Solucións adaptadas á túa peme
Máis do 98% das empresas españolas son pemes. Se es unha delas e facturas ata 10 millóns de euros, en ABANCA poñemos aos nosos xestores especializados, visita unha das nosas oficinas.
Ademais, no noso catálogo poderás atopar productos de financiamento sinxelos e eficientes, as últimas ferramentas e servizos tecnolóxicos e solucións desenvolvidas para acompañarte no teu crecemento e internacionalización.
E se a túa empresa é máis pequena ou facturas máis de 10 millóns de euros, tamén temos unha oferta especializada para que non deixes de medrar.
Quero o mellor para a miña peme
-
Quero unha xestión áxil para os meus cobramentos
Anticipa o cobramento das facturas que emitiu a túa empresa e obtén ao momento a liquidez que che cómpre.
-
Multifinanciamento
Todos os produtos de circulante que necesitas para a túa empresa (avais, comex, desconto comercial, liña de crédito), nun único contrato. Desta forma, todos compartirán o 100% do límite solicitado, unha forma moito máis flexible e rápida de dispoñer de liquidez. Con esta solución poderás resolver as necesidades financeiras no momento preciso, cando ti queiras.
-
Factoring
Co noso servizo de factoring, nós encargarémonos da administración e o financiamento das túas facturas. Poderás aforrar gastos administrativos, mellorar a contabilidade e organizar máis eficientemente a estrutura financeira. Máis recursos e máis tempo para o que é realmente importante: que a túa empresa sexa cada día máis e máis próspera.
-
Desconto Comercial
O desconto comercial é o mellor xeito de conseguir financiamento a curto prazo e de traballar sen estar preocupado pola túa tesouraría. Permitírache adiantar o cobramento das facturas que tes pendentes, sen agardar polo vencemento. Ganarás liquidez e poderás dedicarlle o tempo que aforras ao máis importante: facer negocios.
-
-
Quero o financiamento que me axude a medrar
Financiamento á medida das túas necesidades e asesoramento específico para a túa peme, calquera que sexa o teu sector, e con áreas especializadas en Agro e Mar.
-
Comex - Liñas de Comercio Exterior
Traballamos para impulsar a internacionalización das pemes galegas. Por iso, poñemos ao teu dispor os Liñas de Comercio Exterior (COMEX), pensados para axudarte a financiar as operacións de importación e exportación do teu negocio.
-
Confirming
Temos a solución perfecta para que poidas optimizar o tempo e os recursos que destinas a pagarlles aos teus provedores. Coas nosas solucións de confirming poderás organizar e xestionar estes trámites, e diminuír os teus custos administrativos. Se queres, tamén disponeños dun servizo de anteción telefónica para atender aos teus provedores.
-
Liña de crédito
Podemos axudarte a mellorar o rendemento, a axilidade e a estabilidade que necesita a tesouraría da túa empresa. Coas liñas de crédito de ABANCA disporás dun aliado tan flexible coma sólido para financiar os pagamentos habituais do teu negocio. Terás liquidez, no momento que o necesites, e co importe que necesites.
-
Avais
Axudámoste a a garantizar o cumprimento das obrigas da túa empresa cos nosos avais bancarios: ante organistos públicos para a adxudicación de contratos ou subvencións, ante provedores, polo arrendamento, etc.
-
-
Quero financiamento nas mellores condicións
Consulta outras formas de que o teu negocio siga crecendo, para que os teus proxectos non teñan barreiras.
-
Préstamo PEME
Para unha necesidade puntual ou se estás a buscar unha solución estrutural que che permita sacar o máximo rendemento da túa tesourería. Temos unha rede de expertos moi preto de ti que te asesorarán co financiamento que necesitas, calquera que sexa o teu sector.
-
Financiamento de equipamento
Se estás pensando en cambiar, ampliar ou modernizar as instalacións, nós axudámoste. Podemos financiar os teus proxectos de investimento a través de distintos convenios oficiais, cuns xuros variables e ata en 12 anos, con posibilidade de carencia. Elixe a forma que máis se che axeite: préstamo ou leasing.
-
-
Quero o mellor seguro para a miña PEME
Un seguro que entende que é o máis importante e cales son as coberturas que necesitas.
-
Seguro de Negocios
Protexe a túa nave ou o teu local coas mellores coberturas. Escolle só o que a túa empresa necesita e asegura o seu futuro, porque sabemos que o teu negocio non é igual aos demais.
-