• ico-card-pay

    Como funciona?

    Podes financiar as compras dos teus clientes directamente co teu TPV ou tamén a través de abancaserfin.com.

  • ico-user-question

    É para min?

    Permíteche axudar aos teus clientes a financiar as súas compras nunhas condicións moi ventaxosas tanto para ti como para eles

  • ico-user-ok

    Que é o mellor?

    Ti decides que financiar e de que forma queres facelo

  • ico-calendar

    E que máis?

    Diversas modalidades de pago, desde 3 ata 60 meses, coas que poderás elixir quen asume o custo do financiamento: ti, o cliente ou compartidos polos dous.

Multiplica as vendas dividindo pagamentos

Podes fraccionar as compras dos teus clientes de forma instantánea e cando ti o decidas. O teu TPV ABANCA trae instalado o servizo APRAZOS, unha ferramenta interesante para o teu negocio coa que podes multiplicar as vendas, e marcar a diferenza coa competencia.

Nunca foi tan sinxelo, rápido e económico axudar os teus clientes a financiaren as compras que fan no teu establecemento. E, como novidade, tamén poderás ofrecer financiamento aos teus clientes se tes o TPV Virtual de ABANCA. Sen papelames nin intermediarios!

Ademais, a través da plataforma de abancaserfin. comSerás redirixido a outro sitio web tamén poderás ampliar as opcións de financiamento de todos os teus clientes, sexan ou non clientes de ABANCA, e para todo tipo de compras. Para gozar deste servizo, deberás dalo de alta na túa oficina.

APRAZOS axudarate a aumentar as vendas porque:

  • É áxil e sinxelo, para ti e para os teus clientes
  • Diferénciate da competencia
  • Sen risco de impagamento, nós ocupámonos
  • ti decides que operacións queres financiar e de que forma
  • Está dispoñible 24 horas ao día, os 7 días da semana
  • Ten un servizo de atención telefónica de luns a sábado, de 9 a 22 horas

Sexa como sexa o teu negocio, encantaranos falar contigo e atopar xuntos a solución que estás a buscar.

Ofrece financiamento co teu TPV ABANCA

Para desfrutar do servizo APRAZOS, os teus clientes só teñen que pagar coa súa tarxeta de crédito ABANCA no teu TPV ABANCA, e ti poderás financiarlles as compras a 3, 6, 9, 10, 12, 18, 24 e 36 meses sen intereses para eles (0% TAE), e sen papelames.

E todo isto cun custo moi interesante para ti, que variará en función dos meses de aprazamento que elixa o teu cliente para pagar as súas compras: o 1,50% do importe da compra para 3 meses; o 2,50% para 6 meses; o 3,50% para 9 meses, o 3,75% para 10 meses; o 4,25% para 12 meses, o 6% para 18 meses; o 7,75% para 24 meses, e o 9,95% para 36 meses.

Por exemplo, para unha compra de 360€ aprazada en 12 meses, o teu cliente pagaría ao mes unha cota de 30€. O importe total da compra a prazos sería de 360€. TXN 0%, TAE 0%. E o custo do financiamento asumido polo teu establecemento supoñería un 4,25% do importe da compra, é dicir, 15,30€.

E lembra que es ti quen decide se quere ou non financiar unha operación!

E aínda máis opcións de financiamento a través de ABANCA Serfin

A través de abancaserfin.com podes ofrecer a todos os teus clientes un servizo de financiación más personalizado. Deste xeito poderán financiar todo tipo de compras hasta 30.000 euros e ata un prazo máximo de 60 meses.

Nesos casos podes tramitar online as financiacións de xeito áxil, sinxelo e coa mínima información.

Ademais, podes decidir se custo do servizo o asumes ti, o teu cliente ou se vos repartides os gastos do financiamento. O servizo de vendas APRAZOS é un servizo totalmente seguro, sen riscos. E a túa venda aboaráseche na túa conta, como sempre. Interesante, non si?

Só tes que darte de alta en APRAZOS na túa oficina ABANCA, onde che facilitarán o usuario e o contrasinal para accederes ao acceso privadoSerás redirixido a outro sitio web. E para que non teñas dúbida ningunha, dispós dun servizo de atención telefónica en horario de luns a sábado de 8 a 22 horas, para resolveres todas as cuestións.

Cabecera tabla No teu TPV ABANCA Desde ABANCA Serfin
Importe máximo No teu TPV ABANCAO límite da tarxeta Desde ABANCA SerfinAta 30.000 €
Prazos No teu TPV ABANCAAta en 36 meses Desde ABANCA SerfinAta en 60 meses e 85 anos (idade e prazo de financiamento)
Que necesita o teu cliente No teu TPV ABANCAPagarche cunha tarxeta de crédito ABANCA Desde ABANCA SerfinDNI en vigor e en determinados casos un xustificante de ingresos
Quen paga os custos No teu TPV ABANCATi Desde ABANCA SerfinTi, ou o teu cliente, ou entre os dous: ti escolles
Que che cómpre No teu TPV ABANCATPV Desde ABANCA SerfinAcceso a internet e unha impresora para o contrato
Como o fas No teu TPV ABANCADirectamente, escollendo a opción de APRAZOS no teu TPV ABANCA Desde ABANCA Serfin No teu acceso privadoSerás redirixido a outro sitio web

Para saber máis...

dúbidas