Delivery, ecommerce ou tradicional: axudámoste a vender
Pagos por mensaxe, TPV virtual, axuda para montar unha web… Descubre como podemos axudarte.
Delivery, ecommerce ou comercio tradicional: se tes un negocio, do tipo que sexa, en ABANCA queremos e podemos axudarte. Poñemos á túa disposición diferentes ferramentas para que vender che resulte cómodo, sinxelo e, sobre todo, seguro.
O máis importante que debes ter en conta é que non necesitas coñecementos nin tecnoloxía avanzados, nin sequera unha páxina web, para que hoxe mesmo poidas realizar pequenas melloras no teu negocio que te axudarán a aumentar as túas vendas. Interésache!
Venda a distancia e pagos seguros para o teu negocio
-
Pagos para web ou delivery
Cobra os teus produtos ou servizos a distancia de forma sinxela e segura, e sen coñecementos técnicos.
-
TPV Virtual: web, email ou mensaxe
Con ou sen web, podes vender a distancia. O noso TPV Virtual intégrase co teu ecommerce ou permíteche cobrar a distancia aos teus clientes, sen necesidade de ter unha plataforma de comercio electrónico. Podes enviarlles un link cos datos de pago por email ou WhatsApp para que finalicen as súas compras a distancia coa súa tarxeta.
-
TPV Portátil
Dispoñemos de modelos de TPV GRPS portátiles que che outorgan mobilidade total. Elixe onde e cando realizas os teus cobros. O noso TPV é perfecto para vendas a domicilio cando entregues os produtos a clientes ou se prestas servizos profesionais.
-
-
Pago físico seguro e sin contacto
Comodidade, rapidez e seguridade son as principais razóns do éxito do pago contactless.
-
Pagos contactless: coa tarxeta e o móbil
A maior parte das tarxetas financeiras na actualidade inclúen a tecnoloxía contactless. Os teus clientes poderán pagar tanto coa súa tarxeta de forma contactless, como cos nosos servizos de pago móbil: Apple Pay ou Google Pay.
-
Importe máximo de 50 euros para pagos sen PIN
Ampliamos o límite pago con tarxeta sen teclear o PIN, pasando de 20 a 50 euros, co obxectivo de que os comercios poidades realizar a maioría das vosas vendas sen contacto.
-
-
Aínda non tes ecommerce?
Aforra un 20% ao crear a túa tenda online por ser cliente de ABANCA.
-
Crea a túa tenda online
Moitos dos nosos clientes venden os seus produtos directamente desde redes sociais como Instagram, pero se necesitas máis opcións e por fin decidícheste a dar o paso e vas montar o teu propio comercio electrónico, por ser cliente de ABANCA obterás o 20% de desconto na creación da túa tenda online grazas ao noso convenio coa empresa tecnolóxica Palbin. Ademais, poderás configurar o noso TPV virtual para as compras con tarxeta.
-
-
Vende máis financiando aos teus clientes
Multiplica as túas vendas dividindo pagos e ofrece aos clientes que ti elixas a posibilidade de pagar a prazos.
-
APRAZOS
Co servizo de compras APRAZOS de ABANCA, permitir aos teus clientes que financien as súas compras é rápido, sinxelo e moi económico. Aumentarás as túas vendas nunhas condicións moi vantaxosas para ti e para os teus clientes.
-