Xa non acharás en menos a comida da casa

Xa non acharás en menos a comida da casa

Acabas de independizarte?
Fuches traballar ao estranxeiro?
Marchas de Erasmus?

Independizarnos ou irnos de Erasmus son experiencias únicas: coñecemos xente nova, imos de festa, aprendemos novos idiomas…

Pero tamén atopamos inconvenientes. Como que nos cobren por retirar diñeiro dun caixeiro no estranxeiro ou que nos encolla a roupa na lavadora. Pero o que máis achamos en menos cando nos independizamos é a comida da casa.

Se tes entre 18 e 29 anos en ABANCA queremos que sigas comendo como na casa. Levámosche o tupper dos teus pais onde esteas.

Porque con ABANCA e a túa Tarxeta NX sentiraste como na casa en calquera lugar do mundo.

Só por ter a Tarjeta NX entrarás no sorteo para recibires a comida da casa.

E se non a tes, contrata agora a tarxeta de débito NX e poderás retirar diñeiro gratis* en calquera caixeiro do mundo ata 5 veces ao mes. E ademais:

  • Poderás retirar diñeiro de balde en todos os caixeiros ABANCA.
  • Terás 5 retiradas de efectivo GRATIS ao mes na rede EURO 6000, Bankia e Banco Sabadell fóra de Galicia.
  • Ademais terás descontos en gasolineiras Galp e en centos de establecementos co programa privilexios EURO 6000.

E lembra esta tarxeta é totalmente gratuíta para ti que tes entre 16 e 29 anos.

Se xa tes a Tarxeta NX, non te preocupes que xa estás participando do sorteo. E se a contrataches antes do 21 de decembro de 2015, as novas condicións aplicaránseche a partir do 1 de marzo de 2016. Consulta máis información sobre o programa Cero Comisións.

Aproveita todas as vantaxes

Programa cero comisións

  • 0 comisións de administración e mantemento
  • 0 comisións por transferencias nacionais e comunitarias en euros (non urxentes)
  • 0 comisións por ingreso de cheques nacionais en euros

Compárteo

Dillo coa mensaxe que máis che guste

Dillo coa mensaxe que mais che guste