Que debo facer se aparecen operacións na miña tarxeta ou na miña conta que eu non fixen?
-
Que debo facer se aparecen operacións na miña tarxeta ou na miña conta que eu non fixen? Se detectas operacións que non recoñeces nos movementos da túa tarxeta (pagos indebidos, cargos duplicados ou que non recoñeces ou fixeches...) deberás, en primeiro lugar, apagar a tarxeta desde a app móbil para bloquear futuras operacións con ela.
É importante ter en conta que algunhas compras poden tardar en procesarse, polo que che recomendamos revisar se se trata dunha operación lexítima que aínda non se reflectiu.
No caso de confirmar que a operación non é túa, segue estes pasos a través da túa aplicación móbil (asegúrate de tela actualizada) para informarnos sobre a incidencia:
- En primeiro lugar, asegúrate de que temos o teu correo electrónico rexistrado correctamente, xa que é o enderezo que utilizaremos para actualizarte sobre a incidencia. Podes consultalo na app > Perfil > Os teus datos persoais.
- No apartado de Tarxetas (non no apartado de Contas), selecciona o movemento ou os movementos que non recoñezas ou sexan incorrectos.
- Indica o motivo da incidencia e achega os documentos que che solicitaremos.
- Asina o documento de incidencia que recibirás no buzón da app (ten en conta que pode non ser inmediato).
Se non tes a app, chámanos o máis rápido que poidas ao 900 815 525 (ou ao +34 981 910 525 se nos chamas desde o estranxeiro) para que realicemos todas as xestións necesarias.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/que-debo-facer-se-aparecen-operacions-na-mina-tarxeta-ou-na-mina-conta-que-eu-non-fixen