Investimento intelixente

Xestión Delegada de Carteiras: os teus investimentos en mans expertas

E agora con un 2% de bonificación sobre o importe investido!

Investimentos xestionados polos nosos expertos

O noso equipo de profesionais expertos en mercados e investimento encárgase do 100% da xestión da túa carteira de fondos de investimento.

Contamos cun modelo de investimento propio que combina unha estratexia avanzada e personalizada para xerar propostas de investimento adaptadas ao perfil de cada cliente. É importante ter en conta que os produtos contratados neste servizo son fondos de investimento que levan riscos e poden supoñer perdas no capital investido.

Explicámosche todos os detalles da estratexia Alpha 360

Goza dun 2% de bonificación

Goza dunha bonificación en efectivo do 2% do importe achegado de bonificación cun límite máximo de 6.000€. O investimento inicial mínimo é de 20.000€, cun compromiso de permanencia de 30 meses. Promoción válida ata o 31 de decembro de 2025!

Condicións da promoción

Xestión áxil

Adaptamos a túa carteira segundo os cambios do mercado, sen que teñas que preocuparte.

Diñeiro dispoñible

Poderás dispoñer do teu diñeiro en poucos días, asumindo os posibles beneficios ou perdas*.

Carteiras perfiladas

Realizaremos un test de idoneidade para ofrecerche unha carteira adaptada ao teu perfil de risco.

IN

O noso modelo de Investimento Intelixente combina intelixencia humana e artificial.

*Poderás dispor do teu investimento solicitando unha cancelación parcial ou total do servizo, aínda que debes ter en conta que o reembolso das participacións nos fondos de investimento tardará uns días desde que o solicites. Ademais, é importante considerar que se se cancela o servizo antes dos horizontes temporais recomendados pode aumentar o risco de perda do capital investido. Non esquezas ler os riscos que pode supoñer o investimento en instrumentos financeiros, nesta mesma web.

Adaptámonos a ti

Antes da contratación, realizarémosche un test de idoneidade e conveniencia no que che preguntaremos polos teus coñecementos, experiencia, obxectivos de investimento, situación financeira e preferencias de sustentabilidade, o que nos permitirá coñecer cal é o perfil de risco máis axeitado para ti: conservador, moderado, decidido ou agresivo.

Perfís de risco dispoñibles*

Cada carteira conta coas súas propias condicións e, polo tanto, terá un perfil de risco distinto.

Conservador

  • Ata o 10% de exposición á renda variable
  • Acéptase un VaR** (Valor en risco) menor ou igual ao 5%
  • Horizonte temporal: 3 anos

Moderado

  • Ata o 30% de exposición á renda variable
  • Acéptase un VaR** (valor en risco) menor ou igual ao 10%
  • Horizonte temporal: 3 anos

Decidido

  • Ata o 75% de exposición á renda variable
  • Acéptase un VaR** (Valor en risco) menor ou igual ao 15%
  • Horizonte temporal: 5 anos

Agresivo

  • Exposición a renda variable superior ao 75%
  • Acéptase un VaR** (valor en risco) superior ao 15%
  • Horizonte temporal: 5 anos

*Non todos os perfís de risco anteriores están dispoñibles para todos os modelos de carteiras xestionadas. **VaR: Valor en risco anual ao 95% de confianza. É unha medida de xestión de riscos cuxa cifra mide a perda máxima esperada a un ano cun 95% de confianza.

Información sobre os teus investimentos

Cada tres meses enviarémosche o informe patrimonial coa evolución e o detalle dos fondos que teñas na carteira.

Ademais, mensualmente, recibirás un boletín informativo con información adicional. Tamén poderás consultar a posición dos fondos que forman parte da túa carteira no noso bróker en liña a través da túa app de banca móbil ou desde a túa banca electrónica, xunto con outras novas relevantes.

Custos da carteira

O servizo de xestión de carteiras ten un custo explícito que é a comisión de xestión e que pode ser fixa ou mixta. Ademais, dita comisión variará segundo o perfil de risco, o importe investido así como a carteira contratada.

É importante que consultes as comisións máximas no apartado de Máis información de cada unha das carteiras.

Tamén debes ter en conta os custos propios dos fondos de investimento onde se inviste.

As decisións intelixentes comezan escoitando

Por iso presentámosche o noso podcast de Investimento Intelixente, onde conversamos con expertos en aforro e investimento da man de Finect Talks. Non te perdas ningún capítulo!

En canto á información sobre as principais características e riscos atópanse no folleto explicativo e no documento cos datos fundamentais para o investidor do fondo que se atopa á súa disposición, xunto co resto da documentación legal exixible, nas oficinas, na Sociedade Xestora, así como na páxina web da CNMV e nesta web.

ABANCA Corporación Bancaria S.A. (ABANCA) advirte que toda a información publicada nesta sección foi elaborada por ABANCA tomando como fonte para determinados contidos a terceiros, e elaborouse sen tomar en conta a información persoal e específica do usuario, polo que en ningún caso representa opinión, estimación, predición, recomendación ou asesoramento en materia de investimento por parte de ABANCA nin de terceiros.

A información proporciónase exclusivamente para efectos informativos e publicitarios sen que poida estimarse como elemento determinante para a toma de decisións por parte do investidor. ABANCA non responderá polas perdas, directas ou indirectas, ocasionadas polo uso da información aquí exposta. Queda completamente prohibida a reprodución ou distribución da información aquí contida por calquera medio sen a previa autorización de ABANCA.

A adquisición de instrumentos financeiros conleva riscos de diversa tipoloxía que deben ser asumidos polo investidor e que poden conlevar perdas no capital investido polo investidor, podendo supoñer a perda total do capital investido. Poderás dispoñer do teu investimento, mediante o reembolso das participacións nos fondos de investimento, en poucos días asumindo as posibles ganancias ou perdas.

A natureza e o alcance do risco dependerán do tipo de instrumento. A modo de resumo, os principais riscos que ha de asumir un investidor son os seguintes: de prezo, de cambio de divisas, de crédito, de interese e de falta de liquidez. Outros riscos atenden a moi diversas orixes e circunstancias: contornos políticos, económicos e sociais en xeral.

Atopa toda a información sobre o modelo de banca responsable e sostible de ABANCA, así como sobre a Política de Investimento Responsable e Integración de Riscos de Sustentabilidade.Serás redirixido a outro sitio web

Condicións da promoción: Oferta válida ata o 31 de decembro de 2025 para achegas a novos Contratos de Xestión Discrecional de Carteira (Carteira ABANCA 360) abertos ata trinta días antes da adhesión á mesma, mediante achegas de efectivo que supoñan un incremento na posición global do cliente en ABANCA de acordo coas condicións da promoción. Aboarase en efectivo o 2% do importe captado sempre que se alcance o importe total mínimo comprometido de entrada ("Importe mínimo"). Importe de investimento mínimo e a manter durante polo menos 30 meses de 20.000€ e máximo de 60.000€.