Sobre esta web
Principios da web
Transparencia. ABANCA quere que a información na web sexa o máis clara e precisa posible. Usamos infografías e elementos visuais para que o entendas todo mellor, para que todas as contas queden claras. E declarámoslle a guerra ao asterisco. Así que se hai algo que aínda non se entende ben, por favor, pídenos que o corrixamos.
Comunicación. A función principal da web non é falar, senón escoitar. Incorporamos os novos modos de contarnos cousas, e oportunidades de feedback en moitos máis lugares. Para que nos digas como podemos mellorar cando aínda estamos a tempo de facelo.
En calquera pantalla. Marcámonos como reto que a web funcione perfectamente, a consultes onde a consultes: en móbiles, tablets, ordenadores… independentemente do tamaño da pantalla (o que se denomina deseño responsivo). Iso significa que se tes un navegador web moi antigo quizais non poidas ver todos os contidos. Pero axudarémoste a que nos acompañes ao futuro.
A túa opinión é a nosa obriga. Todos os comentarios que nos fagas sobre o funcionamento da web valoraraémolos e responderémolos.