En ABANCA dedicamos moitos recursos para protexer o teu diñeiro e mais os datos. Con todo, tamén necesitamos que poñas da túa parte e navegues en Internet con coidado. Para iso, dámosche as seguintes recomendacións.
Non compartas ningún código se te chaman por teléfono
Desde ABANCA nunca te chamaremos para pedirche unha clave que recibas no móbil se non iniciaches ti unha operación.
As claves dun único uso só se introducen na pantalla da túa banca electrónica.
Se te chaman e chas solicitan, colga e contacta con nós directamente.
Os nosos sistemas de seguridade non estarían completos sen a túa axuda
Se detectas algunha actividade estraña, agradecerémosche que nolo fagas saber se:
- Ocorre algo coas túas compras, as túas tarxetas ou as túas contas
- Atopas algunha web que se parece á de ABANCA pero non o é
- Chegan avisos ao móbil sobre accesos ou operacións que ti non estás facendo
- Chega un correo cunha ligazón directa á túa banca electrónica
Envíanos un mail a tuseguridad@abanca.com ou chámanos para revisalo.

Utiliza un PIN seguro
Para iso, sigue estas recomendacións.
- Non utilices datos persoais: data de nacemento, teléfono, DNI…
- Evita números sucesivos e non reutilices claves.
- Non anotes o PIN en ningún dispositivo, tampouco en papel.
- O teu PIN é secreto e intransferible, non o compartas con ninguén.
- Actualízao frecuentemente.

Adecúa os límites da túa banca electrónica ao teu día a día.
Revisa os importes das túas operacións habituais, por exemplo envíos de diñeiro, e establece límites máximos. Poderás amplialos para operacións puntualmente se é necesario.

Préstalles atención aos correos electrónicos ou ás chamadas fraudulentas
Estas son algunhas das claves que delatan un intento de fraude ou phishing por correo.
- O enderezo do correo electrónico do remitente non coincide co da empresa
- Pídenche que realices unha acción con máxima urxencia
- O deseño da mensaxe é sospeitoso
- Hai faltas de ortografía ou erros de redacción
- O correo solicita información persoal
- Inclúense arquivos anexos

Contar con máis dunha sinatura para xestionar as túas operacións habituais tamén é importante para reforzar a seguridade da túa empresa. Sobre todo, se realizas operacións con importes elevados de forma regular.
