ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Escogecasa
  • Para a túa empresa
  • Español
  • En euskera
CONTA XOVE CLARA: INDICADOR DE RISCO

1 / 6

Escala numérica, na que 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6, de maior risco

FONDO DE GARANTÍA

ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. Os depósitos están garantizados ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito

Conta Xove Clara

App, tarxeta de débito e moito máis… E se traes a túa nómina podes levar 300€ ata o 31 de decembro.

  • Contrátaa! https://solicitudonline.abanca.com/Contratacion/gl/cuenta_clara_ya_clientes/J
  • 981 980 503 tel:+34981980503
  • Chamámoste? #llamada-gratis
  • ico-bizum-numeros

    Paga co teu móbil

    Apple Pay, Bizum, Google Pay, Samsung Pay… E unha das mellores apps de online banking do sector.

  • ico-0comisiones-numeros

    Sen comisións

    Unha conta xove sen comisións (0% TXN, 0% TAE), con todo o que precisas para o teu día a día a un clic de distancia.

  • ico-sacar-dinero-numeros

    Ata os 35 anos

    Podes beneficiarte da túa tarxeta de débito Tú NX ata os 35! E sacar diñeiro en miles de caixeiros, tamen no extranxeiro. Contámoscho!

  • ico-300-numeros

    E se tes nómina

    Se tes nómina e a traes a ABANCA dámosche 300 euros!! (non é necesario que a teñas para abrir a túa Conta Clara) Interesante, verdade? Mira as condicións.

Conta bancaria xoven, todo o que precisas do banco para o teu día a día

  • Un pack con todo o que necesitas: unha conta sen comisións 0% TAE, GRATIS; unha tarxeta de débito GRATIS; app e online banking GRATIS; servizo de avisos GRATIS e unha Tarifa Plana Seguros GRATIS, por se un día contratas un seguro con ABANCA, que poidas pagalo mes a mes sen xuros 0% TAE. GRATIS!
  • Unha tarxeta de débito Tú NX de balde, sen comisión de emisión nin mantemento, ata que cumpras os 35 anos. (Xa os cumpriches?) Poderás sacar diñeiro de balde en calquera caixeiro de ABANCA as veces que queiras. Fora de Galicia, poderás facelo outras cinco veces ao mes en calquera caixeiro da rede Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja de Ingenieros. E ademais, terás ata 5 retiradas ao mes no extranxeiro a débito sen comisións!
  • A nosa app é unha das mellores do mercado: paga os recibos facéndolles unha foto, activa ou desactiva as túas tarxetas, realiza transferencias e traspasos en euros GRATIS, descubre en que gastas os teus aforros ou saca diñeiro dun caixeiro só co teu móbil. E mooooito máis!
  • E, por suposto, as apps que necesitas para pagar desde o teu móbil ou desde o teu smartwatch en calquera comercio: Apple Pay, Google Pay, Samsung Pay…
  • Dous titulares: podes abrir a túa Conta Clara online sen comisións (0% TXN, 0% TAE) con dous titulares. Lembra que para facer o proceso online, todos os titulares deben de ter máis de 18 anos. Se non é así, podes visitar unha das nosas oficinas.
promo-nomina-300

¡Domicilia a túa nómina e leva 300 €!

Se domicilias a túa nómina en ABANCA, poderás levar 300 euros ata o 31 de decembro. Para recibilos solicítao durante a contratación da túa conta e lembra asinar o compromiso de permanencia. Interesante, verdade?

  • Consulta as bases da promoción

Razóns para cambiares de banco

  • 4-ico-applepay

    Apple Pay

    Emprega o teu iPhone ou Apple Watch para pagar en tendas

  • 5-ico-googlepay

    Google Pay

    Paga as túas compras cos teus dispositivos Android

  • 6-ico-abancapay

    Bizum

    Transferencias instantáneas con Bizum de móbil a móbil

  • 2-ico-redondeo

    Redondeo

    Aforra o solto das túas compras con tarxeta

  • 3-ico-informegastos

    Informe de gastos

    Controla os pagos con tarxetas do teu día a día no informe de gastos da túa app

  • 7-ico-abancacash

    ABANCA Cash

    Retira cartos do caixeiro co teu móbil

  • 1-ico-apps

    Apps

    App de banca móbil e banca online tamén de balde

  • 8-ico-descuentos

    Descontos

    En gasolina, hoteis, viaxes…

  • 9-ico-cajeros

    Milleiros de caixeiros

    Saca diñeiro gratis nunha gran rede de caixeros, con tarxeta o co teu móbil!

  • Contrátaa

Saca diñeiro no estranxeiro ata 5 veces ao mes

Terás unha tarxeta de débito Mastercard Tú NX, pola que non pagarás nada, non ten comisión de emisión e mantemento, se tes entre 16 e 34 anos, sacarás diñeiro de xeito gratuíto en todos os caixeiros de ABANCA. Ademais, poderás sacar efectivo de balde ata 5 veces ao mes en calquera caixeiro da rede Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja de Ingenieros, e 5 veces máis en calquera caixeiro do mundo sen que che cobremos comisión polo cambio de divisa (ollo: no estranxeiro algún banco podería cobrarche por usar o caixeiro; en España, se sacas cartos nalgunha rede diferente, cobraremos a comisión que a entidade propietaria do caixeiro nos cobre a nós polo servizo).

Tamén poderás sacar cartos de balde co móbil, as veces que queiras, en calquera dos máis de 12.000 caixeiros da rede Hal Cash que atoparás repartidos por todas as provincias españolas.

Lembra que só podes ter unha tarxeta Tú NX na entidade. No caso de que xa a teñas, darémosche unha Visa Débito.

Ademais, coa túa Conta Xove Clara darémosche unha tarxeta de crédito, a nosa Tarxeta Tú, totalmente de balde, sen comisión de emisión nin mantemento, ata que cumpras os 35 anos. Trátase dunha tarxeta que che permitirá pagar os teus gastos a fin de mes, aprazar o gasto que ti queiras a 3, 6, 9, 10 ou 12 meses ou pagar unha cuota fixa. Sen papeleos nin trámites, simplemente cun clic na túa app móbil de ABANCA. Se a probas e non a utilizas ou non a necesitas necesitas, podes dala de baixa.

Ten en conta que a concesión de calquera tarxeta de crédito de ABANCA está condicionada a unha análise de riscos. No caso de que non cumplises as condicións necesarias para obter a tarxeta Tú, poderías contratar a túa Conta Xove Clara igualmente, sen ningún problema.

cuenta-clara-extranjero

Estás de Erasmus ou vives fóra?

Se queres contratar unha Conta Xove Clara coa túa Tarxeta Tú NX a través desta web, ten en conta que non podemos enviala fóra de España. Elixe a túa residencia en España e recíbea no teu domicilio habitual.

  • Contrátaa!

App de banca móbil: porque hai cousas mellores que ires ao banco, verdade?

Coa túa Conta Xove Clara gozarás, de balde, da banca online de ABANCA, un dos servizos de banca a distancia mellor valorados. Poderás xestionar o diñeiro cando e onde queiras: consultar os movementos, facer transferencias, recibir alertas cando che ingresen a nómina, pagar recibos tirándolles fotografías coa cámara do móbil ou activar e desactivar as tarxetas, entre outras moitas opcións.

Co teu usuario de banca electrónica poderás ademais acceder a outros servizos dixitais de ABANCA, como ABANCA Cash, que che permite enviar ou retirar diñeiro dun caixeiro en efectivo, a débito, sen necesidade de tarxeta, so co teu móbil!, ou Bizum, para facer pagos de móbil a móbil, gratis, só co número de teléfono ou o correo do destinatario, a calquera usuario da rede Bizum, na que participamos os 30 principais bancos españois).

movil-coral-gal

Contrata a túa conta 100% online en cousa de minutos

A Conta Clara é unha conta online sen comisións (0% TXN, 0%TAE), ademais ten en conta que calquera saldo que presente a conta non se remunerará, se o saldo existente fose por exemplo 3000 € a remuneración por este importe serían 0 €.

Para poder contratar a Conta Clara, tes que ser maior de idade e contratála de xeito totalmente online. Podes facelo neste formulario, o proceso de alta levarache uns minutos! Necesitar ter a man o teu DNI ou NIE e seguir os pasos que che indicamos no proceso de contratación, se tes algunha duda podes chamar ao 981 980 503.

Ademais a Conta Clara permite ata dous titulares por conta, e cada cliente poderá contratar un máximo de dúas contas deste tipo!

Condicións e requisitos para gozar da Conta Xove Clara

Para poder contratar a Conta Xove Clara só tes que ser maior de idade e facilitarnos o teléfono móbil e o correo electrónico, sen máis. E para poder ter todas as vantaxes da conta o único que che pedimos é que esteas ao día cos teus pagos se tes calquera tipo de emprésatito ou crédito con ABANCA e, como doq ue falamos é dunha conta para clientes con perfil digital, que fagas todas as túas operacións habituais a través da banca a distancia.

Como se trata dunha conta para clientes con perfil dixital, para manter as vantaxes da conta o único que che pedimos é que realices as operacións habituais a través da banca a distancia. Seguro que non tes problema!

A Conta Xove Clara non está pensada para realizar operacións de oficina. Que consideramos como operativa de oficina? Pois realizar ingresos ou reintegros por importe inferior a 600 € (que podes facer en calquera dos nosos caixeiros) ou ir a unha oficina realizar transferencias e traspasos (que podes facer coa túa banca a distancia).

Se vemos que fas este tipo de operacións nas nosas oficinas dous meses seguidos (as revisións mensuais realízanse contando desde a data de contratación da túa conta), a túa Conta Xove Clara cancelaríase e a conta á vista pasaría a ter as condicións dunha conta corrente normal, que si que ten comisións de administración e mantemento e non incorpora o resto das vantaxes destas contas para as tarxetas e transferencias, que pasarán a ter comisións.

Para que non teñas que estar preocupado e evitar que isto ocorra, enviarémosche avisos previos no caso de que vexamos que non estás cumprindo, e así poderás seguir gozando de todas as vantaxes da túa Conta Xove Clara. Ah! Tamén será necesario estar ao corrente de pagamento en todos os teus produtos ABANCA. Consulta a FIPRE e o contacto, onde tamén cho explicamos.

E despois dos 35? Non te preocupes, é moi sinxelo manter as mellores condicións para a túa conta! Poderás seguir gozando de moitas vantaxes se cumpres uns requisitos como facer as operacións a través da banca a distancia ou seguir empregando a tarxeta. Aínda que xa non será a tarxeta Tú NX, terás outras opcións.

E moitas cousas máis! Os teus seguros, mes a mes

Dentro do pack de productos e servizos incluidos na Conta Clara contratarás á nosa Tarifa Plana Seguros, que che permitirá pagar en 12 mensualidades idénticas, sen intereses nin comisións (TXN 0%, 0% TAE), os teus seguros de vida, fogar, saúde, decesos, auto, protección de pagamentos e accidentes comercializados por ABANCA.

Poñémosche un exemplo representativo para o pago dos seguros domiciliados na túa tarifa plana seguros sen ter en conta a bonificación. Supón que o importe anual das primas de todos os seguros domiciliados na conta é de 420€, o importe que terías que pagar en cada unha das doce cotas mensuais sería de 35€. Por tanto, o importe total debido serían 420€. Sen comisións, TXN 0% TAE 0%.

Ademais, poderás conseguir até un 7% de bonificación ao incluír na túa Tarifa Plana Seguros o maior número de ramos (das diferentes familias: vida, auto, saúde, fogar, decesos, protección de pagamentos e accidentes). Empeza a aforrar! Con 3 ramos conseguirás un 3% de bonificación, con 4 ramos un 5%, e se agrupas 5 ramos conseguirás un 7% de bonificación.

Ten en conta que a concesión deste produto está suxeita á análise de riscos da entidade. Infórmate de todos os detalles!

No caso da Tarifa Plana Seguros, a bonificación é para seguros exclusivamente comercializados por ABANCA pertencentes aos seguintes ramos: vida risco, fogar, saúde, decesos, protección de pagamentos e auto. Bonificación en función do número de modalidades de seguros contratados. Non serán obxecto de bonificación os seguros combinados a operacións de activo formalizados con ABANCA. Mediador: ABANCA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO S.L. operador de banca-seguros vinculado, con domicilio social en Avenida da Mariña nº 1, 4ª planta, A Coruña, inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, tomo 3321, folio 64, folla C-38698 e no Rexistro Administrativo Especial de Mediadores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións co nº OV-0044 e provisto de C.I.F: B-70049630. Con Seguro de Responsabilidade Civil, Capacidade Financeira esixidos pola normativa de distribución de seguros vixente. Consulta condicións e tarifas nas oficinas de ABANCA. Consulta as entidades aseguradoras dispoñibles.

Conta Xove Clara: transparencia e garantías

Conforme o que establece a Orde ECC/2316/2015, desde febreiro de 2016 determinadas entidades que ofrecen servizos de investimento ou comercializan algún dos produtos financeiros afectados por esa Orde deben amosar un indicador de risco como o do cadro que encabeza esta ficha, que ten por obxecto “garantir un axeitado nivel de protección ao cliente ou potencial cliente de produtos financeiros mediante o establecemento dun sistema normalizado de información e clasificación que lle advirte sobre o seu nivel de risco e lle permite elixir os que mellor se axeiten ás súas necesidades e preferencias de aforro e investimento”. Trátase dunha escala numérica, do 1 ao 6, onde 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6, de maior risco.

Para saber máis...

dúbidas

  • ​​​​​​​E que pasa coa miña Conta Clara despois dos 35, ou se o segundo titular xa ten 35 anos?

    Non te preocupes! A túa conta seguirá mantendo as mellores condicións! Cando cumpras os 35 (ou para aqueles titulares que xa os teñan) só apreciará cambios nas tarxetas. Xa non terás a tarxeta Tú NX senón unha Visa Débito que seguirá sendo de balde!

  • Máis preguntas e respostas reais sobre a Conta Clara

DOCUMENTACIÓN

  • Amosámosche a información da Conta Clara no seguinte PDF que contén a Ficha de Información Precontractual (FIPRE) e o Documento Informativo de Comisións. (En pdf)
  • Queres saber máis da tarxeta Tú? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE) (En pdf)
  • Lista de servizos máis representativos asociados a esta conta (En pdf)
  • Consulta o modelo de contrato da Conta Clara (En pdf)
  • Consulta toda a información xeral previa de servizos de pago. (En pdf)
  • Se queres solicitar un traslado de contas a ABANCA, contámosche como facelo

NO BLOG

  • Se estudas fora de casa ou o vas a facer, estos trucos son para ti
  • Descubre como aforrar cartos sen enterarte
  • Dez consellos sobre finanzas personais para solteros
  • Canto se tarda en abrir unha conta?
  • Contrátaa!

Introduce o teu número e chamarémoste de contado.
O noso horario de atención é de luns a venres, de 8 da mañá a 10 do serán.

  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Traballa con nós
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.