Resolvémosche todas as dúbidas
A conta para empresas na túa man
Poderás asociar a ela as túas tarxetas de empresa (coñeces a nosa Tarxeta VISA Business?) ou os teus TPVs, poderás realizar os teus cobros e pagamentos, e poderás xestionar todas as túas operanción na banca electrónica. Un servizo deseñado para profesionais coma ti, para axudarte a tirarlle o máximo rendemento ao teu tempo.

A forma mais sinxela de empezar
Se aínda non es cliente de ABANCA e xestionas un negocio ou unha microempresa (¡ou se es autónomo!), a túa conta de empresa ABANCA tamén é a forma máis sinxela de comezar a gozar das vantaxes do [Programa Servizos ABANCA](<![LINK-UUID[https://www.abanca.com/es/empresas/programa-servicios-abanca/]]>). ¿Como? Só tes que cumprir uns requisitos moi sinxelos, e xa formarás parte do Nivel Plus do Programa.

Como o podo contratar?
Empeza solicitando unha cita co teu xestor antes de visitarnos nunha das nosas máis de 900 oficinas. Explicarémosche en persoa todas as vantaxes para o teu caso concreto. Ti decides que día e a que hora che vén mellor pasar pola oficina máis próxima.
Tes preguntas? Nós respondemos
Dúbidas
É unha conta pensada para autónomos, pemes e profesionais que che permite conseguir aínda mellores condicións grazas ás vantaxes do Programa Servizos ABANCA
Ademais, poñemos ao dispor do teu negocio o servizo de banca electrónica de empresas para realizar consultas, operacións online e enviar e recibir ficheiros normalizados. Se non dispós dunha aplicación para xerar as remesas de nóminas, transferencias, adeudos ou anticipos de crédito, poderás utilizar a que poñemos á túa disposición desde a banca electrónica de empresas.
Non exactamente. Só terás as vantaxes do Programa Servizos ABANCA se cumpres os requisitos dalgún dos niveis.









