Para que podo solicitar unha cita previa co meu xestor?
-
Para que podo solicitar unha cita previa co meu xestor? Podes solicitar unha cita previa para xestións comerciais como solicitar contas, préstamos etc. Tamén, se tes que realizar trámites dunha herdanza ou porque o teu fillo é maior de idade e se cambiaron os autorizados da conta.
Para xestións nas que sexa necesario diñeiro en efectivo, xestión de cheques, pagar recibos, multas, taxas, licenzas… non necesitas solicitar unha cita: comproba cal é o horario de caixa da túa oficina.
Para outras xestións como consultar saldos, movementos, facer transferencias, devolver un recibo, apagar unha tarxeta ou amortizar un préstamo ou un gasto con tarxeta, tampouco necesitas solicitar unha cita. Para estas consultas e operacións e moitas outras tes ao teu dispor a app da banca móbil ou a banca electrónica. Tamén podes utilizar a banca telefónica coas túas claves de Banca a distancia, chamando ao 981 17 96 00 (+34 981 17 96 00 se chamas desde o estranxeiro).
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/para-que-podo-solicitar-unha-cita-previa-co-meu-xestor