
Para que o teñas claro antes de investir
Se estás aquí é porque sabes a importancia que teñen investir o teu diñeiro, segue lendo e contarémosche como podes empezar a explorar o mundo do investimento con ABANCA.
E se necesitas falar cun dos nosos xestores especializados para que te axude a entendelo mellor, pide cita na túa oficina máis próxima. Esperámoste!
-
Xestión delegada
Poderás delegar a xestión do teu investimento no noso equipo de expertos.
-
Carteira ABANCA 360
A Xestión de Carteiras é un servizo co que delegarás nos nosos expertos a toma de decisións sobre a túa carteira. Non te terás que preocupar e serán eles quen monitorizarán os mercados e tomarán as decisións para conseguir a maior rendibilidade e todo en base ao teu perfil de risco, obxectivos e situación financeira. A Carteira ABANCA 360 está composta por fondos de investimento que seguen os principio ASG, é dicir, cun forte compoñente social, ambiental ou de goberno corporativo.
-
-
Fondos de investimento
Infórmate e escolle o fondo de investimento que mellor se axuste a ti
-
Fondos seleccionados
Se xa sabes como funcionan os fondos de investimento, presentámosche os nosos fondos seleccionados. Atoparás alternativas con distintos niveis de risco e rendibilidade, para que poidas atopar o que mellor se adapte ás túas necesidades ou che resulten máis interesantes.
-
Buscador de fondos de investimento
Ademais, tes un buscador de fondos de investimento no que atoparás unha gran variedade de fondos nacionais e internacionais, poderás consultar toda a información de cada un deles. Utiliza os filtros de procura para atopar as opcións que mellor se adapten a ti.
-
Fondos de investimento
Os fondos de investimento son unha alternativa de investimento diversificado. Descubre o noso catálogo, no que atoparás opcións con distintos niveis de risco e rendibilidade, para que poidas buscar o fondo que mellor se adapte ás túas necesidades.
-
-
Accións e Bolsa
Se queres operar a diario ou de forma ocasional, poñemos á túa disposición as accións dispoñibles nos principais mercados de valores
-
Primeiro abre unha Conta Valores
Para investir en bolsa necesitas unha Conta Valores desde a que administrarás a túa carteira de accións, estará asociada a unha conta corrente, na que cargaremos o importe das túas ordes de compra, as comisións relacionadas coas operacións e custodia dos valores que deposites… Tamén a utilizaremos para ingresarche o diñeiro procedente da venda de accións e dereitos, ou o cobro de dividendos.
-
Accións e Bolsa
Se queres operar a diario ou de forma ocasional, poñemos á túa disposición as accións dispoñibles nos principais mercados de Valores.
-
Unha Tarifa plana Valores para as túas operacións de compravenda
No noso broker en liña gozarás dunha tarifa plana por operación, en función do volume da compravenda e do mercado no que queiras operar, terás unha tarifa fixa en todas as túas operacións. Lembra que deberás abonar as taxas e canons da Bolsa, que son comúns a todas as entidades.
-
-
Se queres aprender máis
Ensinámosche en que debes fixarte á hora de investir e axudámoste a estar ao día da actualidade dos mercados así como a facer seguimento dos teus investimentos.
-
Bróker online
O broker online permíteche realizar as túas operacións de valores ou fondos de forma sinxela e permíteche consultar o estado dos teus investimentos en calquera momento desde a túa app de banca móbil ou banca electrónica e seguir a evolución dos mercados! Ademais tamén podes atopar noticias interesantes ou comentarios que te poden axudar a estar ao día.
-
Coñece a sección de investimento no noso blog, Cuentas Claras
En Cuentas Claras atoparás información relacionada con fondos, valores ou mesmo un glosario con algúns termos relacionados con este ámbito que te axudarán a entender como funcionan este tipo de produtos.
-
Análise diario dos mercados
Os nosos especialistas analizan para ti a actualidade financeira internacional para que tomes as mellores decisións. Infórmate a través dos nosos informes diarios, semanais e mensuais.
-
Alpha360
Alpha360 é o modelo de investimento de ABANCA que aplicamos aos nosos servizos de xestión discrecional de carteiras e asesoramento. Alpha360 segue procesos flexibles, dinámicos, transversais e homoxéneos para xerar ideas de investimento adaptadas ao perfil de cada cliente.
-