Financiamento e seguros para o campo
Somos agro Somos ABANCA
En ABANCA apoiamos desde sempre o traballo e esforzo do sector agropecuario, forestal e vitivinícola. ABANCA Agro é a unidade especializada en servizos financeiros para a cadea de valor do mundo Agro.

Financiamento para o día a día
Dámosche o financiamento específico que necesitas para o día a día da túa explotación.

Liña de Financiamento Agro

Anticipo das axudas PAC

Subvencións
Tamén con todo o relacionado cos Fondos Next Generation.

Póliza de crédito

Liñas de desconto
Financiamento para investimentos
Se estás pensando en investir para mellorar a túa explotación, podemos axudarche a medrar sen preocupacións. Co financiamento de investimentos de ABANCA Agro mirarás cara ao futuro con seguridade.
Financiamento de equipamento
Escolle entre préstamos cun xuro fixo ata un prazo máximo de 8 anos ou cun xuro variable e ata en 12 anos, con posibilidade de carencia. Préstamo ou leasing, incluído o leasing para gando. Ademais, ás inversións que contribúan a mellorar a sustentabilidade ou a eficiencia enerxética aplicaránselles tarifas bonificadas. Tamén dispoñemos de financiamento de comunidades de regantes, amoblamento de leiras de regantes e cultivos de ciclo longo con prazos e condicións adaptadas a estes cultivos.

Convenios para axudarche co financiamento
Convenio con SAECA ou SGRs: garantías adicionais para facilitar o financiamento de liquidez e investimentos. As persoas físicas poderán solicitar ata 250.000€ e as persoas xurídicas, ata 400.000€. Prazo máximo: 15 anos.
Se a túa explotación está en Galicia, Castela e León, Estremadura ou Aragón, infórmate das vantaxes do Instrumento Financeiro de Xestión Centralizada (IFGC). Poderás solicitar financiamento ata 20 anos con carencia e a garantía do 80% do MAPA:
- Investimentos en explotacións agrarias, Industria Forestal con resolución favorable a préstamo garantido*.
- Financiamento de investimentos (incluída a compra de terras) e financiamento de circulante*.
- Incorporación de mozos e mulleres*.
(*) Liñas incluídas dependendo de cada CCAA.

Financiamento especializado
Dispoñemos dunha ampla liña de servizos que garanten os teus pagos a provedores, financiamento de comercio exterior ou liñas multifinanciamento.

Confirming
- Organizar e xestionar os pagos aos teus provedores
- Diminuír os teus custos administrativos

Factoring
- Aforrar gastos administrativos
- Mellorar a túa contabilidade
- Organizar máis eficientemente a túa estrutura financeira

Multifinanciación
- É unha forma moito máis flexible e rápida de dispoñer de liquidez,
- Todos os produtos de circulante nun único contrato.

Comex
- Internacionalización das empresas
- Financiar as operacións de importación e exportación do teu negocio.
Seguros
Temos un gran número de seguros especializados no sector para que, sexa cal sexa a túa preocupación, non teñas que volver pensar nela nunca máis.
Agroseguro
Liña de financiamento específica para seguros agrarios que permite fraccionar o pago da prima ata en doce mensualidades. Os nosos seguros inclúen:
- Retirada de animais mortos.
- Seguros pecuarios.
- Seguro forestal.
- Seguros agrícolas.

Seguro de maquinaria
- Cobre a póliza obrigatoria de circulación
- Contratación de coberturas adicionais como responsabilidade civil de traballos en bens propios ou alleos.
