Seguro Peme
Protexe a túa nave ou o teu local coas mellores coberturas de seguros. Escolle só lo que o teu negocio necesita e asegura o seu futuro.
- Chamámoste? #llamada-gratis
- Pide cita na oficina https://solicitudonline.abanca.com/empresas/gl/seguro-pyme/J
-
Como funciona?
Contrata o Seguro Peme á medida da túa empresa, e deséñao coas coberturas opcionais que desexes.
-
É para min?
Está especialmente pensado para as pequenas e medianas empresas que realizan unha actividade industrial, de fabricación ou de almacenamento.
-
Que é o mellor?
E se traes o teu Seguro Peme a ABANCA, ofrecémosche ata un 20% de desconto, para sempre!
-
E que máis?
O Seguro Peme de ABANCA pode incluír pólizas por perda de beneficios, por protección xurídica, por avaría de maquinaria e equipos electrónicos…
En ABANCA sabemos que o teu negocio non é coma os demais, que todas as industrias teñen as súas particularidades e que as túas necesidades son distintas das das empresas que tes ao redor. Co Seguro Peme de ABANCA asegúraste de ter as coberturas que lle fan falla ao teu negocio e de que non pagas por ningunha que non necesites. Co noso amplo abano de coberturas poderás escoller as opciones específicas para o teu tipo de industria, para os teus almacéns ou para as túas naves e edificacións de venda, exposición ou produción.
O Seguro Peme de ABANCA ten unhas coberturas xenéricas coas que te aseguramos o capital en caso de que se produza un lume ou haxa un estourido, en caso de que un vehículo bata contra o teu local, de que se che rompan os vidros, e mesmo se non che acorda de pechar unha billa e tes unha inundación. Ademais dámosche coberturas específicas para o teu modelo concreto de industria.
Por exemplo, asegurámosche as obras de reforma que fagas nas naves e edificacións, ou a perda de beneficios, para que se se produce un sinistro cuberto polo seguro e se che paraliza a actividade recibas ata 1200 € ao día durante 90 ou 180 días. Temos todo pensado para que a túa empresa medre sen sorpresas nin imprevistos.
E con que tarifa?
Porque non hai dúas industrias iguais, tampouco todos os nosos clientes teñen que ter as mesmas coberturas e as mesmas tarifas. A continuación amosámosche algúns exemplos de tarifas para negocios concretos, cos que poderás ter unha orientación para o teu propio. Leva conta que, ademais de con cada tipo de negocio, a prima variará tamén dependendo da cidade onde se atope o teu establecemento. Non o dubides e pásate por unha das nosas oficinas para obter máis información ou determinar cal sería a túa tarifa concreta.
Tipo de negocio | Capital do continente | Capital do contido | Existencias fixas | Resposabilidade civil con cobertura de roubo | Prima anual |
---|---|---|---|---|---|
Tipo de negocioAlmacén de libros e publicacións | Capital do continente30000 € | Capital do contido10000 € | Existencias fixas10000 € | Resposabilidade civil con cobertura de roubo300000 € | Prima anual361,95 € |
Tipo de negocioFábrica de pan | Capital do continente30000 € | Capital do contido10000 € | Existencias fixas10000 € | Resposabilidade civil con cobertura de roubo300000 € | Prima anual356,20 € |
Tipo de negocioCarpintaría con aspiración automática sen vernices nin pinturas | Capital do continente30000 € | Capital do contido20000 € | Existencias fixas10000 € | Resposabilidade civil con cobertura de roubo300000 € | Prima anual498,50 € |
Para saber máis...
dúbidas
-
Que requisitos teño que cumprir para facer un seguro antirroubo?
Para que as compañías aseguradoras che acepten unha cobertura contra roubos é indispensable que implementes determinadas medidas de protección. Xeralmente as medidas de seguridade que solicitan as compañías aseguradoras é unha **porta blindada** se o local comercial está situado en altura, ou porta blindada e **ademais reixas metálicas** en todos os ocos ou, cando menos, **vidros blindados** de dobre ou tripla capa.
Se ademais o local conta con outras medidas de seguridade, como por exemplo alarma, circuíto de vídeo ou similares, a prima do seguro sairache máis barata.
-
En que consiste a garantía de paralización da actividade?
Esta garantía ten efecto cando non podes desenvolver a actividade da túa tenda ou oficina, total ou parcialmente, debido a un incendio, unha treboada, unha explosión, riscos extensivos (vandalismo, danos intencionados, etc.), asolagamentos ou roubo.
DOCUMENTACIÓN