Aínda que ten carácter voluntario, ABANCA adheriuse desde o primeiro momento ao
Código de Boas Prácticas, unha iniciativa posta en marcha pola Secretaría de Estado de Economía e Apoio á Empresa, regulada no
Real Decreto Lei 6/2012, coa que se establecen diversos mecanismos que permiten, por unha banda, a restruturación da débeda hipotecaria das persoas que teñen extraordinarias dificultades para facer os pagamentos e, por outra, a flexibilización da execución da garantía real (a vivenda).
Todos os nosos clientes que cumpran os requisitos fixados nesa norma poderán solicitar, desde o momento en que teñan dificultades para atender o pagamento da cota hipotecaria, a aplicación das medidas previstas no Código de Boas Prácticas (reestruturación da débeda hipotecaria, quita e dación en pagamento). Pódeste informar con detalle no anexo da norma, na web do Ministerio de Economía ou no noso
taboleiro de anuncios, onde agrupamos información de interese sobre tarifas, transparencia bancaria e outras garantías que protexen as persoas que confían en ABANCA.
Ademais do Código de Boas Prácticas, ABANCA ten
máis medidas de axuda aos debedores hipotecarios.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. https://www.abanca.com/gl/axuda/sobre-abanca/codigo-de-boas-practicas#306