Menu
  • ico-quien-lineas

    Para quen

    Autónomos, pemes e empresas que conten con financiamentos ICO Investimento e ICO Liquidez e desexen estendelas.

  • ico-como-lineas

    Por canto tempo

    O prazo pode ser de ata 10 ou 8 anos, dependendo do Marco Temporal ao que estean suxeitas as operacións.

  • ico-destino-lineas

    Por que

    ABANCA adheriuse ao acordo para modificar os convenios con aval do Estado, para seguir ofrecéndote financiamento con condicións vantaxosas.

  • ico-caracteristicas-lineas

    Como

    Detallámosche máis adiante que información necesitarás para realizar a xestión.

Quen pode beneficiarse da ampliación de liñas ICO?

Poderán solicitar modificacións na extensión ou carencia os autónomos, pemes e empresas que xa conten con estes acordos para o financiamento, que xurdiron a partir da crise sanitaria do COVID-19.

Ten en conta que non poderán adherirse á extensión desta liña de financiamento quen recibise axudas de salvamento ou de reestruturación no momento da formalización da operación inicial ou ao 31 de decembro de 2019. Tampouco poderán facelo quen xa realizasen acordos de extensións polos prazos máximos, realizados ao amparo do RD 34/2020 ou RD 5/2021 (CBP).

Prazos máximos de financiamento

Os prazos cóntanse desde a data da formalización inicial dos inicial dos financiamentos ICO e poderán ser:

  • de ata 10 anos para operacións que queden suxeitas ao Marco Temporal 3.1 da UE.
  • de ata 8 anos para operacións que queden suxeitas ao Marco Temporal 3.2 da UE.

Ademais, e independentemente á extensión de prazo, poderase aumentar a carencia principal das operacións.

Condicións da extensión das liñas ICO

A modificación da extensión das operacións debe cumprir cos seguintes requisitos:

  • O prazo do financiamento só poderá estenderse unha única vez.
  • As modificacións no prazo das liñas ICO poderán tramitarse mentres as operacións estean en vigor. Isto é, que non hai unha data límite para realizar a solicitude.
  • A extensión pode formalizarse ata un mes antes da data de vencemento do préstamo actual. É dicir que, se unha operación vence o 15 de setembro, a posible extensión deberá estar asinada e formalizada antes do 15 de agosto.

Como consecuencia da extensión de prazo, todas as operacións quedarán suxeitas a un dos seguintes réximes: o Marco Temporal 3.1 ou o Marco Temporal 3.2 da UE. O mesmo sucede coas operacións que actualmente estean en minimis, e que deberán acollerse a algún destes réximes.

Prezos

Se decides solicitar unha extensión dos prazos de financiamento, esta non terá unha modificación no prezo, salvo que se produza un incremento no custo do aval do Estado para a entidade. A repreciación dependerá da casuística particular de cada operación e da acumulación de axudas. Se necesitas máis información, podes neste documento podes consultar unha táboa co detalle dos custos do aval en función dos diferentes prazos e diferenciado para pemes, empresas ou autónomos.

Cales son os requisitos que debo cumprir para ampliar a miña operación?

Se xa contas cunha liña de financiamento ICO Investimento ou ICO Liquidez, para poder acceder ás extensións de prazo, entre outros requisitos, será necesario:

  • Que ti, se es autónomo, ou a túa empresa presenten ante o banco unha solicitude de extensión do financiamento.
  • Que chegues a un acordo co teu banco para ampliar a liña ICO. Isto débese a que a ampliación non é obrigatoria, e deberá ser aprobada por un comité.

Se a túa operación estaba enmarcada nalgún dos regulamentos de minimis, deberás cumprir ademais co seguinte:

  • Non estar suxeito a un procedemento concursal no momento da formalización inicial do préstamo.
  • Non recibir axudas de salvamento nin de reestruturación ao 31 de decembro de 2019 ou cando se formalizou o financiamento. Tampouco poderán solicitar a extensión as medianas ou grandes empresas atopásense en situación de crise neses momentos.
  • Cumprir cos límites de axuda máxima establecidos nos Marcos Temporais 3.1 e 3.2.

Podes consultar aquí todos os requisitos.

Para saber máis...

dúbidas

  • É de balde a banca electrónica?

    Si, a banca electrónica non supón custo ningún, nin de alta nin de mantemento.

    Ademais moitas das operacións bancarias que fagas (como as transferencias, por exemplo), son máis baratas se as realizas a través da banca electrónica que se as fas en oficinas. Se queres empezar a utilizalo ou saber máis sobre as súas vantaxes, explicámoscho todo mellor no servizo de banca a distancia desta web.

DOCUMENTACIÓN