• Axudámosche
  • Oficinas
  • @somosABANCA
  • fa fa-facebook
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-instagram
  • Blog
  • Sala de comunicación
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • B Blog
  • Para ti
  • Español
  • En euskera
Volver a axuda
Alavuelta
Alavuelta atrae
  • Qué é Alavuelta atrae?

    Alavuelta atrae é unha ferramenta de ABANCA para comercios que che vai axudar a conectar cos teus clientes. Trátase dun servizo no que os nosos expertos che axudarán a atraer clientes que aínda non te coñecen, pero tamén a manter os de sempre.

    Mediante unha app encargarémonos de lles enviar notificacións a todos os teus clientes, reais e potenciais, cando teñas unha oferta, novidade ou comunicación que queiras compartir.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-atrae#405
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Onde podo comprar comunicacións e como podo saber as que teño dispoíbles en Alavuelta atrae?

    Na sección de ‘Comunicacións’, no panel superior da esquerda, podes consultar as comunicacións dispoñibles. 

    Á dereita, picando no botón ‘Comprar comunicacións’, podes iniciar o proceso de compra indicando o número de comunicacións que desexas comprar.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-atrae#490
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como funciona Alavuelta atrae?

    Alavuelta atrae utiliza técnicas e recursos de analítica e o big data para recoller, interpretar e analizar os hábitos de compra dos nosos clientes para lograr identificar aqueles que son máis afíns ao teu comercio. Cando decidas realizar unha oferta, organizar un evento ou compartir unha novidade, Alavuelta atrae farállela chegar a eses clientes que seleccionamos para ti e que están esperando ter noticias túas.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-atrae#407
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como podo darme de alta en Alavuelta atrae?

    Ponte en contacto coa túa oficina habitual e os nosos xestores darante de alta no servizo.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-atrae#409
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como me dou de baixa de Alavuelta atrae?

    Daranos moita pena! Se decides darte de baixa, só tes que escribirnos un correo electrónico a alavuelta@abanca.com e solicitar a baixa do servizo.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-atrae#408
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como se crea unha 'Oferta' en Alavuelta atrae?

    Desde a sección 'Ofertas' do panel de 'Comunicacións' poderás crear unha nova oferta de forma fácil e sinxela simplemente seguindo os pasos do asistente para a creación de ofertas.

    Se es dos que realizan ofertas de forma recorrente, poderás crear unha oferta nova a partir dunha antiga. Para iso só terás que buscar aquela a partir da cal a queres crear e seleccionar no despregable a opción 'Crear unha nova a partir desta'.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-atrae#411
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como se crea un 'Evento' en Alavuelta atrae?

    Desde a sección de 'Eventos' do panel de 'Comunicacións' poderás crear un novo evento de forma fácil e sinxela simplemente seguindo os pasos do asistente para a creación de eventos.

    Se o desexas, podes crear un evento novo a partir dun antigo. Para iso só terás que buscar aquel a partir do cal o queres crear e seleccionar no despregable a opción 'Crear un novo a partir deste'.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-atrae#412
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como se crea unha 'Novidade' en Alavuelta atrae?

    Desde a sección de 'Novidades' do panel de 'Comunicacións' poderás crear unha nova noticia de forma fácil e sinxela simplemente seguindo os pasos do asistente para a creación de noticias.

    Igual ca na sección de 'Ofertas' e 'Eventos', podes crear unha noticia nova a partir dunha antiga. Para iso só terás que buscar aquela a partir da cal a queres crear e seleccionar no despregable a opción 'Crear unha nova a partir desta'.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-atrae#413
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Que tipo de fotografía debo subir a unha comunicación en Alavuelta atrae?

    A fotografía que subas será a que sirva de reclamo para os clientes e a que se vai identificar co teu comercio, polo que recomendamos que sexa unha fotografía de calidade e representativa da comunicación que lles queiras trasladar aos teus clientes.

    Para unha correcta visualización debería ter unha resolución mínima de 320x180px e recomendamos que a proporción empregada sexa de 16:9 e 400kb de peso máximo. 

    Poñémosche un exemplo de como reducir o tamaño dunha imaxe en Windows de xeito rápido e sinxelo:

    1. Abre a imaxe co programa Paint. Preme co botón dereito sobre a imaxe, busca ‘Abrir con…’ e selecciona Paint
    2. Unha vez o programa estea aberto, prememos en ‘Cambiar tamaño’. Debemos seleccionar ‘Píxeles’ e asegurarnos de que a opción ‘Manter relación de aspecto’ está activada. Unha vez feito, poñemos 800 en ‘Horizontal’ e aceptamos.
    3. Vamos a ‘Arquivo’, prememos en ‘Gardar como… Imaxe JPG’, aceptamos, e listo! O tamaño da imaxe reduciuse e xa está lista para subir a Alavuelta.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-atrae#410
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Tes algunha dúbida cando usas Alavuelta atrae? Ponte en contacto con nós

    Se necesitas algunha aclaración sobre algunha das funcionalidades, datos ou gráficos que se mostran en Alavuelta atrae non dubides en escribirnos un correo electrónico a alavuelta@abanca.com comentándonos as túas dúbidas ou suxestións.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-atrae#414
    • En Twitter
    • En Facebook
  • Como se engade un establecemento en Alavuelta atrae?

    Se tes varios establecementos e queres engadir un novo á ferramenta, tan so debes escribir un correo electrónico a alavuelta@abanca.com indicándonos que establecementos queres monitorar. Tras a realización das correspondientes validacións, poderás consultar todos os datos en Alavuelta atrae.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-atrae#428
    • En Twitter
    • En Facebook

Se non atopas o que buscas, podes...

  • twitearnos a @somosABANCA
  • preguntárnoslas por escrito
  • venir a las oficinas
  • Next Generation
  • Xestión comercial e financiamento de vendas
  • Seguros
  • TPV
  • Banca electrónica
  • Contas
  • Alavuelta
  • ABANCA, oficinas, horarios, valores
  • Programa Servizos ABANCA
  • Tarxetas
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Traballa con nós
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.