Servizo de Verificación de Beneficiario (Servizo VoP)
-
Servizo de Verificación de Beneficiario (Servizo VoP) Engadimos unha capa extra de seguridade ás túas transferencias e poñemos en marcha un novo servizo que revisa os datos do destinatario (funciona en contorno SEPA). Este servizo compara o nome que escribes ao ordenar a transferencia co nome que está rexistrado no banco da persoa á que lle vas enviar diñeiro.
Se o nome coincide, a operación segue o seu curso. En caso contrario, avisarémoste cunha das seguintes opcións para que poidas revisar a información:
1. "Non puidemos verificar o destinatario": Houbo un problema técnico ao facer a comprobación. Recomendámosche que revises ben os datos do destinatario e, se comprobas que todo está correcto, podes optar por seguir adiante.
2. "O destinatario non parece correcto": O nome que indicaches non coincide co que figura no . banco da outra persoa. É moi importante que contactes co destinatario para confirmar os datos antes de continuar.
3. "Revisa o nome do destinatario": O nome que indicaches é moi similar ao que ten o beneficiario, pero non é exacto. Amosarémosche o nome que figura no banco do destinatario, para que o revises e, se comprobas que é correcto, o apliques e poidas seguir co envío.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/servizo-de-verificacion-de-beneficiario-servizo-vop/