En que oficinas de ABANCA me poden atender en horario de tardes?
-
En que oficinas de ABANCA me poden atender en horario de tardes? En todas, en horario de inverno (desde o 16 de setembro ao 14 de xuño), de luns a xoves con cita previa e só para as xestións comerciais como solicitar contas, préstamos, etc… porque non temos horario de caixa polas tardes.
Para solicitar unha cita previa chama ao 900 815 200 e indícanos o motivo, a que oficina queres ir e a que hora. Se necesitas realizar unha operación de efectivo, tes ao teu dispor os nosos caixeiros as 24 horas do día.
E se as xestións profesionais as realizas coa túa oficina de empresas, lembra que ten un horario diferente: en inverno, de luns a xoves de 8:15 a 17:00 e os venres, de 8:15 a 14:15. En verán, do 15 de xuño ao 15 de setembro, de luns a venres de 8:15 a 14:15.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/en-que-oficinas-de-abanca-me-poden-atender-en-horario-de-tardes