Onde debo colocar o dispositivo? Podo levalo no portaluvas?
-
Onde debo colocar o dispositivo? Podo levalo no portaluvas? Instalar o dispositivo no teu vehículo é moi sinxelo. Debes colocalo no interior do parabrisas dianteiro do teu automóbil, preferiblemente na parte superior central e a uns 5 cm do marco superior.
Non poderás levar o Via-T na guantera xa que posiblemente a comunicación entre a antena e o dispositivo non se realizaría e non se abriría a barreira. No caso de ter un cristal atérmico, deberás instalalo na zona sombreada situada xunto ao espello retrovisor central da lúa dianteira.
Nas furgonetas, debe ir colocado na parte central e, pola posición do parabrisas, en vertical. Este dispositivo está destinado a vehículos lixeiros polo que, se tes un vehículo industrial, non deberá superar os 3.500 kg de peso.
Se por calquera motivo non queres facer uso do teu Via-T, gárdao na caixa metalizada que se envía xunto co dispositivo, xa que está preparada para inhibir o sinal.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/onde-debo-colocar-o-dispositivo-podo-levalo-no-portaluvas