Que é a Autenticación Reforzada de Clientes (SCA)?
-
Que é a Autenticación Reforzada de Clientes (SCA)? A Autenticación Reforzada de Clientes, tamén coñecida como “Strong Customer Authentication” ou “SCA” polas súas siglas en inglés, consiste na aplicación de medidas de seguridade reforzadas para que os pagos con tarxeta sexan aínda máis seguros.
Ata o de agora, a autenticación dos clientes nos comercios seguros facíase pedíndolle ao cliente a introdución do número da tarxeta, a data de caducidade, a súa CVV, e a clave dun só uso de 4 díxitos que lle mandamos ao seu móbil por SMS.
A partir do momento en que se solicite SCA, cando un cliente compre no teu comercio virtual, pediraslle que introduza o número da tarxeta e a data de caducidade. Ademais, o banco emisor da tarxeta que use para comprar pediralle 2 dos seguintes 3 tipos de factores de autenticación:
- Coñecemento: algo que sabe, por exemplo, o seu contrasinal de acceso á banca electrónica, ou determinadas posicións do PIN da súa tarxeta.
- Posesión: algo que posúe, por exemplo, a app do banco vinculada ao seu smartphone, ou o móbil no que recibe os contrasinais dun só uso por SMS.
- Inherencia: algo que "é", por exemplo, elementos biométricos como o recoñecemento facial ou a pegada dactilar.
Como banco emisor, aos clientes titulares das nosas tarxetas imos pedirlles os factores de autenticación que lles resulten máis cómodos e fáciles de usar axustándonos ás súas preferencias en canto ao uso da tecnoloxía e a a forma na que se relacionan connosco.
Con todo, non sempre imos pedir os mesmos factores de autenticación, dependerá do dispositivo que use o cliente para facer a compra online.
Ademais, hai que ter en conta que todos os bancos do Espazo Económico Europeo estamos suxeitos á PSD2 e, por tanto, todos temos que implementar estas medidas de seguridade. Cada banco decide os factores de autenticación que vai pedir aos seus clientes, por tanto, é posible que a experiencia de compra dun mesmo cliente no teu comercio sexa distinta dependendo do banco que emitise a tarxeta que use para pagar.
Atopa máis información sobre a directiva PSD2 no noso blog.Serás redirixido a outro sitio web
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/que-e-a-autenticacion-reforzada-de-clientes-sca