Servizo VoP para empresas. Como é un ficheiro VoP e que características ten?
-
Servizo VoP para empresas. Como é un ficheiro VoP e que características ten? Para poder validar o teu ficheiro VoP, é necesario que nos envíes un ficheiro específico coas características definidas no caderno “Solicitudes múltiples de verificación de beneficiarioVer ficheiro PDF”. En canto validemos o mesmo, recibirás un ficheiro de resposta coa comparación de ambos.
No caso de que non envíes o ficheiro de verificación, entenderemos que renuncias á prestación do Servizo VoP.
Poderás enviar posteriormente un ficheiro de pagos (utilizases ou non previamente o Servizo VoP) coas modificacións que estimes oportunas e nós tramitaremolo como sempre, sendo túa a responsabilidade sobre os datos contidos nese ficheiro de pagos.
Se utilizases o Servizo VoP e quixeses facer cambios, poderás facelos sobre o ficheiro de pagos que nos envíes, que nunca terá o mesmo formato que o do VoP.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/empresas/axuda/servizo-vop-para-empresas-como-e-un-ficheiro-vop-e-que-caracteristicas-ten/