-
A que fai referencia o ‘Nivel de Competencia’ en Alavuelta descubre? En Alavuelta descubre clasificamos a túa competencia en función dos seguintes criterios:
‘Código Postal’ e ‘Categoría Comercial’: Os establecementos que se tomaron para o cálculo da túa competencia encóntranse no mesmo código postal ca ti e pertencen á túa mesma categoría comercial.
‘Municipio’ e ‘Categoría Comercial’: Os establecementos que se tomaron para o cálculo da túa competencia encóntranse no mesmo municipio ca ti e pertencen á túa mesma categoría comercial.
‘Municipio’ y ‘Sector Comercial’: Os establecementos que se tomaron para o cálculo da túa competencia encóntranse no mesmo municipio ca ti e pertencen ao teu mesmo sector comercial.
‘Provincia’ e ‘Categoría Comercial’: Os establecementos que se tomaron para o cálculo da túa competencia encóntranse na mesma provincia ca ti e pertencen á túa mesma categoría comercial.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#396 -
Tes algunha dúbida ao empregar Alavuelta descubre? Ponte en contacto connosco Se precisas algunha aclaración sobre os datos ou gráficas que se mostran en Alavuelta descubre, non dubides en escribirnos un correo electrónico a alavuelta@abanca.com e coméntanos as túas dúbidas ou suxestións.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#397 -
Inclúese información do TPV virtual en Alavuelta descubre? Actualmente Alavuelta descubre non contempla a información relativa ao TPV virtual, pero somos conscientes do relevante que é e está na nosa lista de melloras para futuras versións da ferramenta.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#461 -
Que é Alavuelta descubre? Alavuelta descubre é unha ferramenta gratuíta de ABANCA para comercios que se basea na análise avanzada de datos e mais no big data. Recollemos a información de todas as operacións dos teus TPV e completámola e interpretámola para ti, de forma que terás unha visión completa e polo miúdo do teu negocio e información agregada e de contexto do teu sector e área de influencia.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#368 -
Como podo darme de alta en Alavuelta descubre? Na túa Banca Electrónica de Empresas, entra na sección 'Tarxetas/Comercios' > 'TPV' > 'Alavuelta'. Aí vas atopar un acceso a esta ferramenta gratuíta coa que poderás empezar a descubrir información valiosa sobre a túa actividade comercial. Se aínda non tes contratado ningún TPV ABANCA poderás gozar do servizo de forma gratuíta durante tres meses.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#369 -
Que información podo ver en Alavuelta descubre? Terás dous grandes bloques de información: sobre o teu negocio, con datos moi precisos da túa actividade, e sobre a túa competencia e contorno, con estatísticas medias e datos agregados que che axudarán a contextualizar mellor os teus resultados. Se queres máis información, podes consultala na nosa web e ver este vídeo no que cho contamos todo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#370 -
Como funciona Alavuelta descubre? Alavuelta descubre utiliza técnicas e recursos de campos como a analítica e o big data para recoller, interpretar e mostrar os datos de todas as operacións que rexistran os teus TPV. Terás ao teu dispor gráficos e informes que che axudarán a avaliar o rendemento dos teus esforzos; a tomar decisións estratéxicas e saber se funcionan como esperamos, e a alcanzar novos obxectivos!
E, por suposto: esta ferramenta usa a información de forma responsable, garantindo o anonimato dos teus clientes. Toda a información que se mostra foi previamente anonimizada consonte a lexislación vixente.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#371 -
Con que frecuencia se actualizan os datos de Alavuelta descubre? Os informes en Alavuelta descubre actualízanse de forma semanal. Desta forma poderás facer o seguimento das túas vendas e facturación de forma periódica e coñecer a evolución do teu negocio cunha frecuencia que che permita tomar decisións inmediatas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#372 -
Podo acceder á información do meu TPV virtual con Alavuelta descubre? Actualmente Alavuelta descubre non contempla a información relativa ao TPV virtual, pero é unha mellora que incluiremos en futuras versións da ferramenta.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#429 -
Como podo engadir un novo establecemento aos informes de Alavuelta descubre? Se tes varios establecementos e queres engadir un novo á ferramenta, tan só debes escribir un correo electrónico a alavuelta@abanca.com indicándonos que establecementos queres monitorizar. Tras a realización das correspondentes validacións de datos, xa poderás consultar todos os datos en Alavuelta descubre.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#373 -
A que vos referides cando falades de "competencia" en Alavuelta descubre? Alavuelta descubre define a túa competencia como un número mínimo de tres negocios do teu mesmo sector e do teu contorno próximo. No caso de que na túa zona non dispoñas dese número de competidores reais próximos a ti, ampliaremos o radio de identificación de competidores para che proporcionarmos datos reais cos que poidas compararte.
No caso de que teñas outros establecementos é importante que saibas que, se cumpres os requisitos establecidos, poden entrar a formar parte da túa competencia.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#374 -
Pode a miña competencia coñecer os meus datos de Alavuelta descubre? Nunca! En ningún caso a túa competencia poderá coñecer os teus datos de Alavuelta descubre. Os datos de competidores que se mostran en Alavuelta descubre están sempre baseados en polo menos tres comercios, polo que ningún competidor terá acceso aos teus datos. Se nalgún intervalo de tempo non existe un dato de operativa de polo menos tres competidores, non se mostrará. Por iso, e para garantir a confidencialidade de todos os usuarios de Alavuelta descubre, pode ser que en momentos puntuais non poidas visualizar algún dato da competencia.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#375 -
Por que nalgúns apartados non se visualizan os gráficos? Sabemos que non hai nada máis importante ca a confidencialidade e a privacidade dos datos dos nosos clientes, por iso nunca che mostraremos información que non estea baseada en polo menos un número mínimo de usuarios diferentes. Isto quere dicir que só ti podes ver os teus datos polo miúdo, ninguén máis; dos teus clientes e da túa competencia terás datos só de forma agregada, estatística, e só cando os teus clientes ou os teus competidores cheguen a un mínimo, de tal forma que sexa imposible identificalos.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#376 -
Por que o número de clientes identificados non coincide coa suma de clientes de cada segmento? Alavuelta descubre mostrarache información útil e sempre agregada dos teus clientes (nunca terás datos persoais), pero debes ter en conta que nalgúns casos esa información non é completa, xa que non temos acceso aos detalles de clientes doutros bancos. Por exemplo: imaxina que o teu comercio rexistrou 50 clientes, dos que sabemos que 23 son homes, 23 mulleres e de 4 descoñecemos o sexo. Alavuelta descubre dirache que alcanzaches 50 clientes, pero na información segmentada por sexo sumará un total de 46, porque non mostraría datos deses 4 dos que non temos información.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#377 -
Que diferenza hai entre 'Media por cliente' e 'Media por venda' en Alavuelta? En termos de facturación, definimos a 'Media por cliente' como o importe medio que recibes por cada cliente, nunha ou en varias compras. A 'Media por venda' fai referencia ao importe que recibes por cada venda.
Poñémosche un exemplo: supón que tes un cliente que foi mercar dúas veces e gastou 10 e 20 euros respectivamente. A 'Media por cliente' sería a suma do importe de todas as compras do cliente nese período, é dicir, 30 euros por un cliente: 30 euros. A 'Media por venda' sería a suma do importe obtido por cada venda, entre o número de vendas, é dicir 30 euros entre dúas vendas: 15 euros.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#379 -
Que significan as porcentaxes no resumo da facturación? Se están en cor verde e coa frecha cara a arriba, indican que esta característica aumentou con respecto ao ano anterior. Pola contra, se están en vermello e coa frecha cara a abaixo, indican que diminuíu con respecto ao mesmo intervalo de tempo do ano anterior.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#380 -
Para que serve coñecer a facturación do intervalo anterior? A facturación do intervalo anterior é útil para comparar a facturación dun intervalo de tempo coa do ano anterior. Desa forma podes comparar, por exemplo, como che foi na campaña do Nadal deste ano fronte ao anterior, ou cales foron os resultados dun trimestre no que fixeches algún cambio fronte a outro no que aínda non os puxeras en marcha.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#381 -
Que me mostrades no apartado 'Venda cruzada'? Con Alavuelta descubre podes coñecer aínda mellor os teus clientes grazas á información que che mostramos no apartado 'Venda cruzada', onde indicamos, de forma agregada, en que outros sectores realizan máis compras as persoas que gastan no teu negocio. Saberás en que tres sectores comerciales (como poden ser: 'Ocio e espectáculos', 'Restaurantes, bares e cafeterías', 'Deporte' e 'xoguetes'…) realizan máis compras os teus clientes e outra información relacionada que che pode axudar a adaptar a oferta comercial e darlle un aire novo á túa estratexia.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#382 -
Por que non coinciden as porcentaxes de homes e mulleres nas seccións ‘Cadro de Mando’ e ‘Os teus Clientes’ para o intervalo seleccionado? As porcentaxes mostradas en 'Cadro de Mando' están calculados respecto ao número de clientes identificados ou ao número de vendas. En cambio, os da sección ‘Os teus Clientes’ > ‘Perfil’ obtéñense a partir da facturación dos clientes identificados.
Pode ser que, por exemplo, os homes gasten máis que as mulleres no teu establecemento e mostren unha porcentaxe de facturación maior, aínda que o número de clientes homes e o número de compras que realizan sexan menores (mostrando así unha porcentaxe de clientes identificados e de vendas, respectivamente, menor). Isto é, ao teu comercio acoden un número menor de persoas e menos veces pero gastan máis.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#385 -
Por que nos datos da miña competencia a facturación nun grupo de idade é diferente á suma da desagregación por sexo e idade? Os datos mostrados ao referirmos á túa competencia son medias, e en diferentes apartados podemos calculalo respecto a un número tamén diferente de establecementos.
Pensa, por exemplo, no grupo de 18-25 anos. Pode ser que calculemos a media sobre cinco establecementos e, ao desagregar por sexo e idade, no caso das mulleres nos quede a media sobre tres establecementos debido a que un deles soamente tiña público masculino e o outro non chegaba ao mínimo de mulleres requirido para garantizar o anonimato das mesmas.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/alavuelta-descubre#386