Axudámoste a financiar os paneis solares
Empeza a xerar e consumir a túa propia enerxía renovable co Plan Solar Autoconsumo de ABANCA e Iberdrola.
Ti aforras na factura da enerxía, nós encargámonos do resto:
- Asesoramento
- Tramitación
- Financiamento
-
Aforra en luz
Conectándote ao sol reduces ata un 70% a factura eléctrica
-
100% eco-lóxico
Coidas e protexes o medio natural, reducindo as emisións de CO2
-
Instalación e mantemento
Ocupámonos da montaxe e mais o mantemento completo. Estamos sempre dispoñibles para ti no Servizo de Atención Telefónica 24 h.
-
Non perdes enerxía
Aforras tanto polo que xeras para o consumo coma pola enerxía que produces e non consomes, se a vertes á rede.
-
Estudo personalizado
Ofrecémosche un estudo de viabilidade personalizado sen compromiso e a posibilidade de financiar o pagamento en 10 anos, para unha instalación á medida con equipos de primeiras marcas.
-
Xestionamos os teus trámites
Encargámonos da tramitación das licenzas, autorizacións e rexistro legal da túa instalación.
Súmate á era do autoconsumo
Grazas ás solucións de ABANCA e Smart Solar de Iberdrola poderás aforrar na factura da luz mentres coidas do planeta. Goza dunha instalación á medida, sinxela e fiable. E, por suposto, con toda a experiencia de Iberdrola que che garante a tranquilidade.
Con esta solución integral non tes que preocuparte de nada, xa que inclúe o asesoramento, o financiamento dos paneis solares, a tramitación dos permisos e mais a legalización da instalación.

Axudámoste co financiamento
-
Financiámosche a totalidade da instalación*.
-
Posibilidade de financiar o pagamento en 10 anos.
Consigue agora os teus paneis solares
-
Calcula o teu aforro
Calculamos o aforro que pode ter a túa vivenda e recibes unha proposta detallada con todos os beneficios de Smart Solar de Iberdrola.
-
Sinatura e validación
Iberdrola enviarache o contrato ao correo electrónico para que o asines dixitalmente. Posteriormente, un técnico validará a instalación.
-
Financiamento e licenzas
En ABANCA activamos o financiamento e Iberdrola tramitará as licenzas e os permisos necesarios.
-
Empeza a aforrar
Iberdrola realizará a instalación dos paneis e listo: poderás empezar a producir enerxía e aforrar na factura.
Poñémoscho moi fácil, pide cita nunha das nosas oficinas e acompañarémoste durante todo o proceso. Para que non teñas que preocuparte por nada.
*Financiamento suxeito á previa aprobación e estudo de ABANCA. Entidade Comercializadora, IBERDROLA CLIENTES, S.A.U. domicilio social na Praza Euskadi 5, 48009 Bilbao (Bizkaia) e o domicilio fiscal en C/ Tomás Redondo 1, 28033 Madrid.