Como podo rebaixar a cota do empréstito?
-
Como podo rebaixar a cota do empréstito? Canto máis amplíes a duración do empréstito , menor será a cantidade que teñas que pagar todos os meses. Aínda que, lembra, iso tamén significa que en total, ao prolongar os xuros durante máis tempo, pagarás un pouco máis. Ademais, o prazo de devolución do multicrédito ten un límite máximo de 8 anos (é dicir, 96 meses).
Se queres rebaixar máis a cota mensual, ofrecémosche unha serie de bonificacións que che poden axudar. Por exemplo:
- Se domicilias a túa nómina ou os teus seguros sociais por un mínimo de 600 €, ou se non tes nómina pero fas ingresos mensuais que cheguen a ese mínimo, os xuros do teu empréstito rebaixaranse un 1,50%.
- Se contratas un seguro de vida vencellado ao empréstito polo 100% do saldo, o teu xuro rebaixaráseche un 0,75%.
- E se o que contratas é un seguro de protección de pagamentos vinculado ao empréstito polo 100% do saldo pendente, ou un seguro para o teu fogar ou un seguro para o coche, tamén reducirás o xuro outro 0,75%
Estas modificacións aplicaranse tanto ao Préstamo 24h como ao Préstamo Auto 24h.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-podo-rebaixar-a-cota-do-emprestito