Imaxe

LÍÑAS ICO COVID-19

Xa podes solicitar os préstamos con aval do Estado (garantía instrumentada polo ICO) dispoñibles autónomos, pemes e empresas. Préstamos ata 5 anos para axudarche a cubrir as túas necesidades de liquidez.

A quen vai dirixida a Liña ICO - COVID-19

Poderán beneficiarse desta liña os autónomos, pemes e empresas con domicilio social en España que se viron afectados pola crise sanitaria do COVID-19, sexa cal sexa a súa actividade (quedan excluidas as empresas do sector financeiro e do sector de seguros).

Ten en conta que non poderán adherirse a esta liña de axudas os autónomos e empresas que estean en situación de morosidade en CIRBE ao 31 de decembro de 2019, que estean suxeitos a un procedemento concursal a data do 17 de marzo de 2020 ou as "empresas en crise" a 31/12/19 conforme ao Regulamento (UE) No 651/2014.

Cal é o destino das Liñas ICO?

Esta liña de axudas está pensada fundamentalmente para solucionar os gastos máis urxentes da túa empresa con motivo dos efectos do COVID-19.

Podes empregar o préstamo que che concedamos para pagar os salarios do teu persoal; para facer fronte ao pago de alugueres, rendas ou outros gastos fixos da túa actividade produtiva, como luz, gas ou combustible, ou para poder facer fronte aos pagos a provedores e mercadorías, ou mesmo para resolver vencementos de financiamento ou impostos, entre outros fins.

Características das Liñas ICO COVID-19

A continuación contámosche, de forma resumida, as características principais deste produto.

  • Tipo de produto: préstamo
  • Importe: o importe establecerase en función das necesidades de cada cliente e polos límites (por importe de financiamento e máximo de axudas) establecidos para poder contar co aval do Estado:
    • En xeral, as operacións ata 1,5 millóns de euros, para a maioría de sectores económicos, rexeranse polo disposto no Regulamento UE de aplicación segundo o sector de actividade (en transporte, pesca e acuicultura e agricultura, os importes máximos de financiamentos avalados e de axudas serán inferiores).
    • Ás operacións por un importe maior a 1,5MM€ ou que non cumpran o réxime indicado no apartado anterior aplicaráselles o Marco Temporal do Réxime de Axudas do Estado regulado na comunicación da Comisión CE-2020, nº 1.863 de 19 de marzo de 2020 que establece os seguintes límites sobre o principal da operación:
      • Dobre da masa salarial en 2019, (incluíndo cotizacións sociais e custo do persoal que traballe no recinto aínda que figure formalmente en nómina de subcontratas).
      • 25% da facturación de 2019.
      • Necesidades de liquidez debidamente xustificadas e certificadas para, no caso das pemes e autónomos, 18 meses, e no caso de non peme, 12 meses.
  • Prazo: ata 5 anos
  • Liquidación: mensual
  • Carencia de capital: entre 1 e 12 meses.
  • Tipo de interese: fixo.
  • Sen obrigación de contratación de productos vinculados.
  • Cobertura do ava do Estado (sen perxuizo de que os prestameiro siga respondendo da totalidade do préstamo):
    • Ata o 80% para pemes e autónomos
    • Ata o 70% principal para novas operacións de empresas.
    • Hasta el 60% do principal para as renovacións de empresas.

Como se tramita a liña ICO COVID-19?

Para a tramitación necesitaremos a seguinte documentación:

  • Se es unha empresa, terás que aportar as contas Anuais do exercicio 2019, co informe de auditoría se estás obrigado. En caso de non ter formuladas as contas de 2019, serán necesarias que presentes polo menos as contas provisionais 2019 acompañadas das contas anuais oficiais 2018, co corresponde informe de auditoría se estivese obrigada.

  • Se es autónomo, necesitaremos que aportes os modelos 130 dos catro trimestres do 2019 e o borrador do IRPF de 2019.

  • En todos los casos, será necesario que aportes tamen o modelo fiscal 390 correspondente ao exercicio 2019.

  • Así mesmo, deberás achegar declaración de se a operación de financiamento avalado supera ou non o 25% da facturación do exercicio 2019, e de se supera ou non o dobre dos custos laborais de 2019 (poderemos pedirche documentación que o soporte). Doutra banda, necesitamos unha estimación autocertificada das túas necesidades de liquidez a 18 meses se es autónomo ou unha peme, ou a 12 meses para o resto de empresas.

  • Para operacións suxeitas á normativa de Axudas de Estado de mínimis, necesitarás achegar o Anexo 1 de mínimis no que proporcionarás información sobre outras axudas solicitadas con anterioridade.

  • Tamén deberás achegar xustificación (mediante autocertificación, e sen prexuízo de que necesitemos realizar comprobacións posteriores) do destino que darás aos fondos, así como unha declaración responsable das túas necesidades de liquidez a 18 meses se es autónomo ou unha peme, ou a 12 meses para o resto de empresas.

En calquera caso, non dubides en acompañar a solicitude de calquera documentación que xustifique os efectos do COVID-19 sobre o teu negocio.

Para máis información sobre condicións, requisitos e información requerida, fala co teu xestor ou coa túa oficina, e se non sabes como facelo, podes cubrir este formulario cos teus datos para que te chame un xestor especializado.