Ir al contenido principal
Ir a menú accesibilidad
Abanca
Particulares Empresas Banca Persoal Atención ao cliente
GL
ES
EU
CA
Oficinas Faite cliente Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Para a túa empresa
  • Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Contas e aforro
  • Tarxetas
  • Créditos
  • Hipotecas
  • Seguros
  • Investimento e bolsa
  • Plans de pensións
  • Programa Servizos ABANCA
  • Todos os produtos
  • Banca persoal
  • Banca privada
  • Atención ao cliente
  • Preguntas frecuentes
  • Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
  • Español
  • En euskera
  • En català
Contas e aforro
Tarxetas
Créditos
Hipotecas
Seguros
Investimento e bolsa
Plans de pensións

Seguros adheribles á Tarifa Plana Seguros

A presente páxina web forma parte das condicións xerais da Tarifa Plana Seguros:

A. SEGUROS DE DURACIÓN DISTINTA Á ANUAL ADHERIBLES Á TARIFA PLANA SEGUROS PARA PERSOAS FÍSICAS

Consonte o previsto na condición xeral relativa aos requisitos dos seguros das condicións xerais da Tarifa Plana Seguros, poderanse domiciliar na conta:

1. Os seguintes seguros de primas únicas:

  • Seguro de vida ABANCA de prima única. Poderase domiciliar na conta da Tarifa Plana as modalidades de pagamento de prima única do seguro de vida ABANCA da compañía aseguradora ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A.U. (en diante, “ABANCA Vida y Pensiones”).
  • Seguros de vida e protección de pagamentos a prima única combinados con préstamos hipotecarios. Poderanse domiciliar na conta da Tarifa Plana as modalidades de pagamento a prima única do seguro de vida da compañía aseguradora ABANCA Vida y Pensiones e do seguro de protección de pagamentos da compañía aseguradora ABANCA Generales de Seguros y Reaseguros, S.A. (en diante, “ABANCA Seguros Generales”) combinados con préstamos hipotecarios da entidade financeira ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, “ABANCA”).

1.1. A devolución dos importes das primas únicas pagadas con cargo ao límite da tarxeta realizarase mediante o pagamento das cotas mensuais que correspondan en función da duración da prima única. Por exemplo, no caso de que a prima única sexa a 10 anos, a devolución farase en 120 cotas mensuais. As cotas mensuais serán iguais, salvo, chegado o caso, a última na que se aplicará o arredondamento.

1.2. Chegada a data de vencemento do seguro, o mesmo seguirá domiciliado na conta pasando a ser a forma de pagamento da prima, así como a súa duración, anual, de acordo co previsto no correspondente contrato de seguro e seralle de aplicación, a partir dese momento, o previsto no resto das condicións xerais da solicitude do contrato da Tarifa Plana da que o presente sitio web forma parte, coma se de calquera outro seguro de prima anual se tratase.

1.3. Se tras a cancelación do préstamo hipotecario combinado, o cliente solicita non manter o seguro, o seguro cancelarase producíndose o extorno de prima correspondente á conta da Tarifa Plana, o cal se destinará á atención da parte deste seguro que estea pendente de pagamento e, no caso de existir sobrante, aboarase na conta corrente asociada, consonte o previsto nas condicións xerais da Tarifa Plana.

2. Seguros e coberturas ON/OFF.

2.1. As coberturas ON/OFF dos seguros que se domicilien na conta xerarán unha prima adicional diaria ou mensual, en función dos días/meses nos que estas coberturas estiveran activadas (modo ON).

2.2 A devolución do importe da prima diaria/mensual dos seguros e/ou coberturas ON/OFF pagadas, con cargo ao límite da tarxeta, realizarase mediante o seu pagamento íntegro cando remate cada período mensual. A parte da cota correspondente aos seguros e/ou coberturas ON/OFF será cargada na conta asociada o día que se indica nas condicións particulares, ou o posterior hábil se aquel non o fose, contando a partir do mes seguinte a aquel no que se realizase o pagamento da/s prima/s.

B. ACHEGAS EXTRAORDINARIAS A PLANS DE PENSIÓNS ADHERIBLES Á TARIFA PLANA SEGUROS PARA PERSOAS FÍSICAS

1. Obxecto. O primeiro titular poderá solicitar o financiamento das achegas extraordinarias a plans de pensións que realice nos cales figure como partícipe. Os requisitos que se deben cumprir para poder solicitar este financiamento son os seguintes:

I. Que o partícipe do plan de pensións sexa o primeiro titular da conta.
II. Que a achega que se pretenda realizar ao plan de pensións teña o carácter de extraordinaria e cumpra os límites financeiro-fiscais sinalados pola normativa vixente en cada momento e, de ser o caso, nas especificacións propias de cada plan de pensións. Exclúese expresamente as achegas de carácter periódico.
III. Que a achega extraordinaria se realice aos plans de pensións individuais comercializados por ABANCA Corporación Bancaria, S.A.

A ENTIDADE conserva o dereito de modificar as modalidades de plans de pensións individuais, incluíndo ou excluíndo en cada momento algunha ou algúns das/os existentes.

2. Ampliación do límite da tarxeta e pagamento das achegas. No caso de que ABANCA aprobe a solicitude de financiamento, o límite do crédito da tarxeta verase incrementado nese importe. Este importe destinarase exclusivamente ao pagamento da achega, quedando indispoñible para novas achegas. Cando ABANCA aprobe a solicitude de anticipo e polo tanto a ampliación do límite da tarxeta, o desembolso da achega realizarase integramente e nun único pagamento, con cargo ao seu crédito.

3. Vencemento anticipado por traspaso do plan de pensións. Se unha vez realizada unha achega extraordinaria a un plan de pensións con cargo ao crédito da tarxeta, o primeiro titular decidise traspasar os seus dereitos consolidados a outro plan de pensións non comercializado por ABANCA, o primeiro titular estará obrigado a devolver o importe anticipado pendente de devolución. O cargo realizarase na próxima cota que se pase para o cobramento na conta asociada.

4. Devolucións e anulacións de achegas extraordinarias. Cando proceda a anulación ou devolución total ou parcial dunha achega extraordinaria nos casos previstos nas especificacións do plan de pensións correspondente, ABANCA procederá da forma que se indica a seguir:

I. Se a devolución ou anulación é total, anularase ese cargo e, no caso de que xa se atendese o pagamento dalgunha cota correspondente a esta achega extraordinaria, procederase igualmente á anulación.
II. Se a devolución ou anulación é parcial, devolverase o importe aplicando o mesmo á parte da achega extraordinaria que estea pendente de pagamento. De existir sobrante, aboarase na conta corrente asociada, consonte o previsto nas condicións xerais da Tarifa Plana.

C. BONIFICACIÓNS E SEGUROS ADHERIBLES Á TARIFA PLANA SEGUROS PARA PERSOAS FÍSICAS

I. Modalidades de seguros que se poden domiciliar na Tarifa Plana Seguros e compañías aseguradoras ás que terán que pertencer, segundo cada modalidade:

  • Seguros de vida: ABANCA Vida y Pensiones.
  • Seguros de fogar: CAJA DE SEGUROS REUNIDOS, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. e ABANCA Seguros Generales.
  • Seguros de saúde: ABANCA Seguros Generales, CAJA DE SEGUROS REUNIDOS, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A. (Integral e Prestixio) e SANITAS Sociedad Anónima de Seguros.
  • Seguros de decesos: ABANCA Seguros Generales, CAJA DE SEGUROS REUNIDOS, Compañía de Seguros y Reaseguros, e S.A., ALMUDENA COMPAÑÍA DE SEGUROS Y REASEGUROS, S.A.
  • Seguros de automóbil: ABANCA Seguros Generales, CAJA DE SEGUROS REUNIDOS, Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A; ALLIANZ Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A.; Liberty Seguros, compañía de Seguros y Reaseguros, S.A.; AXA Global Direct Seguros y Reaseguros S.A.; AXA Seguros Generales, S.A. de Seguros y Reaseguros; Pelayo Mutua de Seguros.
  • Seguros de protección de pagamentos: ABANCA Seguros Generales.
  • Seguros de accidentes: ABANCA Vida y Pensiones.
  • Seguro de negocios: ABANCA Seguros Generales.

II. Acceso ás bonificacións

En función do número de modalidades de seguros que se contraten e/ou as achegas extraordinarias a plans de pensións realizadas polo primeiro titular, segundo o previsto nas condicións xerais da Tarifa Plana Seguros, aplicarase a porcentaxe de bonificación que se indica a seguir: con 3 modalidades conseguirás un 3% de bonificación, con 4 modalidades un 5% e se agrupas 5 ou máis modalidades conseguirás un 7% de bonificación.

A porcentaxe que proceda aplicarase sobre o importe equivalente á cota mensual na data de aboamento, na parte da cota que corresponda ás primas dos seguros. A porcentaxe de bonificación non se aplicará sobre o importe da cota que corresponda á/s achega/s extraordinaria/s ao plan de pensións. A domiciliación de varios seguros correspondentes á mesma modalidade computará, para estes efectos, como unha única modalidade. Así mesmo, as achegas extraordinarias a un ou varios plans de pensións dos que o primeiro titular sexa partícipe computarán, para estes efectos, como unha única modalidade. Unha vez que o primeiro titular aboe todas as cotas correspondentes da Tarifa Plana nas que se incluíra a achega extraordinaria realizada, ABANCA (en diante, a "ENTIDADE") deixará de computar a mesma como modalidade para os efectos de bonificación.

O "Seguro de vida por accidentes On/Off", correspondente á entidade ABANCA Vida y Pensiones computará, para os efectos de bonificación, unicamente, naqueles períodos nos que as coberturas deste seguro permaneceran nalgún momento en modo acendido (ON), de acordo coas características establecidas nas súas condicións xerais e particulares.

Exclúense, expresamente, do acceso ás bonificacións os seguros que estean asociados a operacións de activo da ENTIDADE (préstamo persoal ou hipotecario) e os seguros de protección de pagamentos.

A ENTIDADE poderá modificar e actualizar o contido do presente sitio web en calquera momento e débeo consultar periodicamente.

En que podemos axudarche?

Sobre ABANCA

Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
Información corporativa Serás redirixido a outro sitio web
Presenza internacional
Banesco Internacional Serás redirixido a outro sitio web
Axentes Financeiros
Traballa en ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Contáctanos
Servizo de Atención ao Cliente
Seguridade

Aspectos legais

Política de privacidade
Somos accesibles
Política de cookies
Configuración de cookies
Aviso legal
Taboleiro de anuncios
Información MIFID
Outra información legal

Máis webs da rede ABANCA

Cuentas Claras: Blog de ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente empresas Serás redirixido a outro sitio web
Bróker online Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Servicios Financieros Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA USA Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Portugal Serás redirixido a outro sitio web
Escogecasa Serás redirixido a outro sitio web
Tusitiodecompras.es Serás redirixido a outro sitio web
Open Banking Serás redirixido a outro sitio web

Produtos

Contas e aforro
Tarxetas
Hipotecas
Créditos
Seguros
Plans de pensións
Particulares
Empresas e Autónomos
Banca Persoal
Banca Privada
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Logo da UNEP - Ligazón aos asinantes dos Principios de Banca Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Logo de PRI - Ligazón ao directorio de asinantes dos Principios para o Investimento Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
©2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Texto

Filtros de cor

Seleccionar cores