Para que queredes tratar os meus datos?
-
Para que queredes tratar os meus datos? O noso obxectivo é merecer a confianza dos nosos clientes, e por iso utilizaremos os teus datos unicamente para:
- Xestionar os servizos e produtos de ABANCA que nos solicites ou teñas contratados
- Cumprir coas obrigas legais e reguladoras que debemos observar
- Previr o fraude na contratación e protexer a túa identidade
- Ofrecerche só produtos e servizos que resulten realmente do teu interese
- E para outras finalidades, como a realización de estudos estatísticos con datos anonimizados, garantir a defensa xurídica de ABANCA ou comunicar, sempre de acordo coa lexislación vixente, certos datos a sistemas comúns de información crediticia que utilizamos as entidades financeiras
Ademais, se queres beneficiarte doutros produtos e servizos personalizados, poderás prestar o teu consentimento a ABANCA para:
- Ofrecerche produtos e servizos de empresas do Grupo ABANCA e de colaboradores de diversos ámbitos (p.ex., do ámbito financeiro, de seguros, de servizos e produtos de consumo persoal, etc.)
- Compartir os teus datos con empresas do Grupo ABANCA para coñecer mellor os teus gustos e necesidades e acceder así a mellores ofertas e promocións
- Enriquecer a túa información con fontes externas (Rexistros Públicos, Catastro, Redes Sociais, etc.) que nos permitan seleccionar ofertas de produtos e servizos que se axusten ó teu perfil
- Conservar os teus datos unha vez finalizada a nosa relación por un prazo máximo de 5 anos con fins estatísticos, para xestionar novas solicitudes de produtos que poidas pedir se te convencemos de que volvas ou para enviarche información publicitaria do teu interese
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/para-que-queredes-tratar-os-meus-datos