A túa casa eficiente merece unha hipoteca á altura
Se a túa nova vivenda é sostible, podes obter mellores condicións cando contrates a Hipoteca Mari Carmen para vivenda eficiente. Só debes presentar o certificado de eficiencia enerxética A ou B e poderás beneficiarte desta oferta.
Sen | |
|---|---|
| Primeiro ano TXN | 2,99% |
| Resto de periodos Euríbor a un ano* | +1,6% |
| TAEVariable | 4,27% |
| A 25 anos | |
Máxima | |
|---|---|
| Primeiro ano TXN | 1,89% |
| Resto de periodos Euríbor a un ano* | +0,6% |
| TAEVariable | 4,9% |
| A 25 anos | |
Vantaxes desta hipoteca
Sen comisión de apertura
Mellora o teu tipo de xuro
Podes solicitar ata o 80%
Queres mellorar as condicións da túa hipoteca?
Se decides contratar algún dos produtos que che detallamos a seguir, poderás rebaixar ata un 1% a marxe aplicable ao tipo de xuro da túa hipoteca.
Non é obrigatorio que os contrates, pero poden facer que pagues menos pola hipoteca
Dependendo da cantidade que ingreses terás unha bonificación distinta:
- Por ingreso recorrente de 800 € ao mes ou máis e ata 2500 € (nun único apuntamento), ou se domicilias os seguros sociais (sen importe mínimo), terás unha bonificación do 0,20%.
- Por ingreso único de 2500 € ao mes ou máis (ou 3500 € ou máis en diferentes ingresos), terás unha bonificación do 0,40%. Tamén poderás obter esta bonificación se domicilias os seguros sociais (sen importe mínimo) e mantés un saldo medio anual igual ou superior a 2000 € na conta.
- Por ingreso recorrente superior a 800 € ao mes (nun único apuntamento) e contratación dun seguro de protección de pagamentos comercializado a través de ABANCA, polo saldo do que che resta do préstamo, terás unha bonificación do 0,40%. Ten unha prima única durante os 5 primeiros anos de 3260,79€ e unha prima anual a partir do ano 6 de 720€.
Lembra que revisaremos anualmente o cumprimento das condicións que se describen na tarifa bonificada e tamén revisaremos o euríbor anualmente. Debes ter en conta que no caso dos seguros de pagamentos protexidos ou de vida que te poden axudar a rebaixar o tipo de xuro da túa hipoteca, existen limitacións de idade. Podes atopar os detalles e outra información de interese sobre os seguros na FIPRE ao final desta páxina, tamén podes revisar as condicións xerais do contrato.
Financia ata o 80% da hipoteca, ata en 30 anos
Podes solicitar ata o 80% do menor dos seguintes valores:
- o valor de taxación da vivenda que se vai hipotecar
- o prezo da compravenda
Por exemplo, se a vivenda che custa 200.000 € pero o valor de taxación actualizado é de 187.500 €, só poderás solicitar como máximo o 80% deste segundo valor, por ser o menor. Ou sexa, ata 150.000€.
O prazo máximo é de 30 anos se tes menos de 45 anos. Se a túa idade é superior, o prazo terá que ser máis curto porque deberás acabar de pagar a hipoteca antes de faceres os 75 anos. Se queres terminar de pagar a hipoteca antes do prazo pactado, poderás amortizala total ou parcialmente.
Presenta o certificado de eficiencia enerxética A ou B e goza desta hipoteca para vivenda eficiente
Exemplo representativo do que che correspondería pagar
Botamos contas por ti, mostrámosche o que che corrrespondería pagar cunha Hipoteca Mari Carmen para vivenda eficiente e as diferencias entre contratar o préstamo de forma separada ou de contratalo de forma combinada xunto con outros produtos e/ou servizos. Pero recorda que esta tarifa só está dispoñible ata o 30 de novembro e se pides cita a través desta web.
| Exemplo representativo para vivendas con certificado A ou B | Sen bonificar | Máxima bonificación |
|---|---|---|
| Importe | 150.000€ | 150.000€ |
| Prazo | 25 anos | 25 anos |
| TAEVariable aplicable ao empréstito | 4,27% (2) | 4,9% (1) |
| Tipo de xuro inicial 12 meses | 2,99 % | 1,89 % |
| Cota durante os 12 primeiros meses | 710,54€(2)(3) | 635,05€(1)(3) |
| Tipo de xuro resto prazo | 3,77 % (Euríbor a un ano +1,6%) | 2,77 % (Euríbor a un año +0,6%) |
| Cota a partir del mes 12 | 770,8 €(2)(3) | 691,18 € (1)(3) |
| Última cota | 768,72 €(3) | 692,89 (3) |
| Xuros | 80514,8 € | 56593,91 € |
| Comisiones y gastos | 11786,38 € | 50232,6 € |
| Custo total do empréstito en termos absolutos | 242301,18 € (2) | 256826,51 € (1) |
| Importe total adeudado | 92301,18 € (2) | 106826,58 €(1) |
| (1)Para calcular a TAEVariable, o importe das cotas, o custo total do préstamo e o importe total debido, tívose en conta o tipo fixo inicial do primeiro ano do 1,89% e o tipo do 2,77% para el resto de períodos (suma do Euribor a un ano (2,172%) según referencia publicada no BOE de data 45932) + o marxe do 0,6%, a non ser o tipo fixo inicial superior ao do periodo variable. (2) Para calcular a TAEVariable, o importe das cotas, o custo total do préstamo e o importe total debido, tívose en conta o tipo fixo inicial do primeiro ano do 2,99% e o tipo do 3,77% (suma do euríbor a un ano (2,172 %) segundo a referencia publicada no BOE de data 45932) + a marxe do 1,6%, ao non ser o tipo fixo inicial superior ao do período variable. (3) O sistema de amortización do presente préstamo hipotecario é o EPC (francés ou cota constante). A cota mensual (C) calcúlase aplicando a seguinte fórmula: C= P*(i/(1-(1+ i)-n)). Onde “ P” é o capital pendente do préstamo; "i" o tipo de xuro mensual aplicable ao mes que será o resultante de dividir o xuro anual (TXN) entre 12 (o número de cotas ao ano) e "n" é o número de cotas pendentes do préstamo. A cota mensual está composta de amortización de capital (parte que se destina a devolver o diñeiro que se prestou) e xuros (parte coa que se remunera o capital pendente de devolver). Para calcular os xuros (I) que se pagarán na cota do mes utilizarase a seguinte fórmula: I = P * i. Onde "P" é o capital pendente do préstamo; e "i" é o tipo de xuro, que será o resultado de dividir o xuro anual (TXN) entre 12 (número de cuotas al año). O importe dos xuros redondéase ao segundo decimal. Para calcular o importe da parte que corresponde a amortización de capital A teremos que restar á cota total "C" o importe dos xuros "I"; sendo a fórmula: A = C - I. Podes consultar máis información en abanca.com/tuprestamo | ||
Queres saber como calculamos a TAEVariable nestes exemplos representativos?
Para el cálculo de la TAEVariable sen e con bonificación incluíronse os custes a cargo de prestameiro e os compromisos que mostramos na seguinte táboa. Para o suposto de bonificación máxima, o cálculo realizarase contando que manterás contratados con ABANCA durante toda a vida da hipoteca os seguintes productos.
| Comisións, compromisos e gastos incluídos na TAEVariable | Sen bonificar | Máxima bonificación |
|---|---|---|
| Comisión de mantemento da conta asociada | 36€ trimestrais | 36€ trimestrais |
| Taxación (inclúe IVE, 21%) | 318,23 € | 318,23 € |
| Nota simple (inclúe IVE, 21%) | 18,15€ | 18,15€ |
| Seguro de danos (4) Seguro de fogar en máxima bonificación | 314€ | 314€ |
| Nómina domiciliada | - | mínimo 600€/mes nun apunte (5) |
| Seguro de Proteción de Pagos (6) | - | 5 primeiros anos 3260,79€ prima única A partir do ano 6, 720€ prima anual |
| Tarxeta de crédito Visa Tú | - | 36€/ano (primeiro ano de balde)(7) |
| Seguro de vida | - | 350,66 € prima anual (8) |
| (4) Como ABANCA non comercializa seguros de danos que só cubran os riscos indicados pola normativa do mercado hipotecario, para calcular o custo deste produto simulouse un seguro do fogar (que é o máis semellante ao de danos, pero incluíndo maiores coberturas). Este importe ten carácter orientativo. De conformidade coa normativa reguladora do mercado hipotecario, para poder contratar este préstamo, requírese a subscrición durante toda a vida da hipoteca dun seguro de danos. Non é obrigatorio que o contrates con ABANCA; poderás contratalo cunha compañía aseguradora da túa elección; pero só poderás optar á bonificación do 0,20% do diferencial se o contratas a través de ABANCA e o asocias á hipoteca. (5) Seguro do fogar do inmoble hipotecado cun capital de 150.000€ de continente e 12.000€ de contido (en caso de sinistro a indemnización corresponderá ao valor real do ben). (6) A redución do tipo de xuro por domiciliación de nómina aplicarase tamén a calquera ingreso recorrente, sempre que se respecten os importes mínimos esixidos. (7) Contratación dun seguro de protección de pagos asociado á hipoteca que cubra o 100% do saldo pendente (idade máxima de contratación 64 anos e 6 meses e idade máxima de renovación 66 anos e 6 meses). Os prazos de contratación poderán ser: renovación anual, ou prima única nos 5 primeiros anos e a partir do ano 6 renovación anual ata o vencemento da operación. No noso exemplo representativo, e a efectos informativos, simúlase un seguro de protección de pagos de prima única durante os 5 primeiros anos de 3260,79€ e a partir do ano 6 con renovación anual cunha prima de 720€. (8) Contratación e mantemento dun sistema de Alarma comercializado a través da ENTIDADE e cuxo prestador de servizos sexa Sector Alarm, sempre que as cotas a pagar por dito servizo estean domiciliadas (e non sexan devoltas) nalgunha conta aberta na ENTIDADE a nome de algún dos prestatarios. (9) Contratación dun seguro de vida comercializado a través de ABANCA (idade máxima de contratación 65 anos e 6 meses e idade máxima de renovación 69 anos e 6 meses) asociado ao préstamo. Os prazos de contratación para o seguro de vida asociado á hipoteca poderán ser: (i) renovación anual, ou (ii) prima única a 6, 8, ou 10 anos. A efectos informativos simúlase un seguro de vida de renovación anual cuxa prima estimada é de 350,66€ para un prestatario de 30 anos de idade, e a cal permanece constante durante toda a vida da operación; dado que é complexo determinar o custo do seguro en cada renovación, xa que este poderá variar en función de múltiples circunstancias (idade, capital pendente do préstamo, impostos aplicables, estado de saúde do prestatario, etc…) Se o prestatario non puidese contratar os seguros indicados ou, durante a vixencia do préstamo superase os límites de idade indicados, poderá acadar a máxima bonificación mediante a contratación de produtos alternativos anteriormente indicados, que compensen a redución do tipo de xuro non aplicada polos seguros. A TAE Variable verase modificada respecto á simulada, xa que non se terán en conta os custos das primas dos seguros non contratados nin a bonificación aplicable a ditos seguros, senón os custos e bonificacións correspondentes aos produtos substitutivos elixidos. O Prestatario deberá manter aberta en ABANCA, ata a cancelación do préstamo, unha conta asociada ao mesmo na que se aboará o importe prestado e se cargarán os pagos aos que veña obrigado, derivados do dito contrato. A TAEVariable sen e con bonificación calculouse baixo as hipóteses de que: (i) o contrato de préstamo polo importe indicado estará vixente durante toda a duración pactada, (ii) que a ENTIDADE e o Prestatario cumpran as súas obrigas nas condicións e nos prazos acordados, polo que non se incluíron as comisións e gastos que o Prestatario poida evitar se cumpre coas súas obrigas contractuais, (iii) o tipo de xuro, as comisións e os gastos mantéñense durante toda a vixencia do contrato no nivel fixado no período inicial, (iv) non se produce ningún reembolso total nin parcial durante toda a duración do préstamo, e (v) os índices de referencia non varían; polo tanto, esta TAEVariable variará coas revisións do tipo de xuro. A TAEVariable con bonificación, ademais tamén poderá variar pola aplicación das bonificacións. Para obter a bonificación indicada, os seguros deben ser comercializados necesariamente polo mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO, S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña nº 1, 4ª planta, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044 e provisto de C.I.F: B-70049630. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Entidades aseguradoras dispoñibles no apartado de Seguros de abanca.com. Non se incluíron no cálculo da TAEVariable os seguintes custos a cargo de ABANCA: (i) formalización da escritura de préstamo hipotecario en Notaría, (ii) inscrición da escritura de préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade, (iii) os de xestoría relativos á formalización en Notaría e inscrición do préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade correspondente, (iv) o pago do IAJD; así como os gastos de xestoría derivados do pago do mencionado imposto ante a oficina liquidadora correspondente, cando dito gasto deba ser asumido en base á normativa. Todo o anterior non implica que ABANCA teña que concederche a hipoteca variable. A oferta personalizada que che fagamos finalmente poderá diferir se as condicións da túa hipoteca cambian, ou se dispoñemos de información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras. Ademais, ten en conta, por favor, que as condicións deste produto só son válidas para novas formalizacións, para persoas físicas con ingresos e patrimonio en euros, dólares USA, francos suízos, libras esterlinas, pesos mexicanos, coroas suecas, coroas noruegas ou coroas dinamarquesas declarados no momento do estudo do préstamo. O importe dos ingresos para un único titular debe ser superior a 2.300€ mensuais (ou a conversión á divisa correspondente) e se son dous titulares, o importe mínimo de 3.500€ mensuais (ou a conversión á divisa correspondente); sempre que a contratación sexa a través desta web. Se o que estás buscando é unha subrogación ou unha novación, ven vernos a unha das nosas oficinas e estudaremos xuntos o teu caso | ||
¿Tes preguntas? Nós respostas
Se te animaches a dar o paso e vas comprar unha vivenda, contámosche todo no que tes que fixarte para que non te leves ningún susto. Dános o mesmo se é unha casa nova ou de segunda man, pero nesta guíaAbrirase nunha nova ventá. explicamoscho todo para cada caso: seguros, hipotecas, Euribor, taxas...
A principal vantaxe da Hipoteca Mari Carmen é o tipo de xuro que é moi competitivo e ademais podes facer que sexa moito máis reducido. Se domicilias a túa nómina e contratas un seguro de fogar, vida ou realizas compras coa tarxeta de crédito ABANCA, a cota rebáixaseche considerablemente.
Fai a túa simulación de como se che rebaixará o empréstito se o pides con nós. Pero ademais:
- A Hipoteca Mari Carmen non ten comisións de estudo, nin amortización anticipada e tampouco de apertura.
Podes comezar simulando como sería a túa hipoteca tan só introducindo os datos de compra da vivenda e respondendo algunhas preguntas sobre a túa situación actual.
Nun minuto poderás visualizar a cota mensual e as condicións das distintas hipotecas que ofrece ABANCA.
Se estás interesado na oferta que che damos, poderás solicitar unha cita telefónica ou presencial con nós e informámoste da mellor opción para ti.
Canto máis amplíes a duración da hipoteca, menor será a cantidade que teñas que pagar todos os meses. Mais lembra que iso tamén significa que en total, ao pagar os xuros durante máis tempo, pagarás un pouco máis. Ademais o prazo de devolución da hipoteca ten un límite máximo de 30 anos.
Se preferirías rebaixar a cota mensual, a Hipoteca Mari Carmen dispón dunha serie de bonificacións que che poden axudar:
- Ingresando todos os meses na conta a nómina ou a pensión, ou porque con regularidade achegas diñeiro á túa conta:
- Se domicilias a túa nómina ou pensión, ou se realizas ingresos mensuais de 600 € ou máis, ou se domicilias os teus seguros sociais, a bonificación é dun -0,20% no tipo de xuro.
- Se os teus ingresos son de 2.500 € ao mes ou máis (ou 3.500 ou máis en diferentes ingresos), ou se domicilias os teus seguros socias e mantés un saldo medio de 2.000 € na túa conta, terás unha bonificación do -0,40%. Tamén se che aplicará se tendo un ingreso recurrente superior a 600 € contratas un seguro de proteción de pagos polo valor do que resta de crédito.
- Contratando un seguro de vida polo 100% do saldo pendente da hipoteca na data de revisión, descontas - 0,25%.
- Contratando un seguro de fogar vencellado á hipoteca e que teña unha cobertura cando menos igual ao valor de taxación, a bonificación é de - 0,20%.
- Realizando 24 compras ao ano coa túa tarxeta de crédito ABANCA, ou gastando con ela cando menos 2.500 € ao ano, redúceseche un -0,15%
En total poderías rebaixar até o 1% o tipo de xuro. Consulta as condicións na páxina da Hipoteca Mari Carmen ou realiza a túa propia simulación.
O habitual é financiar como máximo o 80% do menor dos seguintes importes: o valor de taxación actualizado da vivenda a hipotecar, ou o prezo polo que vas pagar.
Para financiar o 100%, habería que realizar unha análise a maiores da hipoteca: examinariamos as características da vivenda, estudariamos a túa situación económica e a da túa unidade familiar, e teriamos en conta que outras garantías poderías achegar (por exemplo, se podes ter máis avalistas ou garantías hipotecarias adicionais). Solicitar máis do 80% pode diminuír a probabilidade de concesión do empréstito.
En todo caso, recomendámosche que consultes na túa oficina o teu caso particular.
Seguiranse endebedando as cotas na conta asociada e non poderá modificarse mentres non se tramite o cambio de titularidade do inmoble hipotecado e do préstamo.
Se existen bens inmobles con hipoteca, os herdeiros deberedes de tramitar no Rexistro da Propiedade correspondente a inscrición a nome do que resulte adxudicatario. (Non te preocupes, para este trámite podemos axudarte desde ABANCA).
Consulta toda a documentación precisas para solicitar un empréstito hipotecario na nosa guía de compra de vivenda.
A hipoteca a tipo fixo Mari Carmen é unha hipoteca coa que pagarás sempre a mesma cota, desde o primeiro mes ata o último, coa tranquilidade que iso supón. Ademais conta cun tipo de xuro moi competitivo que podes mellorar co sistema de bonificacións, facendo que sexa aínda máis reducido. Bota as contas.
Ademais, fácemonos cargo nós dos gastos de notaría, rexistro e xestoría. Nin comisión de apertura!
Tes toda a información na FIPRE e nas Condicións Xerais do Contraro, dous documentos que deberías ler con repouso se ao cabo te decides a mercar casa.
As bonificacións aplícanse desde a sinatura da hipoteca. As condicións que orixinan estas bonificacións revisarémolas periodicamente, unhas semanas antes de que haxa que recalcular os xuros da hipoteca. E lembra que as primas dos seguros deberán ser abonadas cando contrates ou renoves a hipoteca.
Por outra parte, as bonificacións por domiciliación de nómina, pensión ou seguros sociais non son acumulables: dependendo da súa contía ou do saldo medio terás [unha bonificación de cota ou outra](ayuda-hipotecas#cota-mensual-hipoteca-maricarmen.
O debedor, o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada e os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, incluíndo os vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada, que residan na vivenda.
Poderás realizar o pago total ou parcial da túa débeda a través de:
- a app de ABANCA ou a banca electrónica, transferindo fondos á conta na que che facemos os cargos
- no teu caixeiro ou oficina máis próximos
- no 900 81 58 58
Existen dous Códigos de Boas Prácticas en vigor aos que ABANCA está actualmente adherido:
- Código Boas Prácticas 2022 (NCBP2022) - Alivio carga hipotecaria con motivo da suba dos tipos de xuro. Para préstamo/crédito a tipo de xuro variable titularidade persoa física con garantía hipotecaria sobre a vivenda habitual do debedor ou do hipotecante non debedor, formalizado con anterioridade ao 31.12.2022, e cuxo prezo de adquisición non exceda de 300.000 euros. Máis información e documentación necesaria para solicitalo.
- Código Boas Prácticas 2012 (CBP) - Reestruturación da débeda hipotecaria de debedores sen recursos. Para préstamo/crédito titularidade persoa física con garantía hipotecaria sobre a vivenda habitual, cuxo debedor estea situado no "limiar de exclusión", e que estean vixentes na data de entrada en vigor do CBP 2012 ou que se subscriban posteriormente. Máis información e documentación necesaria para solicitalo.
A Hipoteca Xove busca facilitar o acceso á primeira vivenda para os menores de 35 ou 36 anos, en función da comunidade autónoma, coa posibilidade de financiar ata o 100%. Podes consultar as condicións especiais da túa comunidade para hipoteca fixa ou hipoteca variable na nosa web.
E, se xa o tes claro, solicita unha cita telefónica ou presencial cun xestor especializadoSerás redirixido a outro sitio web e axudarémoste co proceso.
O requisito principal para acceder á Hipoteca Xove con aval comunitario é que sexas menor de 35 ou 36 anos, en función da túa comunidade autónoma. Ademais, cómpre residir nunha das comunidades que están dentro do plan A Miña Primeira Vivenda.
Ten en conta que esta Hipoteca Xove se destina á compra da túa primeira vivenda, e que as condicións poden variar segundo a túa comunidade. Podes consultar máis detalles na nosa web ou solicitar unha cita cun xestor especializadoSerás redirixido a outro sitio web para analizar o teu caso.
Para amortizar parte do teu préstamo persoal ou da hipoteca, podes realizar un traspaso a través da banca electrónica ou da banca telefónica. Ou se o prefires, podes acudir á oficina máis próxima. Ten en conta que a amortización poderá imputarse ou ben á redución do importe das cotas ou ben á redución do número de cotas.
Para obter un certificado de cancelación da hipoteca, pódelo solicitar na túa oficina de
ABANCA máis próxima. Ou se o prefires, podes solicitar unha cita co teu xestor. Serás redirixido a outro sitio web
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG