Vantaxes dos seguros de impago de alugueiros
Defensa xurídica
Detector de inquilinos
Impago de recibo
Coberturas: como funcionan estes seguros
Os Seguros de Impago de Alugueiros (Protección de Alugueiro ATODORIESGO) de CASER teñen como obxectivo protexer ao arrendador do posible impago das rendas por parte do inquilino/arrendatario e outras consecuencias económicas que poidan producirse no ámbito do devandito alugueiro.
Estes seguros, desenvolvidos por unha compañía líder, CASER, cobren as principais necesidades que poden xurdir co impago do alugueiro e algunha máis:
- Seguridade no cobro do alugueiro: ten a certeza de que o arrendatario ten capacidade real de pago para facer fronte ao custo do seguro. E, se finalmente se produce un impago, a aseguradora indemnizarate.
-
Protección fronte a posibles actos vandálicos (cobertura opcional): este seguro faise cargo de posibles danos que se consideren anormais ou de carácter vandálico e que afecten ao continente da vivenda, así como roubo de mobiliario. Aínda que a protección non é completa, axudarache a facer fronte aos gastos que se ocasionen. Se ademais precisas un seguro que cubra o 100% do contido, consulta o noso Seguro de Fogar.
-
Asistencia legal: no caso de que o precises, terás asistencia legal na defensa e reclamación en contratos de arrendamento, defensa penal, reclamación de danos ou en contratos de reparación e mantemento ou defensa de dereitos relativos á vivenda, entre outros.
Seguro que xa o sabes, pero lembrámosche que contratar un seguro de Protección de Alugueiros non substitúe as necesidades dun seguro de fogar que protexa a túa vivenda fronte a calquera dano ou imprevisto.
En que consisten os seguros de impago de alugueiro?
O seguro de protección de alugueiros comercializado por ABANCA axudarache se te enfrontas á situación de que os teus inquilinos non poidan facer fronte ao pago do alugueiro.
Para o seguro de Vivendas:
- Este seguro cobre o impago de 6, 9 ou 12 meses.
- Cunha franquía de 0, 1, 2 ou 3 meses (a elección do cliente).
Para o seguro de Locais:
- Este seguro cobre ata un máximo de 6 meses de renda, ao ano.
- Cunha franquía de 2 meses.
- Cun período de carencia de 2 meses.
- Garantido ata un máximo de 5.000 € de renda mensual de alugueiro.
Que necesitas para contratalo
É necesario presentar os DNI do propietario, do inquilino e dos avalistas se os houbese.
- Para aluguer de vivendas: NIF/CIF, enderezo completo da última residencia, rango de idade.
- Para aluguer de locais: CIF.
¿É útil para a miña vivenda un seguro de impago de alugueiro?
Este seguro de Impago de Alugueiros está pensado para calquera propietario que teña vivendas arrendadas salvo que se trate de alugueiros de tempada ou subarrendamentos.
Tampouco serán válidos os inmobles que non cumpran as condicións mínimas de habitabilidade ou contratos de alugueiros rústicos.
Ademais, para contratar estes seguros, deberás ter en conta que o importe anual do alugueiro non pode ser superior ao 40% dos ingresos anuais do inquilino.
Se che interesa saber máis sobre este seguro, pide cita na túa oficina máis próxima e resolveremos todas as dúbidas que teñas antes da contratación.
Coberturas suxeitas aos límites recollidos nas condicións particulares e xerais da póliza. Pode consultar as condicións do seguro en calquera oficina de ABANCA.
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provisto de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Con seguro de responsabilidade civil profesional e capacidade financeira necesaria esixidas pola normativa de distribución de seguros vixente.
Aseguradora: CAIXA DE SEGUROS REUNIDOS, COMPAÑÍA DE SEGUROS E REASEGUROS, S.A. CASER, con número de inscrición no Rexistro administrativo de entidades aseguradoras e reaseguradoras da DGSFP C0031.
Consulta as aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia.
¿Tes preguntas? Nós respostas
As coberturas que se explican nesta web correspóndense cunhas determinadas pólizas que están en vigor agora mesmo. Estas condicións poden non ser as mesmas que as da póliza que asinaras ti no seu día, ou cás da póliza que vaias asinar no futuro. En calquera caso, o documento polo que te debes guiar para establecer a cobertura de cada seguro é o contrato que asinases.
NO BLOG