Dúbidas xerais
-
Estou interesado no servizo Alavuelta, que debo facer?
Non o penses! Acude á túa oficina máis próxima e pregunta polo servizo. Ata entón, se tes un TPV ABANCA e Banca Electrónica Empresas, xa podes acceder a Alavuelta descubre de xeito inmediato e gratuíto premendo en 'Tarxetas/Comercios' > 'TPV' > 'Alavuelta'.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#636
-
Tes algunha dúbida cando usas Alavuelta? Ponte en contacto con nós
Tes algunha dúbida cando usas Alavuelta? Ponte en contacto con nós. Se necesitas algunha aclaración sobre algunha das funcionalidades, datos ou gráficos que se mostran en Alavuelta non dubides en escribirnos un correo electrónico a alavuelta@abanca.com e coméntanos as túas dúbidas ou suxestións.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#645
-
Como me dou de baixa de Alavuelta?
Daranos moita pena! Se decides darte de baixa, só tes que escribirnos un correo electrónico a alavuelta@abanca.com e solicitar a baixa do servizo.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#644
-
Podo descargar a app de Alavuelta que utilizarán os meus clientes?
Por suposto que si! Accede ao teu Apple Store ou Play Store segundo teñas un dispositivo iOS ou Android e descárgate Alavuelt!Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#643
-
Como se visualizan as cadeas comerciais en Alavuelta?
Cando entres en Alavuelta verás todas as cadeas comerciais que teñas baixo un mesmo usuario. Poderás seleccionar aquela na que se atopen os establecementos cuxa información desexes consultar.
Con Alavuelta descubre poderás analizar a información de cada un dos establecementos da túa cadea comercial por separado.
Con Alavuetla atrae poderás analizar a información da cadea comercial en conxunto no apartado 'Cadro de mando', ou de cada establecemento individual no apartado 'Os meus establecementos' > 'Detalle do establecemento'. Lembra que sempre poderás realizar comunicacións de cada un dos establecementos da túa cadea comercial de forma independente.
En Alavuelta fideliza poderás acceder á información da cadea comercial. As tarxetas de fidelización e regalo xéranse a nivel da cadea comercial.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#642
-
Por que a información que actualizo en Alavuelta atrae non aparece en Alavuelta descubre?
En Alavuelta atrae poderás modificar información relativa aos teus establecementos (o nome ou o enderezo, entre outros), pero en Alavuelta descubre esta opción aínda non está dispoñible, polo que non se actualizan automaticamente. En futuras actualizacións da ferramenta si o estará. Se desexas que as túas modificacións se visualicen tamén no módulo de Alavuelta descubre pídenolo a través de alavuelta@abanca.com.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#641
-
Como podo xerar novos usuarios para acceder a Alavuelta?
Poderás engadir novos usuarios ao contrato para os módulos Atrae ou Fideliza na sección 'Configuración' > 'Usuarios' que se atopa no panel lateral. Estes novos usuarios terán o rol de 'Colaborador' e terán limitado o acceso para Descubre.
Se desexas engadir un administrador ao contrato, necesitar contactar co teu xestor de confianza.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#640
-
Necesito un TPV ABANCA para utilizar Alavuelta?
Para gozar do paquete básico (Alavuelta descubre) necesitas ter un TPV ABANCA. Se queres contratar o paquete avanzado (Alavuelta descubre, atrae e fideliza) non cumprirá que teñas un TPV ABANCA, aínda que se o tes gozarás do servizo dunha forma máis económica e completa.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#639
-
Que fago se se me bloquea o usuario de acceso a Alavuelta ou non lembro o contrasinal?
Se introduciches varias veces mal o contrasinal ou o esqueciches, contacta co teu xestor ou chama ao 981910783 para poder xerar unhas credenciais novas.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#638
-
Canto custa Alavuelta?
Alavuelta comercialízase en dous paquetes distintos: básico e avanzado.
O paquete básico inclúe o módulo Alavuelta descubre.
O paquete avanzado inclúe os tres módulos: Alavuelta descubre, atrae e fideliza.
Básico
Avanzado
Módulos
- Alavuelta descubre
- Alavuelta descubre
- Alavuelta atrae
- Alavuelta fideliza
Non tes TPV ABANCA
Non dispoible
120€/ano
Tes TPV ABANCA
Gratis
80€/ano
Pertences ao nivel 2 Premium do Programa Cero Comisións
Gratis
50€/ano
Se contratas o servizo durante o ano de lanzamento disporás dun período de proba gratis de nove meses. No caso de que o fagas despois deste período, será de tres meses. En ambos os dous casos o período de gratuidade comeza desde a contratación do servizo.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#637
-
Que é Alavuelta?
Alavuelta é a ferramenta de marketing de ABANCA que fai crecer o teu negocio. Está pensada para que accedas á información e mais aos datos do teu comercio de forma cómoda; coñezas mellor a clientela a través das súas compras, coides as súas necesidades e coñezas novos clientes.
Alavuelta está composto por tres módulos:
Alavuelta descubre permitirache consultar, comparar e interpretar os datos clave do teu negocio, o teu sector e mais a túa área de influencia.
Alavuelta atrae axudará a atraer clientes que aínda non te coñecen e os de sempre.
Alavuelta fideliza pon ao teu dispor tarxetas de fidelización dixitais, tarxetas regalo para que os teus clientes consuman no teu negocio e, no futuro, un escaparate en liña para fidelizalos.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#635
-
Segues tendo dúbidas? Consulta o manual de Alavuelta
Consulta o manual de Alavuelta para resolver as túas dúbidas sobre esta ferramenta.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#646
-
Onde podo ver a data de cobro da próxima cota de Alavuelta?
Na sección ‘Contratos' dentro do panel de ‘Configuración’ podes ver os movementos de liquidación, ademais da data de cobro da próxima cota.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/empresas/axuda/alavuelta/dubidas-xerais#693