Seguro Comercio
Protexe o teu negocio contra todo tipo de imprevistos e contrata unicamente as coberturas que realmente che cómpren.
- 981 910 534 tel:+34981910534
- Chamámoste? #llamada-gratis
- Pide cita na oficina https://solicitudonline.abanca.com/empresas/gl/seguro-comercio/J
-
Como funciona?
Contrata o Seguro Comercio á medida do teu negocio, e deséñao coas coberturas opcionais que desexes.
-
É para min?
É un seguro deseñado á medida do que un comercio ou unha empresa precisan.
-
E que máis?
Asistencia informática, protección xurídica, avaría de maquinaria e equipos electrónicos… As coberturas opcionais que precisa o teu negocio.
En ABANCA sabemos que o teu negocio non é igual a todos os demais, e que tes as túas propias necesidades. Co Seguro Comercio de ABANCA asegúraste de ter as coberturas que lle cómpren ao teu negocio e de que non pagas por ningunha máis. Coa nosa ampla gama de coberturas poderás escoller un gran número de opcións específicas para o teu tipo de negocio, de local ou de produtos que comercializas
Coas coberturas xenéricas do Seguro Comercio de ABANCA asegurámosche o capital en caso de que haxa un lume, unha explosión, de que che bata un vehículo contra o local e mesmo se che esquece pechar unha billa. Pero ademais dámosche coberturas específicas para o teu negocio en concreto. Por exemplo cubrímosche contra o deterioro de bens refrixerados ou conxelados, ou cubrímosche en caso de que necesites asistencia informática ou protección xurídica. Temos todo pensando para que o teu negocio poida medrar sen atrancos.
Que tarifa terás?
Porque non hai dous negocios iguais, tampouco as nosas tarifas son iguais para todos. A seguir dámosche algúns exemplos de tarifas para negocios concretos. Leva conta de que a prima variará conforme a cidade onde se atope o teu negocio. Se necesitas máis información ou queres saber cal sería a túa tarifa podes pasar por uha das nosas oficinas.
Tipo de negocio | Capital do continente | Capital do contido | Ano de construción do local | Prima anual |
---|---|---|---|---|
Tipo de negocioTenda de electrodomésticos de liña branca | Capital do continente30000 € | Capital do contido50000 € | Ano de construción do local2010 | Prima anual269,22 € |
Tipo de negocioBar | Capital do continente30000 € | Capital do contido50000 € | Ano de construción do local2010 | Prima anual285,89 € |
Tipo de negocioTenda de mobles | Capital do continente30000 € | Capital do contido50000 € | Ano de construción do local2010 | Prima anual270,92 € |
Tipo de negocioPerruquería | Capital do continente30000 € | Capital do contido50000 € | Ano de construción do local2010 | Prima anual281,80 € |
Información legal deste seguro
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provista de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia.
Aseguradora: CASER con número de inscrición no Rexistro administrativo de entidades aseguradoras e reaseguradoras da DGSFP C0031.
Para saber máis...
dúbidas
-
Que requisitos teño que cumprir para facer un seguro antirroubo?
Para que as compañías aseguradoras che acepten unha cobertura contra roubos é indispensable que implementes determinadas medidas de protección. Xeralmente as medidas de seguridade que solicitan as compañías aseguradoras é unha **porta blindada** se o local comercial está situado en altura, ou porta blindada e **ademais reixas metálicas** en todos os ocos ou, cando menos, **vidros blindados** de dobre ou tripla capa.
Se ademais o local conta con outras medidas de seguridade, como por exemplo alarma, circuíto de vídeo ou similares, a prima do seguro sairache máis barata.
-
En que consiste a garantía de paralización da actividade?
Esta garantía ten efecto cando non podes desenvolver a actividade da túa tenda ou oficina, total ou parcialmente, debido a un incendio, unha treboada, unha explosión, riscos extensivos (vandalismo, danos intencionados, etc.), asolagamentos ou roubo.
NO BLOG