Seguro Pymes

Condicións da mediación de seguros

As pólizas de seguros ofertadas nesta web son mediadas por ABANCA Mediación, Operador de Banca-Seguros Vinculado S.L., sociedade que está inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3092, folio 73, folla C-38698. Tamén está inscrita no Rexistro Especial de Mediadores da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. E ten o seguro de responsabilidade civil e capacidade financeira que lle esixe a Lei 26/2006 de Mediación de Seguros e Reaseguros Privados. O seu CIF é B-70049630.

Póliza de seguros contratada con CASER-Caja de Seguros Reunidos Cía de Seguros y Reaseguros S.A, con CIF A-28013050, con enderezo social na Avenida de Burgos, 109. 28050 (Madrid). Entidade comercializadora: ABANCA Corporación Bancaria S.A. Podes obter máis información na rede de oficinas de ABANCA Corporación Bancaria S.A.

O programa “Mellorámosche a prima” é válido para novas contratacións de Seguro Comercio e Peme coa compañía Caser, feitas entre o 1 de febreiro e o 30 de xuño de 2016. Aplicarase ata un 20% de desconto sobre a prima de Caser para mellorar a prima do seguro actual do cliente, con similares coberturas. Tralo estudo da solicitude por Caser, en caso de que ao aplicar o 20% de desconto non mellorase a prima da actual compañía, podería chegar ata ao 40% de desconto. O desconto aplicado permanecerá en vigor durante toda a vida da póliza. O descuento non se aplicará sobre a prima mínima. Estas condicións non se lle poderán aplicar a pólizas que proveñan de pólizas colectivas, acordos ou convenios.