Negocios e empresas
En ABANCA poderás contar cun xestor especializado e cun equipo especializado dende o primeiro momento, que te acompañará no que precises. Dende abrir unha conta sen comisións, as túas xestións do día a día ou o financiamento que fará medrar o teu negocio. Tamén estamos ao teu lado para asegurar a tranquilidade da túa empresa cos nosos seguros.
Unha conta para negocios e empresas que cho pon doado
Goza dunha conta deseñada para as necesidades de negocios coma o teu.
E se precisas realizar as xestións habituais da túa empresa desde o teu ordenador ou tableta, accede á banca electrónica empresas.

Xestiona o pago de nóminas e o pago a provedores a través do servizo específico de ABANCA. Poderás simplificar os pagos das nóminas dos teus empregados e os pagos aos teus provedores, reducindo o tempo que dedicas a esta xestión.
Cobranzas e pagos adaptados ás túas necesidades
Para xigantes industriais ou para o pequeno comercio. Dentro do teu negocio ou contigo, vaia onde vaia. Sexas como sexas, temos o TPV perfecto para ti. E cun servizo de atención profesional 24 horas ao día, sete días á semana.

Tanto se as túas necesidades de financiamento son a curto prazo como a longo, ofrecémosche solucións intelixentes para xestionar o diñeiro da túa empresa con facilidade.

Póliza de crédito
- Conseguir liquidez ao momento
- O importe que necesites

Confirming
- Organizar e xestionar os pagos aos teus provedores
- Disminuír os teus custos administrativos

Factoring
- Aforrar gastos administrativos
- Mellorar a túa contabilidade
- Organizar de forma máis eficiente a túa estrutura financeira

Desconto comercial
- Financiación a curto prazo
- Anticipar o cobro das facturas

Un préstamo para negocios á medida
- Necesidade puntual
- Solución estrutural para a túa tesourería

Avales
- Garantir o cumprimento das obrigas financeiras ou comerciais
- Aval dixital ou con sinatura manuscrita

Liña de financiamento de impostos
- Terás durante 12 meses unha liña marco por un importe máximo
- Poderás simplificar e axilizar o pago dos teus impostos
Se es empresario ou tes un comercio, necesitas un seguro para protexer os teus bens, empregados e clientes ante calquera prexuízo ou sinistro.

Seguro de Responsabilidade Civil
- Protección a medida segundo a modalidade
- Protección contra fraude informática
- Cobre infracción de protección de datos

Seguro de Negocios
- Todo tipo de imprevistos
- Contrata as coberturas que necesites
- Inclúe defensa xurídica e asistencia xurídica telefónica