Liña de Financiamento Agro

Ofrecémosche a axilidade que precisas para anticipar as túas axudas PAC, cubrir gastos de campañas ou financiar seguros agrarios. Conéctate co financiamento que o teu negocio merece(1).

Anticipa as túas axudas PAC

Recibe as túas axudas antes e xestiona a túa liquidez con total tranquilidade.

Financia os teus gastos de campañas

Cobre o investimento necesario en cada unha das túas campañas agrícolas e gandeiras.

Cobre os teus seguros agrarios

Protexe a túa actividade co financiamento das primas dos teus seguros(2).

Vantaxes que impulsan o teu día a día

A Liña de Financiamento Agro ofréceche beneficios especialmente deseñados para ti.

  • Maior rapidez na tramitación e disposición de fondos
  • Intervención notarial única (no caso de existir) para os distintos destinos
  • Maior adaptación a calquera estacionalidade derivada do teu cultivo ou actividade

Para a túa comodidade

Con intereses e sen comisións: estrutura de custo baseada en intereses sobre o importe disposto, sen comisión de apertura. É dicir, que non terás que pagar nada pola liña de financiamento senón unicamente polo diñeiro que necesites utilizar en cada momento.(3)

Existen outro tipo de financiamentos, consulta co teu xestor na túa oficina máis próxima.

(1) A concesión do financiamento está suxeita en todo caso á análise previa do risco por parte de ABANCA.
(2) Os seguros deben ser distribuídos por ABANCA Mediación Operador de Banca-Seguros Vinculado S.L. Mediador do seguro: ABANCA Mediación Operador de Banca-Seguros Vinculado S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na avenida da Mariña núm. 1, 4ª planta, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 e no Rexistro de distribuidores de seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co núm. OV-0044, provisto do CIF B-70049630 e con seguro de responsabilidade civil e capacidade financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Entidades aseguradoras: ABANCA Seguros Xerais, Allianz, AXA, CASER, FIATC, Fidelidade, Generali, Helvetia, MAPFRE, Plus Ultra Seguros, REALE, Zurich. Consulta aseguradoras en abanca.com/mediador. Podes informarte sobre as condicións en calquera oficina de ABANCA.
(3) Supostos para o cálculo da TAE (5,42%): límite do importe do crédito que se considera totalmente disposto no momento da formalización a data día 1 do mes en curso e que se liquida nos 3 meses seguintes á disposición, mediante o pago de 3 cotas mensuais constantes de capital e xuros: 10.000,00 €. Prazo total do crédito 12 meses. Prazo de devolución da disposición: 3 meses. TIN: 5,3%. Comisión de apertura: 0 €. Importe total adebedado: 10.088,47 €. Custo total do crédito: 88,47 €. Xuros: 88,47 €. Cotas de capital e xuros: primeiro pago: 3.318,65 €, segundo pago: 3.333,31 €, e un último pago por importe de 3.348,04 €. No cálculo exclúese expresamente a comisión de dispoñibilidade porque non existe. Consideramos que os tipos, comisións e gastos se manteñen durante toda a vixencia do contrato no nivel fixado no período inicial.