Liña de Financiamento de Impostos

Un produto flexible para unha necesidade recorrente que simplifica o pagamento dos tributos. Axiliza as xestións e tramita os teus impostos comodamente con múltiples vantaxes.

Flexibilidade

Deseñado para a necesidade continua de financiar impostos de autónomos e empresas.

Límite autorizado

Disporás dun límite global para financiar diferentes impostos ao longo de 12 meses.

Rapidez e axilidade

Simplifica e acelera o procedemento actual de financiamento, reducindo a operativa e os tempos de tramitación.

Capital reutilizable

Terás o capital amortizado dispoñible novamente na liña para futuras necesidades.

Para ofrecerche a máxima flexibilidade

Con intereses e sen comisións: estrutura de custo baseada en intereses sobre o capital disposto, sen comisión de apertura. É dicir, que non terás que pagar nada pola liña de financiamento senón unicamente polo diñeiro que necesites utilizar en cada momento.(1)

Existen outros tipos de financiamentos, consulta co teu xestor na túa oficina máis próxima.

(1) Supostos para o cálculo da TAE (6,43%): límite do importe do crédito que se considera totalmente disposto no momento da formalización con data de 01/09/2025 e que se liquida nos 3 meses seguintes á disposición, mediante o pago de 3 cotas mensuais de capital e intereses: 10.000,00 €. Prazo total do crédito 12 meses. Prazo de devolución da disposición: 3 meses. TIN: 6,3%. Comisión de apertura: 0 €. Importe total adebedado: 10.105,18 €. Custo total do crédito: 105,18 €. Intereses: 105,18 €. Cotas de capital e intereses: primeiro pago: 3.368,39 €, segundo pago: 3.368,40 €, e un último pago por importe de 3.368,39 €. No cálculo exclúese expresamente a comisión de dispoñibilidade porque non existe. Consideramos que os tipos, comisións e gastos se manteñen durante toda a vixencia do contrato no nivel fixado no período inicial.