‘Ficheiros’ > ‘Ficheiros e remesas’ > ‘Consultar ficheiros enviados’.
Para consultar os recibos presentados podes acceder desde ‘Pagos/Domiciliacións’ > ‘Remesas domiciliadas’.
Descubre en detalle como enviar e xestionar ordes de cobramento de recibos neste vídeoSerás redirixido a outro sitio web.
Para máis información podes chamarnos por teléfono ou acudir á túa oficina máis próxima.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/como-podo-crear-e-enviar-un-ficheiro-para-presentar-recibos-pendentes-de-cobramento