Pódese combinar o Bróker Online de ABANCA con outros produtos de inversión?
Pódese combinar o Bróker Online de ABANCA con outros produtos de inversión? Por suposto! O Bróker Online de ABANCA é a ferramenta da Banca Móbil para operar nalgúns produtos de inversión como accións, ETFs e fondos de inversión, así como consultar as posicións neses produtos, en plans de pensións ou no servizo de Carteras Xestionadas. Ademais, desde a banca móbil ou electrónica poderás consultar e operar tamén sobre as túas contas correntes. Así terás unha visión global de todo o teu patrimonio e poderás utilizar o dispoñible que teñas nas túas contas correntes para operar no bróker de forma inmediata.
A inmediatez de movementos aplícase exclusivamente ao efectivo dispoñible. Lembra que a venda ou reembolso de instrumentos financeiros (como accións ou fondos de inversión) e a liquidez dos plans de pensións están suxeitas aos prazos de liquidación e ás condicións normativas ou fiscais específicas de cada produto.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/podese-combinar-o-broker-online-de-abanca-con-outros-produtos-de-inversion/