Negocios e empresas

Acompañámoste en todos os pasos do teu negocio

En ABANCA poderás contar cun xestor especializado e cun equipo especializado dende o primeiro momento, que te acompañará no que precises. Dende abrir unha conta sen comisións, as túas xestións do día a día ou o financiamento que fará medrar o teu negocio. Tamén estamos ao teu lado para asegurar a tranquilidade da túa empresa cos nosos seguros.

Pago de nóminas: máis doado e sinxelo

Xestiona o pago de nóminas e o pago a provedores a través do servizo específico de ABANCA. Poderás simplificar os pagos das nóminas dos teus empregados e os pagos aos teus provedores, reducindo o tempo que dedicas a esta xestión.

Cobranzas e pagos adaptados ás túas necesidades

Para xigantes industriais ou para o pequeno comercio. Dentro do teu negocio ou contigo, vaia onde vaia. Sexas como sexas, temos o TPV perfecto para ti. E cun servizo de atención profesional 24 horas ao día, sete días á semana.

Solucións financeiras para o que necesites

Sexan as túas necesidades de financiamento a curto ou longo prazo, ofrecémosche solucións intelixentes para xestionar o diñeiro da túa empresa con facilidade.

Asegura a túa tranquilidade

Se es empresario ou tes un comercio, necesitas un seguro para protexer os teus bens, empregados e clientes ante calquera prexuízo ou sinistro.

Unha parella traballando cun portátil

Seguro de Responsabilidade Civil

  • Protección a medida segundo a modalidade
  • Protección contra fraude informática
  • Cobre infracción de protección de datos
Debuxo de Luis Moya nunha terraza

Seguro de Negocios

  • Todo tipo de imprevistos
  • Contrata as coberturas que necesites
  • Inclúe defensa xurídica e asistencia xurídica telefónica