• Axudámosche
  • Oficinas
  • @somosABANCA
  • fa fa-facebook
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-instagram
  • Blog
  • Sala de comunicación
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Para a túa empresa
  • Español
Volver a axuda
Produtos e servizos
Préstamos
  • Que necesito para solicitar un dos empréstitos de ABANCA?

    Para aproveitar o Multicrédito 24h ou o Préstamo Auto 24h só che pediremos unha garantía persoal, o que quere dicir que ti respondes por el. Iso si, terás que ser maior de idade e achegar unha mínima documentación nunha oficina ABANCA.

    Para axilizar os trámites, solicítao agora e chamarémoste dende a oficina que ti escollas para pechar a contratación.

    E se o que queres é un empréstito para mercar un coche, tamén podes solicítao agora directamente.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#86
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Queres saber máis sobre o seguro de vida que protexe o teu empréstito?

    Se contrataches un préstamo e cambias de idea, non te preocupes, tes 30 días para cancelar o seguro vencellado ao préstamo.

    Trátase dun seguro de vida a prima única vencellado ao teu préstamo que garantiza, en caso de falecemento, o pago do que queda pendente de amortizar. O abono, en caso de falecemento do asegurado, realízase ao beneficiario designado e, nese momento finalizaría o seguro.

    Lembra que o importe do capital asegurado varía cada ano xa que depende do importe pendente de amortizar do préstamo.

    Nota: Informámosche de que os datos que deas e os que poidamos precisar para solicitar o seguro serán facilitados á correspondente compañía aseguradora, que os tratará nos seus propios ficheiros para xestionar a solicitude e, no seu caso, o contrato de seguro que conveñas con esa compañía.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#555
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Quen pode contrata o Préstamo 24h?

    Calquera persoa física que necesite financiamento para necesidades de consumo, como viaxes, vodas, estudos, agasallos, etcétera. O Préstamo 24h e o Préstamo Auto 24h non valen para fins empresariais ou profesionais. Se o que procuras é un crédito para o teu traballo, consulta por favor a nosa sección para empresas.

    Imos pedirche un teléfono móbil para manterte informado sobre o estado de tramitación da túa solicitude.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#87
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Pero o Empréstito 24h online é un empréstito ou unha tarxeta de crédito?

    Dependerá do importe que necesites:

    • Se necesitas desde 500 € até 6.000 €, darémosche o importe nunha tarxeta de crédito.
    • Se necesitas máis de 6.000 €, darémosche o importe nun empréstito persoal.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#88
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como podo rebaixar a cota do empréstito?

    Canto máis amplíes a duración do empréstito , menor será a cantidade que teñas que pagar todos os meses. Aínda que, lembra, iso tamén significa que en total, ao prolongar os xuros durante máis tempo, pagarás un pouco máis. Ademais, o prazo de devolución do multicrédito ten un límite máximo de 8 anos (é dicir, 96 meses).

    Se queres rebaixar máis a cota mensual, ofrecémosche unha serie de bonificacións que che poden axudar. Por exemplo:

    • Se domicilias a túa nómina ou os teus seguros sociais por un mínimo de 600 €, ou se non tes nómina pero fas ingresos mensuais que cheguen a ese mínimo, os xuros do teu empréstito rebaixaranse un 1,50%.
    • Se contratas un seguro de vida vencellado ao empréstito polo 100% do saldo, o teu xuro rebaixaráseche un 0,75%.
    • E se o que contratas é un seguro de protección de pagamentos vinculado ao empréstito polo 100% do saldo pendente, ou un seguro para o teu fogar ou un seguro para o coche, tamén reducirás o xuro outro 0,75%

    Estas modificacións aplicaranse tanto ao Préstamo 24h como ao Préstamo Auto 24h.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#89
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que gastos ten un empréstito?

    Moi poucos. Se escolles o Préstamo Auto 24h ou a opción do empréstito persoal do Préstamo 24h tes só unha comisión de apertura del 1,50%, que pagas unha única vez ao principio do empréstito. Nin unha comisión máis.

    Se escolles a opción da tarxeta VISA Clip do Préstamo 24h, é completamente gratis a súa emisión e o seu mantemento anual. Non deberás pagar nada por ter e usar a túa tarxeta VISA. Tamén é gratis se pagas impostos ou recibos con cargo ao crédito da tarxeta, pero si que terás unha serie de comisións asociadas ao uso común delas:

    • Cobrarémosche 3 € cada vez que nos pidas que che cambiemos a tarxeta física, ou que che fagamos un duplicado.
    • Cada vez que retires diñeiro dun caixeiro ou o movas a outras contas ou a tarxetas moedeiro, sempre que sexa a crédito, cobrámosche 4 € (ou un 4% se a cantidade que moves ou retiras é maior de 100 €). Esta comisión só se che aplicará a partir do 1 de xaneiro de 2015.
    • Se consultas o saldo da VISA Clip que non son de ABANCA, cobrarémosche 0,50 € cada vez que o fagas.
    • Se pagas en tendas e establecementos de países estranxeiros que usen moeda distinta do euro (dólares, libras, etcétera), cobrarémosche un 1,50% en concepto de comisión polo cambio de divisa. Sen embargo, esa comisión non se aplicará se retiras diñeiro no caixeiro neses países (lembra que retirar diñeiro, sexa onde sexa, leva aparellada unha comisión do 4% ou de 4 € a partir do 1 de xaneiro de 2015).
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#90
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que documentación teño que achegar para que me concedades un empréstito persoal?

    Para que estudemos o teu empréstito tes que traernos uns documentos básicos: esforzámonos para que sexan os menos posibles.

    Se optas pola modalidade de empréstito persoal do Préstamo 24h ou polo Préstamo Auto 24h, e xa es cliente noso e tes a túa nómina domiciliada en ABANCA, só nos tes que traer:

    • a túa última nómina
    • o teu último resumo anual de IVE, se es autónomo e non tes nómina
    • a túa última declaración da renda (IRPF)
    • os últimos tres recibos dos empréstitos que teñas concedidos noutras entidades.

    Se aínda non es cliente de ABANCA, ou se o es, pero non tes unha nómina domiciliada, imos necesitar tamén a túa nómina e as túas declaracións tributarias, os recibos dos empréstitos noutras entidades e ademais:

    • o teu documento de identidade, sexa DNI, NIE ou pasaporte
    • un extracto bancario do último trimestre de todas as contas que teñas abertas noutras entidades.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#91
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como sei se me concedestes o crédito?

    Irémosche avisando do estado da tramitación do teu Préstamo 24h ou Préstamo Auto 24h no móbil, por medio de sms, e tamén, claro está, da concesión definitiva. Tamén poderás consultar o estado a través da banca electrónica ou da app de ABANCA no teu móbil.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#92
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Calcula a cota do teu préstamo

    O Préstamo Auto 24h é a forma máis fácil e rápida de conseguir financiamento para o teu novo coche ou a túa nova moto nunhas condicións moi vantaxosas. Fai aquí as túas contas.

    Se buscas unha resposta rápida a unha necesidade de financiamento, comprometémonos a responderche en 24 horas. 
    Para aclarar calquera dúbida estamos á túa disposición no 981 17 96 23 en horario de luns a venres de 8:00 a 22:00

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#226
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Teño un préstamo preconcedido, que significa iso?

    Gústanos coidar de ti! O pŕestamo preconcedido é unha cantidade de diñeiro que poñemos ao teu dispor para deafrontar os gastos que necesites: mercar un coche, ir de viaxe… O importe pode chegar ata os 50.000 €, sempre cos mellores tipos de xuro, e podes devolvelo en diferentes prazos.

    Se dispós dun empréstito preconcedido na conta significa que as túas condicións financeiras actuais cumpren os requisitos necesarios para acceder a el e que, se o precisas, podes contratalo en calquera momento para empezar a tirarlle proveito. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#289
    • En Twitter
    • En Facebook
  • É o mesmo crédito e préstamo?

    Aínda que a miúdo na fala coloquial tratamos estes dous termos como se fosen sinónimos, o cierto é que na linguaxe especializada bancaria crédito e préstamo son conceptos lixeiramente distintos.

    Un préstamo ou empréstito é unha operación pola que ABANCA che dá unha cantidade de cartos concreta dunha soa vez, por un prazo determinado, e ti comprométeste a volver os cartos e mais os xuros nos prazos ou cotas que pactásemos (mes a mes, trimestralmente etcétera). Cada cota que pagues incorpora dous conceptos: a devolución ou amortización do capital que pediras, e os xuros que se xerasen polo capital que aínda teñas para devolver. Ao que remates con todas as cotas considérase o empréstito cancelado e a operación está liquidada.

    O funcionamento do crédito é máis parecido ao dunha conta corrente, coa particularidade de que os cartos, ata o límite que estea fixado, están ao teu dispor para que cubras as túas necesidades financeiras. Nun crédito non se che ingresan todos os cartos de vez, senón que ABANCA che vai entregando cantidades parciais a medida que o necesites. Por iso só se che cobran xuros sobre a cantidade que utilizases realmente. De todos os xeitos, nalgúns créditos tamén terás que pagar unha comisión polo diñeiro que non utilices, pero que teñas dispoñible.

    Por esta razón, se ben o que che custa un préstamo xa o sabes dende o comezo, o custo dun crédito só o podes coñecer cando ABANCA liquida o crédito, que normalmente é cada trimestre. Outra das vantaxes do crédito é que aínda que se concede por un prazo concreto, cando se chega ao final dese período pódese renovar, ou mesmo ampliar. O crédito é normalmente un produto financeiro que utilizan as empresas para cubriren as súas necesidades de tesourería, e o seu uso está pouco estendido entre os clientes particulares.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#295
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que é o Seguro de Pagos Protexidos?

    Os nosos seguros de pagos protexidos cobren aos empregados por conta allea e contrato indefinido o pago de ata 12 meses consecutivos (e 36 meses alternos) da cota do préstamo por cada 30 días en desemprego. Ademais, a indemnización inclúe o pago dun 15% do importe da cota para que o cliente poida dedicalo ao pago doutros gastos e recibos. O importe máximo cuberto é de 1.052 euros ao mes no caso de préstamos persoais, e de 1.600 se se trata dunha hipoteca.

    Polo que respecta aos seguros de protección integral de tarxetas, garanten o pago dun 10% do gasto mensual medio ou saldo pendente (dependendo da modalidade de tarxeta), ata 12 meses consecutivos (e 18 meses alternos), cun importe máximo mensual de 500 euros.

    O cliente pode solicitar estas coberturas de pagos unha vez cumpridos 30 días en situación de desemprego a través deste formulario. 

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#713
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Xa teño un Seguro de Pagos Protexidos, como me pode axudar?
    O  ERTE e o ERE son coberturas recollidas no seguro. Para a súa tramitación non é necesario acudir fisicamente á túa oficina, xa que podes iniciar o proceso a través deste formulario. Un xestor contactará contigo para indicarche os próximos pasos.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/produtos/prestamos#714
    • En Twitter
    • En Facebook

Se non atopas o que buscas, podes...

  • @somosABANCA
  • preguntárnoslas por escrito
  • venir a las oficinas
  • Productos y servicios
  • Programa Cero comisiones
  • Términos financieros: Glosario
  • Promociones y ofertas
  • Seguros
  • Operaciones habituales
  • Productos y servicios
  • Oficinas, horarios, valores
  • Tarjetas
  • Banca a distancia
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Traballa con nós
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.