
Contámosche todo o que necesitas saber nos teus primeiros días en ABANCA
""
En nome dos máis de 6000 profesionais que traballamos para ti en 11 países de Europa e América, queremos darche a benvida a ABANCA. Como sabemos que o teu tempo é moi valioso, resumimos nesta páxina toda a información que necesitas para que poidas sacar o máximo proveito aos servizos e ferramentas das que disfrutan os nosos clientes. E se tes dúbidas, ponte en contacto, estaremos encantados de falar contigo!
Como acceder ás miñas contas
Temos unha das apps de banca móbil mellor valoradas do sector financeiro e diferentes ferramentas e servizos para que poidas facer todas as túas operaciós esteas onde esteas, e á hora que ti decidas.
-
Nova clave de acceso
Poderás acceder á túa nova banca online co teu NIF ou NIE (por exemplo 00123456A) e o novo PIN que che enviaremos por SMS. Se non o recibes, podes recuperalo na páxina de conexión da app de ABANCA ou na banca electrónica.
-
App, web ou teléfono
Para revisar as túas contas, descarga a túa app de banca móbil de ABANCA ou accede á túa banca electrónica no botón "Área cliente" situado na parte superior desta páxina. Se tes unha empresa podes acceder á banca electrónica de empresas.
-
IBAN das contas
Lembra que cambiamos o IBAN das túas contas. A partir de agora, atoparaste coa numeración que recibiches por carta no teu domicilio. Se queres consultar o IBAN anterior, podes facelo na túa banca electrónica.
-
E se tes unha empresa ou envías ficheiros
Temos unha banca electrónica específica para empresas e autónomos que envíen ficheiros. Desde este espazo poderás realizar a xestión diaria das contas do teu negocio cando e onde queiras.
Resposta ás preguntas frecuentes
Seleccionamos as respostas máis habituais ás preguntas que podes facerte durante os teus primeiros días en ABANCA. Se tes algunha dúbida para a que non atopas resposta, nesta web tes diferentes formas de contacto onde te podemos axudar (teléfono, email, redes sociais, buscador de oficinas…). Ponte en contacto con nós da forma que che sexa máis cómoda, estamos ao teu servizo!
O meu primeiro día en ABANCA, como me vai afectar?
Todo vai ser moi sinxelo. A integración xa finalizou, e a partir de agora tes á túa disposición (ti e o teu diñeiro, os teus negocios, os teus proxectos… ) mellor tecnoloxía, máis oficinas, máis xestores, e todo o apoio dun banco internacional con máis de 700 oficinas en España e en outros 11 países.
Descarga a app de ABANCA no teu móbil e empeza a vivir unha experiencia de banca diferente.
Cambiou o meu IBAN, afectará ás miñas domiciliacións?
Non debes preocuparte por nada. Hai pouco enviámosche unha carta na que che informabamos do cambio de numeración nas túas contas e contratos e achegabámosche os teus novos números. O cambio é totalmente automático e non afecta as túas domiciliacións, transferencias ou outras operacións, non debes preocuparte de nada.
Se queres saber ou comprobar o teu novo IBAN, só tes que entrar na túa nova app de banca móbil ou na túa banca online de ABANCA (desde o botón "Área cliente" situado na parte superior desta páxina) co teu NIF e o teu novo PIN que che enviamos por SMS. Se non o recibes, podes obtelo a partir do luns 15 de novembro na páxina de conexión da app de ABANCA ou na banca electrónica, ou chamándonos ao 900 815 669.
Se o necesitas, podes consultar a numeración anterior da túa conta, incluímola como parte do nome da conta.
Quero revisar as miñas contas, como podo facelo?
Desde hoxe tes á túa disposición novas ferramentas coas que che será máis sinxelo que nunca xestionar o teu diñeiro: unha das mellores apps do mercado, un novo portal de banca online e un bróker online para xestionar os teus investimentos, ademais doutras apps e servizos, como Google Pay, Apple Pay ou ABANCA Pay para facer pagos Bizum, entre outros.
Se non o fixeches aínda, descarga a app: é gratis, poderás acceder co teu NIF ou NIE (por exemplo 00123456A) e o teu novo PIN que che enviamos por SMS. Se non o recibes, podes obtelo a partir do luns 15 de novembro na páxina de conexión da app de ABANCA ou na banca electrónica, ou chamándonos ao 900 815 669.
Na túa app poderás facer unha chea de operacións, desde pagar un recibo facéndolle unha foto ata consultar os movementos das túas contas, o informe de gastos das túas tarxetas, as posicións dos teus fondos, etc.
Cambiaron as miñas claves de acceso?
Fixemos o necesario para conciliar seguridade e comodidade. Por iso utilizarás o teu NIF e un novo PIN que che enviamos por SMS para entrar tanto na túa app de banca móbil (aínda non a descargaches?) como na túa nova banca online.
En caso de non recibir o teu PIN por SMS, poderás obtelo a partir do luns 15 de novembro na páxina de conexión da app de ABANCA ou na banca electrónica, ou chamándonos ao 900 815 669.
Nesta mesma páxina web tes toda a información necesaria para o teu primeiro acceso.
¿Podo seguir utilizando as miñas tarxetas?
Queremos ofrecer a mellor experiencia, por iso poderás seguir utilizando as túas tarxetas como ata hoxe, coas túas mesmas claves, límites… sen que teñas que facer nada. As tarxetas de crédito manterán o seu funcionamento dual en caixeiros, podendo escoller facer a operación a crédito ou a débito.
Dentro dun tempo si que renovaremos todas as tarxetas: enviarémola á túa casa e só terás que activala e gozala! Mentres tanto, infórmate de todas as vantaxes das que podes gozar hoxe mesmo só por ter a túa tarxeta e ser cliente de ABANCA: desde descontos en gasolineiras e hoteis, e ata seguros de viaxe gratuítos!).
Donde podo sacar diñeiro coa miña tarxeta?
Podes sacar diñeiro a débito coa túa tarxeta sen pagar ningunha comisión en todos os caixeiros ABANCA. Fóra de Galicia, tamén poderás retirar efectivo 5 veces ao mes nos caixeiros da Red Euro 6000, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja de Ingenieros.
Como podo enviar cartos a outro móbil con Bizum?
Para poder enviar diñeiro con Bizum has de descargar a aplicación ABANCA Pay no teu teléfono. Utiliza o mesmo usuario e contrasinal que empregas no resto de servizos e listo!
Frankfurt
Mainzer Landstrasse, 69
Frankfurt am Main
60329 Alemania
Responsable: Bernardo Luis López Bertram
Londres
Malta House
36-38 Picadilly, 4th floor
W1J 0DP Londres
Reino Unido
Responsable: Elena Hernández Fernández
París
París
111 Rue du Faubourg Saint-Honoré
75008 Paris
Francia
Responsable: Francisco Martinez Serrado
Ginebra
14, rue du Mont-Blanc
1283
Genéve-1
1211 Suiza
Responsable: Alfonso López López
Zurich
Talacker, 50, 8º
Zurich
8001 Suiza
Responsable: Pedro Hervella Feliz
México DF
C/ Lago Zurich, 219
Plaza Carso, Int.204
Colonia Ampliación Granada
11529 México DF
México
Responsable: Miguel Javier Alvarez Freire
Panamá
C/ Aquilino de la Guardia. Torre Banesco, 10º
Ciudad de Panamá
Panamá
Responsable: Pablo Ratón Lacarcel
Caracas
Avenida Principal de las Mercedes
Torre Banesco II - Urb. El Rosal
Caracas
1060 Venezuela
Responsable: Julio Hernández Crisafi
Lisboa
Av. 5 de Outubro, 48
1050-057
Lisboa - Portugal
Responsable: Joao Pedro Deconinck Pimenta
Río de Janeiro
Rúa Lauro Muller, 116. Sala 2201
Botafogo – Rio de Janeiro
Brasil 22290
Responsable: Jose Luis Nogueira Carniado
Miami
ABANCA USA
1395 Brickell Avenue,
Suite 1500,
Miami
Toda a información sobre ABANCA
Traballamos dia a día en 11 países para ser un banco líder e continuar merecendo a confianza dos nosos clientes. Aquí ofrecémosche toda a información corporativa, social e financeira do teu banco.