• captacion-prestamo-1

    Máis barato

    Consigue o teu préstamo cun xuro moi interesante: ata un TXN do 5,95% (TAE 6,11%)

  • captacion-prestamo-2

    Sen comisións

    En ABANCA non pagarás comisións: nin de apertura, amortización, estudo ou cancelación

  • captacion-prestamo-3

    Ata 50.000€

    Poderás solicitar desde 1000 ata 50.000 € de financiamento e devolvelo ata en oito anos

Contámosche os detalles para cambiar o teu préstamo de banco

Se tes un préstamo persoal noutra entidade e crees que estás a pagar moitos xuros, en ABANCA pómoscho fácil: tráeo con nós e calquera que sexa o tipo de xuro que esteas pagando, poderiamos rebaixalo un 3%, ata un mínimo do 5,95% TXN (6,11% TAE.)

O préstamo dariámoscho polo importe total (capital e intereses) que che quede por pagar no teu outra entidade. Para simplificar o cálculo, imaxina que che quedan exactamente 10.000 € e che gustaría devolvelos en 8 anos: poderiamos ofrecerche ata un mínimo do 5,95% TIN (6,11% TAE) e pagarías 95 cuotas mensuais de 131,17 euros e unha última de 131,21€. O importe total que acabarías pagando serían 12.592,36 euros, dos que 2.592,36 euros serían xuros. O custo total do financiamento serían eses 2.592,36 euros porque non hai ningún gasto nin comisión. O sistema de amortización deste préstamo é o EPC (francés ou cota constante).

Bota contas e comproba canto poderías aforrar! Se o fas, lembra que quizáis no teu outro banco teñas que pagar unha comisión de cancelación que poder ser de ata un máximo de un 1%. Por certo: o empréstito de ABANCA non ten comisións, ningunha!

Tamén podemos axudarte: pide cita na túa oficina ABANCA máis próxima. Agardámoste!

Condicións da promoción

A concesión do préstamo está suxeita á análise previa do risco por ABANCA. Oferta válida ata o 31 de decembro do 2020.

Para poder estudar o teu caso, necesitamos que te achegues por unha das nosas oficinas. Podes pedir cita previa aquí mesmo, e un xestor estará esperando por ti á hora que che veña mellor.

*Ata un mínimo do 5,95% TXN (6,11% TAE).