Que é ABANCA?
-
Que é ABANCA? ABANCA é un banco con vocación ibérica que aposta por unha forma diferencial de facer banca baseada no coñecemento das necesidades do cliente e nun catálogo de produtos e servizos sinxelos, innovadores e transparentes.
Somos un equipo de máis de 8.000 persoas volcadas en satisfacer as necesidades financeiras e de aseguramento de familias e empresas.
A nosa proposta diferencial combina a atención persoal, a través dunha rede de arredor de 900 oficinas distribuídas por España, Portugal e outros 9 países, coa operativa a través de canles dixitais e a distancia.
A especialización, a internacionalización e a sustentabilidade son outros sinais de identidade dunha entidade financeira situada entre as máis solventes do sector en España.
ABANCA conta cun rating na categoría A, o bloque de cualificacións máis elevado das axencias.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/que-e-abanca/