ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Banca electrónica
  • Faite cliente
  • Banca electrónica
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • B Blog
  • Para ti
  • En castellano

Póliza de crédito para crear emprego

Es unha empresa con domicilio fiscal en Galicia? Facilitámosche o financiamento que necesitas para incentivar a creación de emprego nesta comunidade, sexa de onde sexa a túa empresa. Este é o noso compromiso con Galicia.

  • Solicítaa xa
  • 981 910 534
  • Chamámoste agora?
  • Solicítaa xa

Cobertura total para os teus novos empregados

Sabemos que o futuro dunha comunidade depende, en gran parte, da creación de emprego digno para todas as persoas que forman parte dela. Por iso, en ABANCA queremos contribuir á creación de novos postos de traballo en calquera dos sectores económicos que operan en Galicia. Iso facemos co Plan Activamos, unha iniciativa que puxemos en marcha coa colaboración das catro deputacións provinciais galegas.

Financiamos contratos fixos, e eventuais de cando menos 6 meses de duración, coa única condición de que o número medio de traballadores, no momento no que presentes a solicitude, sexa superior ao que tiña a empresa 3 meses antes.

Tan só tes que domiciliar a nómina dos teus novos empregados e o pagamento dos seguros sociais a través de ABANCA.

Por iso, facilitámosche o financiamento que che cómpre para incentivares a creación de emprego nesta comunidade nunhas condicións excepcionais:

  • cobertura total de salarios e seguros sociais dos teus novos empregados, para que só teñas que preocuparte de que todo funcione ben,

  • sen comisións de amortización nin de cancelación anticipada,

  • tipos de xuro reducidos.

choco-virutas-2001

Consulta o Programa Cero Comisións para coñecer todos os beneficios!

Moitos dos nosos clientes non pagan comisións e benefícianse de mellores tarifas en moitas operacións. Se confías en ABANCA poderás esquecer as comisións, ter tarxetas gratis, ou sacar diñeiro gratis en calquera caixeiro do mundo.

  • O Programa Cero Comisións, para a túa empresa

Cales son as condicións?

Podes dispoñer dunha póliza de crédito de até 30.000 € para o salario dun ano de todo o persoal contratado e mais os seus seguros sociais e, para contratos eventuais de cando menos seis meses, até 15.000 € por contrato.

Terás até 24 meses, con renovación tácita ao ano, para devolver o empréstito. Isto quere dicir que, se ningunha das partes indica o contrario antes da data límite, o póliza renovaráseche de forma automática coas mesmas condicións.

Tipos de xuro. Benefíciate de cero comisións de amortizamento e cancelación anticipada da póliza de crédito para crear emprego e dun tipo de xuro reducido baseado no Euríbor a tres meses, con revisións trimestrais.

Como solicitalo. Para solicitares a túa póliza de crédito só tes que presentarnos os documentos TA (os modelos de solicitude de afiliación á Seguridad Social) das persoas que contrates. Deben ser contratos formalizados despois do 30 de setembro de 2017 e que teñan unha antigüidade non superior a tres meses anteriores á formalización da póliza.

  • Solicítaa xa
  • 981 910 522
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Banca electrónica
    • Banca electrónica para empresas
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
© 2018 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.

Co obxectivo de prestarche un mellor servizo, esta web emprega cookies. Grazas a elas sabemos, por exemplo, qué uso fixeches da web. Podes desactivalas nas preferencias do teu navegador e ampliar máis información verbo da nosa política de uso de cookies.