Que é buzón de firmas na banca electrónica?
-
Que é buzón de firmas na banca electrónica? O buzón de firmas permite que os responsables da empresa validen os envíos e operacións feitos a través da banca electrónica antes de que se executen.
Cando alguén da empresa ordena unha operación, non se executa ata que un apoderado a firma. Este apoderado debe acceder coas claves que lle proporcionamos ao contratar o servizo, revisar as operacións pendentes e validalas.
Se hai máis dunha persoa apoderada, a operación quedará pendente ata que se complete o número de firmas necesarias ata un máximo de 45 días.
E se os apoderados teñen a banca móbil de empresas, enviarémoslles unha notificación cando teñan unha operación pendente de firma, que poderán autorizar directamente desde a app.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/que-e-buzon-de-firmas-na-banca-electronica