Aforra na túa factura
Coa enerxía solar, poderás aforrar na túa factura eléctrica.
Persoal experto
Solar 360 estará ao teu carón en todo o proceso con persoal experto en solar
Oferta personalizada
Recibirás un detalle completo da túa instalación.
Xestión de trámites
Acompañámoste de principio a fin.
Súmate á era do autoconsumo
- Goza do noso acordo de colaboración con Repsol a través de Solar360, unha solución con persoal especializado que te acompañará de principio a fin.
- E consegue aforrar na túa factura da luz xerando a túa propia enerxía mediante a instalación de paneis solares.
E, se queres, ¡financia os paneis solares!
En ABANCA sabemos que a instalación de paneis solares na túa casa é unha gran decisión, e queremos axudarche a que sexa máis accesible. Por iso, ofrecémosche opcións de financiamento flexibles que se adaptan ás túas necesidades:
- Financiámoste ata o total da instalación
- Poderás devolver o préstamo ata en 10 anos.
Como será o proceso de instalación solar? Contámoscho!
Calcula o teu aforro
Visita calquera oficina de ABANCA e poñerémoste en contacto cun Experto Solar de Solar360 que calculará o aforro que pode ter a túa vivenda e presentarache unha proposta totalmente personalizada e detallada con todos os beneficios para o teu fogar.
Sinatura e validación
Se che encaixa a oferta, enviaranche o teu contrato de instalación para poder concertar a visita técnica dun experto de Solar360.
Licenzas e instalación
Desde Solar360 continuarán con todos os trámites necesarios, e cando estea todo en regra, concertaredes o día para realizar a instalación.
Financiamento*
No caso de que a solicites, en ABANCA activamos o financiamento, e xa poderás comezar a producir enerxía e aforrar na túa factura!
Poñémoscho moi doado
Pide cita nunha das nosas oficinas e terás un acompañamento por parte de Solar360 durante todo o proceso. Para que non teñas que preocuparte por nada.
*Financiamento suxeito a estudo previo e aprobación de ABANCA.
Entidade Comercializadora, Solar360 de Repsol e Movistar, S.L., compañía española, con CIF B10793719 e domicilio social en Madrid (28046), Paseo de la Castellana, n.º 135, 4.º A.