Vantaxes deste seguro de Accidentes
Contrátao na túa banca móbil
Poderás contratar este seguro e despois apagar e acender as coberturas desde a túa app de banca móvil, en calquera parte do mundo e só cando o necesites.
Canto custa?
Poderás contratar este seguro por 0,95€ ao día. E como está dentro da Tarifa Plana Seguros pagarás todo o que consumas durante o mes… a final de mes. E só os días que o tiveras activado, por suposto!
Apágao cando non a necesites
Poderás programar a activación automática do seguro, acceder ao historial dos días que o tiveches aceso e seleccionar ou modificar aos teus beneficiarios para o caso de falecemento do tomador, e todo desde o teu móbil!
O prezo de 0,95 euros ao día está suxeito ás condicións de subscrición da entidade aseguradora.
Funcionalidade dispoñible a día de hoxe só para o seguro de vida por accidentes ON-OFF.
Consulta as condicións xerais da Tarifa Plana Seguros.
Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L., operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social na Avenida da Mariña 1, 4ª planta da Coruña, e provisto de CIF B-70049630, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, ao Tomo 3092, folio 73, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente.
Aseguradora: ABANCA VIDA E PENSIÓNS DE SEGUROS E REASEGUROS S.A. (SOCIEDADE UNIPERSONAL) CIF: A-15140387. Inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 607 do arquivo, libro 335, sección 3ª, folio 123, folla 3694, inscrición 1ª. Domicilio social: Avenida da Mariña 1, 3ª planta, 15001, A Coruña.
Consulta as aseguradoras coas que o mediador ten celebrado un contrato de axencia.
¿Tes preguntas? Nós respostas
Dúbidas
Si, o único requisito para contratar o seguro é que residas en España. As coberturas son tanto en territorio nacional como internacional, sempre que non se dea ningunha das excepcións marcadas no contrato.
No caso de que actives/desactives as coberturas do seguro fóra de España, activaranse/suspenderán as coberturas garantidas na póliza ás 00:00 horas segundo a franxa horaria empregada en españa (GMT/ UTC +1 hora Madrid).
Podes contratar este seguro se tes entre 18 anos e 65 anos.
Se xa tes o seguro contratado, as renovacións poderanse realizar ata os 70 anos. Hai determinadas profesións que non están cubertas, podes consultalas nas condicións xerais do contrato.
Ao tratarse dun seguro de pago por uso, a contía da prima establécese por períodos diarios, a razón de 0,95 euros ao día, debendo ser pagadas cada mes en función do número de días en que as coberturas do seguro estivesen activas (modo ON).
O método de facturación é a través da Tarifa Plana Seguros, cuxo período de facturación é do día 25 ao día 25 do mes seguinte. A cobranza efectuarase os días 5 de cada mes.

