Hipoteca a tipo fixo Mari Carmen

Sen comisións! Unha hipoteca fixa para ter a tranquilidade de pagar a mesma cota todos os meses. Ata 30 anos!

Sen
Bonificación

TXN 3,70%
TAE 4,34%
A 15 anos

Máxima
Bonificación

TXN 2,70%
TAE 5,14%
A 15 anos

Sen comisións

Sen comisión de apertura e sen gastos de notaría, rexistro, nin xestoría.

Tipo de xuro

Se contratas determinados productos relacionados, poderás rebaixar a túa hipoteca ata un 1%. Disfrutarías dun tipo de xuro do 2,70%, TAE 5,14% a 15 anos.

Ata 30 anos

Podes contratar esta hipoteca a 15, 20, 25 ou 30 anos, sabendo que contarás cun TXN e unha cota fixa todo o tempo, que será distinta en función do prazo que elixas.

Podes solicitar ata o 80%

Podes solicitar ata o 80% do valor do menor dos seguintes valores: o de taxación da vivenda a hipotecar ou o de compraventa.

Sen comisións

Sen comisión de apertura e sen gastos de notaría, rexistro, nin xestoría.

Tipo de xuro

Se contratas determinados productos relacionados, poderás rebaixar a túa hipoteca ata un 1%. Disfrutarías dun tipo de xuro do 2,70%, TAE 5,14% a 15 anos.

Ata 30 anos

Podes contratar esta hipoteca a 15, 20, 25 ou 30 anos, sabendo que contarás cun TXN e unha cota fixa todo o tempo, que será distinta en función do prazo que elixas.

Podes solicitar ata o 80%

Podes solicitar ata o 80% do valor do menor dos seguintes valores: o de taxación da vivenda a hipotecar ou o de compraventa.

Simulador de hipotecas para hipoteca fixa

Axudámosche a calcular a cota da túa hipoteca, 100% online. O simulador de hipotecas ABANCA dáche toda a información que necesitas para coñecer cal será a hipoteca da túa nova vivenda, de maneira personalizada e en tres sinxelas preguntas. Bota contas!

Mellora o TXN desta hipoteca fixa

Unha hipoteca adoita vincular a unha persoa co seu banco durante moitos anos, por iso nosa Hipoteca Mari Carmen ten diferentes prezos en función dos productos que contrates de forma combinada: se tes máis produtos de ABANCA, podemos ofrecerche un mellor prezo.

O tipo de xuro de partida desta hipoteca fixa, sen ningunha bonificación é o TXN 3,70 % ¦ TAE 4,34% a 15 anos. Tamen che mostramos como sería a túa cota e os xuros nos distintos prazos na táboa do exemplo representativo que atoparás máis abaixo.

Pero podes reducir ata un 1% esta tarifa (TIN 2,70 % ¦ TAE 5,14% a 15 anos) se contratas algúns produtos ou servizos de ABANCA que bonifican o tipo de xuro. Non é obrigatorio que os contrates, pero poden facer que pagues menos pola túa hipoteca.

A bonificación máxima é do 1%, polo que poderás escoller entre os seguintes produtos:

Ingresa todos os meses unha cantidade de cartos na conta ou domicilia os teus seguros sociais. Dependendo da cantidade que ingreses obterás unha bonificación diferente:

  • Se tes un ingreso recorrente (unha nómina, pensión ou unha achega única similar, periódica e estable) de 800 € ao mes ou máis, e ata 2500 € (nun único apunte), ou se domicilias os teus seguros sociais (sen importe mínimo), terás unha bonificación do - 0,20%.
  • Se tes un ingreso único de 2500 € ao mes ou máis (ou 3500 € ou máis en diferentes ingresos), terás unha bonificación do - 0,40%. Tamén poderás manter esta bonificación se domicilias os teus seguros sociais e mantés un saldo medio anual igual ou superior a 2000 € nas túas contas. Ou tamén se, tes un ingreso recorrente superior a 800 € (nun único apunte) e contratas un seguro de protección de pagamento comercializado a través de ABANCA polo saldo do que che resta de préstamo. Este seguro ten unha prima única durante os 5 primeiros anos de 3.260,72€ e prima anual a partir do ano 6 de 720€.

Se contratas un ou varios seguros de vida comercializados a través de ABANCA a nome dos titulares da hipoteca que garantan o 100% do saldo pendente da hipoteca na data de revisión, manterás unha bonificación do -0,30%.

O importe desta prima única calculouse para un prestatario de 30 anos e un capital de 150.000 €, e variará segundo a duración total da hipoteca. Será de 2.823,26€ (prazo hipoteca 15 anos), de 3.157,48€ (prazo hipoteca 20 anos), de 3.355,12€ (prazo hipoteca 25 anos), e de 3.484,54€ (prazo hipoteca 30 anos). O custo estimado da prima de renovación anual será de 350,66€.

Se contratas un seguro de fogar o todo risco, contrucción comercializado a través de ABANCA asociado á hipoteca e que teña unha cobertura cando menos igual ao maior dos valores de taxación a efectos do seguro, poderás manter unha bonificación do -0,20%. Este seguro ten unha prima anual de 314 € cuns capitais de 150.000 € de continente e 12.000 € de contido (no caso de sinistro a indemnización corresponderá ao valor real do ben).
Se realizas 36 compras ao ano coa túa tarxeta de crédito ABANCA, ou compras con ela por un importe de cando menos 3000 € ao ano, manterás unha bonificación do -0,10%. Esta tarxeta ten unha comisión de mantemento anual de 43 €. O primeiro ano é gratuita. A concesion desta tarxeta está suxeita a análise de riscos de ABANCA.
Por achegas / traspaso de polo menos 1.500€ nos últimos 12 meses naturais a Plans de Pensións individuais comercializados en ABANCA ou por dereitos consolidados de polo menos 5.000€, manterás unha bonificación do 0,10%.
Pola contratación dun sistema de alarma comercializado a través de ABANCA con domiciliación das cotas nunha conta da Entidade, manterás unha bonificación do 0,10%
Pola contratación de Fondos de investimento comercializados a través de ABANCA por un valor liquidativo igual ou superior a 100.000, manterás unha bonificación do 0,10%.

Canto che correspondería pagar nunha hipoteca fixa? Mostrámoscho cun exemplo representativo

Aquí poderás ter unha idea do que che correspondería pagar cunha hipoteca a tipo fixo Mari Carmen e as diferencias entre contratar o préstamo de forma separada ou de contratalo de forma combinada xunto con outros produtos e/ou servizos. Pero recorda que estas tarifas só están dispoñibles ata o 28 de febreiro se pides cita a través desta web. Botamos as contas por ti das cotas que terías que pagar nos seguintes escenarios:


Periodo Importe total TXN Cota (**) Última Cota(**) TAE(*) Intereses Comisiones y gastos Coste total Importe total adeudado
Sen bonificación
A 15 años (180 cotas) 150.000 € 3,70% 1.087,12 € 1.086,34 € 4,34% 45.680,82 € 7.206,38 € 52.887,20 € 202.887,20 €
A 20 años (240 cotas) 150.000 € 3,70% 885,43 € 886,96 € 4,30% 62.504,73 € 9.496,38 € 72.001,11 € 222.001,11 €
A 25 años (300 cotas) 150.000 € 3,70% 767,12 € 767,40 € 4,27% 80.136,28 € 11.786,38 € 91.922,66 € 241.922,66 €
A 30 años (360 cotas) 150.000 € 3,70% 690,42 € 693,49 € 4,25% 98.554,27 € 14.076,38 € 112.630,65 € 262.630,65 €
Con bonificación máxima
A 15 años (180 cotas) 150.000 € 2,70% 1.014,37 € 1.013,83 € 5,14% 32.586,06 € 29.474,66 € 62.060,72 € 212.060,72 €
A 20 años (240 cotas) 150.000 € 2,70% 809,55 € 809,70 € 5,05% 44.292,15 € 39.846,18 € 84.138,33 € 234.138,33 €
A 25 años (300 cotas) 150.000 € 2,70% 688,13 € 689,49 € 4,95% 56.440,36 € 50.081,12 € 106.521,48 € 256.521,48 €
A 30 años (360 cotas) 150.000 € 2,70% 608,40 € 606,40 € 4,87% 69.022 € 60.247,84 € 129.269,84 € 279.269,84 €

(*)A TAE sen e con bonificación calculouse baixo as hipóteses de que: (i) o contrato de préstamo polo importe indicado estará vixente durante toda a duración pactada, (ii) que ABANCA e o Prestameiro cumprirán as súas obrigacións nas condicións e nos prazos acordados, polo que non se incluíron as comisións e gastos que o Prestatameiro poida evitar se cumpre coas súas obrigas contractuais, (iii) o importe, o tipo de xuro, as comisións e os gastos mantéñense durante toda a vixencia do contrato no nivel fixado no período inicial, (iv) non se produce ningún reembolso total nin parcial durante toda a duración do préstamo. Por tanto, esta TAE con e sen bonificiación, variará coas modificacións que se poidan producir no importe, o tipo de xuro, as comisións e os gastos. A TAE con bonificación, ademais tamén poderá variar por aplicación das bonificacións.

(**) O sistema de amortización do presente préstamo hipotecario é o EPC (francés ou cota constante).

A cota mensual ( C) calcúlase aplicando a seguinte fórmula:

C= P*(i/(1-(1+ i)-n)).

Onde “ P” é o importe pendente do préstamo; "i" o tipo de xuro mensual aplicable ao mes que será o resultante de dividir o xuro anual (TXN) entre 12 (o número de cotas ao ano) e "n" é o número de cotas pendentes do préstamo.

A cota mensual está composta de amortización de capital (parte que se destina a devolver o diñeiro que se prestou) e xuros (parte coa que se remunera o capital pendente de devolver).

Para calcular os xuros (I) que se pagarán na cota do mes utilizarase a seguinte fórmula:

I = P * i.

Onde "P" é o importe pendente do préstamo; e "i" é o tipo de xuro, que será o resultado de dividir o xuro anual (TXN) entre 12 (número de cuotas al año). O importe dos xuros redondéase ao segundo decimal.

Para calcular o importe da parte que corresponde a amortización de capital A teremos que restar á cota total "C" o importe dos xuros "I"; sendo a fórmula:

A = C - I.

Podes consultar máis información en abanca.com/tuprestamo

Queres saber todos os detalles de como se calculou a TAE nestes exemplos representativos?

Para o cálculo da TAE sen e con bonificación incluíronse os compromisos e custos a cargo do prestatario que mostramos na seguinte táboa. No suposto de bonificación máxima, o cálculo realízase contando con que manterás contratados con ABANCA durante toda a vida da hipoteca os seguintes produtos.


Compromisos, comisións
e gastos incluídos na TAE
Sen bonificar Máxima bonificación
Comisión de mantemento da conta asociada (págase en xuño e decembro de cada ano) 36€ trimestrais 36€ trimestrais
Taxación (inclúe IVE, 21%) 318,23 € 318,23 €
Nota simple (inclúe IVE, 21%) 18,15€ 18,15€
Seguro de danos (1)
Seguro de fogar en máxima bonificación (2)
314€ prima anual 314€ prima anual
Seguro de vida (3) - Prima única 10 anos segundo os prazos do préstamo hipotecario: 2.823,26 € (15 anos), 3.157,48 € (20 anos), 3.355,12 € (25 anos), 3.484,54 € (30 anos) e, renovación anual 350,66 €
Seguro de Protección de Pagos (4) - 5 primeiros anos 3.260,72€ prima única
A partir del ano 6 la prima anual será de 720€(4)
Nómina domiciliada - Min 800€/mes en un apunte (5)
Alarma - coste de instalación 49€ y cuota mensual 39,90€(6)

(1) Como ABANCA non comercializa seguros de danos que só cubran os riscos indicados pola normativa do mercado hipotecario, para calcular o custo deste produto simulouse un seguro do fogar (que é o máis semellante ao de danos, pero incluíndo maiores coberturas). Este importe ten carácter orientativo. De conformidade coa normativa reguladora do mercado hipotecario, para poder contratar este préstamo, requírese a subscrición durante toda a vida da hipoteca dun seguro de danos. Non é obrigatorio que o contrates con ABANCA; poderás contratalo cunha compañía aseguradora da túa elección; pero só poderás optar á bonificación do 0,20% do tipo de xuro se o contratas a través de ABANCA e o asocias á hipoteca.

(2) Seguro do fogar do inmoble hipotecado cun capital de 150.000€ de continente e 12.000€ de contido (en caso de sinistro a indemnización corresponderá ao valor real do ben).

(3) Contratación dun seguro de vida comercializado a través de ABANCA, (sendo a idade máxima de contratación de 65 anos e 6 meses para a modalidade de prima anual e estando limitada a contratación da modalidade de prima única a que o prestatario non supere ao termo da mesma os 70 anos, establecéndose para ambas modalidades a idade máxima de renovación nos 69 anos e 6 meses) asociado ao préstamo (bonificación do 0,30%) que cubra o 100% do saldo pendente. Os prazos de contratación para o seguro de vida asociado á hipoteca poderán ser: (i) renovación anual, ou (ii) prima única a 6, 8 ou 10 anos. A efectos informativos, simúlase un seguro de vida de prima única 10 anos e renovación anual, para un prestatario de 30 anos de idade, e que permanece constante durante toda a vida da operación; dado que é complexo determinar o custo do seguro en cada renovación, xa que este poderá variar en función de múltiples circunstancias (idade, capital pendente do préstamo, impostos aplicables, estado de saúde do prestatario, etc…). O custo desta prima única, calculado para un capital de 150.000 €, variará segundo a duración total da hipoteca, sendo de 2.823,26 € (prazo hipoteca 15 anos), 3.157,48 € (prazo hipoteca 20 anos), 3.355,12 € (prazo hipoteca 25 anos), e de 3.484,54 € (prazo hipoteca 30 anos), e o custo da prima de renovación anual estimada será de 350,66€

(4) Contratación dun seguro de protección de pagos asociado á hipoteca que cubra o 100% do saldo pendente (idade máxima de contratación 64 anos e 6 meses e idade máxima de renovación 66 anos e 6 meses), os prazos de contratación poderán ser: renovación anual, ou prima única os 5 primeiros anos e a partir do ano 6 renovación anual ata o vencemento da operación. No noso exemplo representativo, e a efectos informativos, simúlase un seguro de protección de pagos con prima única durante os 5 primeiros anos de 3.260,72€ e a partir do ano 6 con renovación anual cunha prima de 720€.

(5) A redución do tipo de xuro por domiciliación de nómina, aplicarase tamén a calquera ingreso recorrente, sempre que se respecten os importes mínimos esixidos.

(6) Contratación e mantemento dun sistema de Alarma comercializado a través da ENTIDADE e cuxo prestador de servizos sexa Sector Alarm, sempre que as cotas a pagar por dito servizo estean domiciliadas (e non sexan devoltas) nalgunha conta aberta na ENTIDADE a nome dalgún dos prestatarios.

Se o prestatario non puidese contratar os seguros indicados ou, durante a vixencia do préstamo superase os límites de idade indicados, poderá acadar a máxima bonificación mediante a contratación de produtos alternativos anteriormente indicados, que compensen a redución do tipo de xuro non aplicada polos seguros. A TAE verase modificada respecto á simulada, xa que non se terán en conta os custos das primas dos seguros non contratados nin a bonificación aplicable a ditos seguros, senón os custos e bonificacións correspondentes aos produtos substitutivos elixidos.

O Prestatario deberá manter aberta en ABANCA, ata a cancelación do préstamo, unha conta asociada ao mesmo na que se aboará o importe prestado e se cargarán os pagos aos que veña obrigado, derivados do dito contrato.

Para obter a bonificación indicada, os seguros deben ser comercializados necesariamente polo mediador: ABANCA Mediación, Operador de Banca-Seguros Vinculado, S.L., (NIF B70049630, Avenida da Mariña 1, 4ª planta, A Coruña). Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña (tomo 3321, folio 64, inscrición 29ª, folla C-38698) e no rexistro da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións (OV-0044). Cumpre coa normativa de seguros e dispón de seguro de responsabilidade civil. Entidades aseguradoras dispoñibles no apartado de Seguros de abanca.com.

Non se incluíron no cálculo da TAE os seguintes custos a cargo de ABANCA:

(i) formalización da escritura de préstamo hipotecario en Notaría,

(ii) inscrición da escritura de préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade,

(iii) os de xestoría relativos á formalización en Notaría e inscrición do préstamo hipotecario no Rexistro da Propiedade correspondente,

(iv) o pago do IAJD; así como os gastos de xestoría derivados do pago do mencionado imposto ante a oficina liquidadora correspondente, cando dito gasto deba ser asumido en base á normativa.

Todo o anterior non implica que ABANCA teña que concederche a hipoteca fixa. A oferta personalizada que che fagamos finalmente poderá diferir se as condicións da túa hipoteca cambian, ou se dispoñemos de información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras.

Ten en conta, por favor, que as condicións deste produto só son válidas para novas formalizacións, para persoas físicas con ingresos e patrimonios en euros, dólares USA, francos suízos, libras esterlinas, pesos mexicanos, coroas suecas, coroas norueguesas ou coroas dinamarquesas declarados no momento do estudo do préstamo. Ademais, o importe destes ingresos para un único titular debe ser superior a 2.300€ mensuais (ou a conversión á divisa correspondente) e se son dous titulares, o importe mínimo de 3.500€ mensuais (ou a conversión á divisa correspondente); sempre que a contratación sexa a través desta web. Se o que estás buscando é unha subrogación ou unha novación, ven vernos a unha das nosas oficinas e estudaremos xuntos o teu caso.

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

Canto máis amplíes a duración da hipoteca, menor será a cantidade que teñas que pagar todos os meses. Mais lembra que iso tamén significa que en total, ao pagar os xuros durante máis tempo, pagarás un pouco máis. Ademais o prazo de devolución da hipoteca ten un límite máximo de 30 anos.

Se preferirías rebaixar a cota mensual, a Hipoteca Mari Carmen dispón dunha serie de bonificacións que che poden axudar:

  1. Ingresando todos os meses na conta a nómina ou a pensión, ou porque con regularidade achegas diñeiro á túa conta:
  • Se domicilias a túa nómina ou pensión, ou se realizas ingresos mensuais de 600 € ou máis, ou se domicilias os teus seguros sociais, a bonificación é dun -0,20% no tipo de xuro.
  • Se os teus ingresos son de 2.500 € ao mes ou máis (ou 3.500 ou máis en diferentes ingresos), ou se domicilias os teus seguros socias e mantés un saldo medio de 2.000 € na túa conta, terás unha bonificación do -0,40%.  Tamén se che aplicará se tendo un ingreso recurrente superior a 600 € contratas un seguro de proteción de pagos polo valor do que resta de crédito.
  1. Contratando un seguro de vida polo 100% do saldo pendente da hipoteca na data de revisión, descontas - 0,25%.
  2. Contratando un seguro de fogar vencellado á hipoteca e que teña unha cobertura cando menos igual ao valor de taxación, a bonificación é de - 0,20%.
  3. Realizando 24 compras ao ano coa túa tarxeta de crédito ABANCA, ou gastando con ela cando menos 2.500 € ao ano, redúceseche un -0,15%

En total poderías rebaixar até o 1% o tipo de xuro. Consulta as condicións na páxina da Hipoteca Mari Carmen ou realiza a túa propia simulación.

A hipoteca a tipo fixo Mari Carmen é unha hipoteca coa que pagarás sempre a mesma cota, desde o primeiro mes ata o último, coa tranquilidade que iso supón. Ademais conta cun tipo de xuro moi competitivo que podes mellorar co sistema de bonificacións, facendo que sexa aínda máis reducido. Bota as contas.

Ademais,  fácemonos cargo nós dos gastos de notaría, rexistro e xestoría. Nin comisión de apertura!

Tes toda a información na FIPRE e nas Condicións Xerais do Contraro, dous documentos que deberías ler con repouso se ao cabo te decides a mercar casa. 

DOCUMENTACIÓN

NO BLOG