
Como funciona?

Que é o mellor?

E que máis?
Que gaño?
Ti decides como pagar… e cando
A tarxeta de crédito Visa Ouro permíteche realizar todos os pagos e compras habituais en comercios online ou en establecementos físicos no país que sexa, sen preocuparche de fronteiras.
Podes elixir entre pagalo todo a fin de mes, fraccionar o pago de todas as túas operacións ou seleccionar aquelas que queiras pagar máis comodamente.
Ademais, grazas á súa tecnoloxía contactless, poderás facer compras máis cómodas e rápidas, sen esquecer que tamén podes utilizala para pagar co móbil con Apple Pay, Google Pay ou Samsung Pay.
Ter unha VISA Ouro achega unha imaxe de solvencia e dáche acceso a diferentes vantaxes e beneficios que che contamos a continuación.
Flexibilidade para as túas compras
A tarxeta de crédito Visa Ti e a app de ABANCA son todo o que precisas para organizar as túas compras.
¿Pagar a fin de mes? ¿Ou mellor pouco a pouco, en varios meses? ¿Fraccionar unha compra ou todas? Ou quizais o que queres é elixir ti a cota mensual.
Se ti pagas, ti escolles como facelo.

Todo desde o teu móbil
- Apaga e acende a túa tarxeta
- Establece límites de gasto para compras por internet ou retiradas de efectivo
- Saca efectivo a crédito ou débito, ti escolles
- Recibe avisos de cada compra ao instante

Se o necesitas, podes concederte diñeiro a ti mesmo
Ó ser titular da tarxeta Visa Ouro podes acceder ao servizo de Diñeiro Express, unha forma sinxela e inmediata de traspasar fondos a túa conta dende a tarxeta de crédito e devolvelo en 6, 10 ou 12 meses. Sen trámites nin papelames.
E apraza as túas compras
Ademais, a túa tarxeta de crédito Visa Ouro inclúe o servizo de pago fraccionado, que che permitirá adiar as compras con tarxeta de crédito ABANCA, fagas onde as fagas, entre 3 e até en 36 meses. É dicir, podes mercar unhas vacacións en México con esta Visa Ouro e, con total tranquilidade, pagalas en cómodos prazos.
Simula o pago con cota fixa revolving
Canto diñeiro necesitas?
Indícanos canto queres pagar coa tarxeta. En función desa cantidade e de canto queiras pagar cada mes, facilitámosche unha simulación de canto pagarías en total e durante canto tempo.
Canto queres pagar cada mes?
Necesitamos que nos indiques como queres ir devolvendo cada mes o gasto da tarxeta. Podes escoller pagar unha cantidade máis alta, unha intermedia, unha máis baixa ou personalizala ao teu gusto. Ten en conta que un pago mensual máis alto supón que rematarás antes de devolver a débeda da tarxeta e pagarás menos xuros. E ao revés, un pago mensual máis baixo supón incrementar o número de meses que terás que estar pagando e o total de xuros que che aplicaremos. Este simulador permitirache estudar o custo que supón cada alternativa e escoller a que mellor se adapte a ti. Os dous últimos pagos mensuais poden ser diferentes porque corresponderán ao pago do remanente de capital e os seus correspondentes xuros.
Como calculamos esta simulación?
A simulación calculámola supoñendo que fas hoxe mesmo unha compra polo importe que nos indicaches e que a irás devolvendo conforme ao pago mensual que seleccionaches. Supoñemos que non farás máis operacións coa tarxeta e que atenderás puntualmente todos os pagos mensuais. En cada período de liquidación calculamos o saldo medio diario da débeda de capital da tarxeta e sobre o mesmo aplicamos o tipo de xuro desta modalidade de tarxeta. Tamén incluímos, se é o caso, a comisión de emisión / mantemento da tarxeta. Con todo isto obtivemos os custos de xuros e comisións que che indicamos e calculamos a TAE correspondente.
Esta é unha simulación de carácter orientativo do que che correspondería pagar por unha operación das características que indicaches, baseándose na información que ti nos facilitaches. A simulación non implica que ABANCA teña que concederche unha tarxeta de crédito. Se finalmente contratas unha tarxeta de crédito, as súas condicións poderán diferir das desta simulación se posuímos información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras.
As túas tarxetas e o Programa Servizos ABANCA
Sabes que hai unha forma de non pagar nin un céntimo pola tarxeta? É un dos moitos beneficios do Programa Servizos ABANCA. Se cumpres uns requisitos moi sinxelos, poderás aproveitar vantaxes como esta e moitas outras máis se alcanzas o nivel Premium.

Amplos descontos nas compras
Por usares a tarxeta de crédito Visa Ouro tamén poderás aproveitar distintos descontos en compras, ademais de dispor de seguros de forma gratuíta.
Por exemplo, beneficiaraste do 5% de desconto nas estacións de servizo Galp adheridasSerás redirixido a outro sitio web (cun límite de 600 €/mes por cliente). No resto das gasolineiras terás o 2% de desconto se ese mesmo mes realizas outros 5 pagamentos coa Visa Ouro en calquera establecemento (agás gasolineiras ou pagamentos de autoestradas). Consulta aquí as condiciónsVer ficheiro PDF.
Ademais, coa túa tarxeta de crédito tamén te beneficiarás do programa EURO 6000 Plus, con descontos e reembolsos en hoteis, viaxes e outros establecementos. Só por utilizares a tarxeta! Consulta todos os descontos e marcas adheridas.
Seguros gratuítos
Só por posuíres esta tarxeta de crédito xa dispós de varias coberturas asociadas, de xeito totalmente gratuíto. Por exemplo:
Seguro para as túas operacións
Un seguro por roubo ou atraco en caixeiro e tamén por uso fraudulento da túa tarxeta, en caso de que a extraviases ou cha roubasen.

Seguro para as túas viaxes
Un seguro de asistencia en viaxes, de novo cando o billete o mercases coa túa tarxeta Visa Ouro. Este seguro cobre retrasos de equipaxe, cancelación, inmobilización en hotel, repatriación, retrasos teus, pagamento de gastos médicos, asistencia por danos á equipaxe, etcétera.
Un seguro de accidentes cunha cobertura de até 500.000 €.

Consulta as coberturas destes seguros nos anexos da ficha deste produto, que recollemos no fondo desta páxina. E se precisas tramitar algunha incidencia, contámosche cómo podes facelo sen saír da casa.
¿Tes preguntas? Nós respostas
A túa VISA Ouro ten un custo anual de 75 € por tarxeta titular e 40 € por tarxeta de beneficiario.
Cando retires diñeiro coa VISA Ouro, tanto en caixeiros como en oficinas, cobraráseche unha comisión con disposición a crédito do 4% do importe retirado, cun mínimo de 4 €. Ao realizares as retiradas de efectivo noutras entidades, nacionais e internacionais, cobraranche ademais a comisión por disposición de efectivo que che aplique a entidade propietaria do caixeiro.
Nos caixeiros nacionais, a entidade propietaria do caixeiro informarache do importe da comisión que che aplique mediante unha mensaxe na pantalla do caixeiro, para que poidas confirmar a operación ou anulala.
Nas compras e retiradas en efectivo que fagas coa tarxeta nunha moeda distintas do euro aplicaráseche unha comisión de troco do 3% do importe total da operación.
DOCUMENTACIÓN